Illas Malveiras
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coas illas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coas praias de Galicia que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
As Illas Malveiras son un sub-arquipélago galego na provincia de Pontevedra que forman parte do arquipélago de Cortegada, e con ela integradas no Parque nacional das Illas Atlánticas. Sitúanse a poñente da Illa de Cortegada e están formadas por dúas pequenas illas (Malveira Grande e Malveira Pequena) e un illote (Illa das Cabras); no seu conxunto suman 5'5 hectáreas de superficie. A meirande está arrodeada de area en toda a súa parte sur e é rochosa na súa parte norte; contén vexetación (especialmente toxos (Ulex europaeus), fentos, figueiras bravas e loureiros) e posúe un par de piñeiros na súa cima. Está coroada por unha vella cruz de pedra e tamén pode verse os restos dunha caseta de ladrillo. A Malveira Pequena é máis baixa e pedregosa ca a anterior, e nela só medra o toxo. Forma parte do Parque nacional das Illas Atlánticas.