Christian Anfinsen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Christian B. Anfinsen»)
Christian Boehmer Anfinsen
Christian Anfinsen
Datos persoais
Nacemento26 de marzo de 1916
LugarPensilvania Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento14 de maio de 1995 (79 anos)
LugarRandallstown, Maryland Maryland Estados Unidos de América Estados Unidos
Causainfarto agudo de miocardio
ResidenciaEstados Unidos de América Estados Unidos
Nacionalidadeestadounidense
Actividade
CampoBioquímica
Alma máter
Contribucións e premios
Coñecido por
PremiosPremio Nobel de Química (1972)
editar datos en Wikidata ]

Christian Boehmer Anfinsen nado o 26 de marzo de 1916 en Monessen, Pensilvania, e finado o 14 de maio de 1995 en Randallstown, Maryland foi un químico norteamericano. En 1972 gañou o Premio Nobel de Química polos seus traballos sobre a ribonuclease, especialmente aos relativos á conexión entre a secuencia de aminoácido e a conformación bioloxicamente activa.

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia de orixe noruegués. Estudou química no Swarthmore College, onde se graduó en 1937, para posteriormente realizar un máster en química orgánica na Universidade de Pensilvania en 1939, e finalmente o doutoramento en bioquímica na Universidade Harvard en 1943.

Anfinsen quedou en Harvard como profesor asistente ata 1950, ano no que entrou a traballar no National Institute of Health, entidade dependente do Goberno Estatal estadounidense, e onde permaneceu ata 1981. Entre 1982 e 1995 foi profesor de bioloxía na Universidade Johns Hopkins.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

En 1961 demostrou que a ribonuclease podía pregarse despois da desnaturalización mentres preservaba a actividade enzimática, suxerindo que toda a información requirida pola proteína para adoptar a súa conformación final ten o código na súa estrutura primaria.

En 1972 foille concedida a metade do Premio Nobel de Química polos seus traballos sobre a ribonucleasa, mentres que a outra metade do premio recaeu nos traballos de Stanford Moore e William Hovard Stein sobre o coñecemento dos principios da estrutura química e a actividade catalítica das encimas.

En 1979 Anfinsen converteuse ao xudaísmo ortodoxo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Gerhard Herzberg
Premio Nobel de Química

1972
con
Stanford Moore
e William Howard Stein
Sucesor:
Ernst Otto Fischer
e Geoffrey Wilkinson