Escudo de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Armas de Galicia
Detalle dun mapa cartográfico feito por Ioannes Baptista Vrints, sec. XVI.

Dentro do escudo de Galicia, é o cáliz a figura heráldica que hai máis tempo vén representando a Galicia. O cáliz aparece documentado por vez primeira como armas dos reis de Galyce no Armorial Segar de Inglaterra do ano c.1282.

As armas do Reino de Galicia foron evolucionando continuamente a través dos séculos; do orixinario cáliz pechado nun relicario (armoriais Bergshammar, Suecia, 1436, e Gymnich, Flandres, 1445) pasouse á súa representación en forma aberta; o orixinal campo azul da bandeira diversificouse tamén en vermello e branco; e o orixinal cáliz en campo liso sen ningún engadido pasou a conter enfeites diversos como anxos e un número variable de cruces, entre unha, seis ou sete, ou en campo sementado.

A estandarización gráfica moderna das Armas ou Escudo de Galicia foi establecida no ano 1972 pola Real Academia Galega.[Cómpre referencia]

Cómpre pór de relevo que o actual cáliz do escudo é unha representación do cáliz do Cebreiro.[Cómpre referencia]

[editar] Heráldica

O escudo de Galicia trae, en campo de azur, un cáliz de ouro sumado dunha hostia de prata, e acompañado de sete cruces recortadas do mesmo metal, tres a cada lado e unha no centro do xefe. O timbre, coroa real, forrada de vermello, pechada, que é un círculo de ouro, engastado de pedras preciosas, composto de oito floróns de follas de acanto, visibles cinco, interpoladas de perlas e de cada unha das súas follas saen cinco diademas sumadas de perlas que converxen nun mundo azur, co semimeridiano e o ecuador de ouro, sumado de cruz de ouro.

[editar] Galería de imaxes do escudo de Galicia

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas