Wilhelm Röntgen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Wilhelm Conrad Roentgen»)
Infotaula de personaWilhelm Conrad Röntgen

Retrato de Wilhelm Röntgen.
Nome orixinal(de) Wilhelm Conrad Röntgen Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de marzo de 1845
Lennep (Confederación Xermánica) Editar o valor em Wikidata
Morte10 de febreiro de 1923
Múnic
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro colorrectal Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaAlter Friedhof Gießen, Friedhofskapelle (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Catedrático
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaApeldoorn (1848–)
Múnic
Würzburg
Zürich
Utrecht (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadealemán
Educación
Director de teseAugust Kundt (pt) Traducir e Gustav Zeuner (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Coñecido porRaios X
Actividade
Campo de traballoFísica
Lugar de traballo Würzburg
Múnic Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfísico , enxeñeiro , catedrático , investigador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1870 Editar o valor em Wikidata - 1920 Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Múnic (1900–1920)
Universidade de Würzburg (1888–)
Universidade de Giessen (pt) Traducir (1879–)
Universidade de Hohenheim (pt) Traducir (1875–)
University of Strasbourg (en) Traducir
Universidade de Zúric Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresAugust Kundt (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosPeter Pringsheim (pt) Traducir e Abram Ioffe (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Doutorando
Arquivos en
Familia
CónxuxeAnna Bertha Ludwig
Premios
Premio Nobel de Física (1901)
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 10dad3ad-124f-4699-9d0e-a1120fa0bf7a Discogs: 1537190 WikiTree: Röntgen-18 Find a Grave: 6266 Editar o valor em Wikidata

Wilhelm Conrad Röntgen, nado en Remscheid o 27 de marzo de 1845 e finado en Múnic o 10 de febreiro de 1923, foi un físico alemán, coñecido por ser o inventor dos raios X

Formación[editar | editar a fonte]

Röntgen naceu en Lennep, un burgo da viliña renana de Remscheid, fillo dun tecelán. A súa familia mudouse aos Países Baixos cando el tiña tres anos. Recibiu o ensino primario no Instituto de Martinus Herman van Doorn. Logo asistiu á Escola Técnica de Utrecht, onde foi expulsado por realizar unha caricatura dun dos seus profesores, acto que negou cometer.

En 1865, accedeu á Universidade de Utrecht e logo foi admitido na Politécnica de Zúrich para estudar enxeñaría mecánica sen ter aínda o título de ingreso de bacharel. En 1869, obtivo o doutoramento pola Universidade de Zúrich.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Imaxe de raios X da man de Albert von Kölliker.

O primeiro traballo publicado por Röntgen, en 1870 trataba sobre a calor específica dos gases, tema en fervente debate neses anos. Tempo despois publicou artigos que trataron sobre a condutividade térmica dos cristais, a influencia da presión sobre os índices de refracción dos fluídos, a expansión das pingas de aceite en auga, as variacións da temperatura e a compresibilidade da auga, os planos de polarización da luz baixo ondas electromagnéticas etc.

Paralelamente, a partir de 1874 móvese para a Universidade de Estrasburgo e en 1875 chegou a ser profesor da Academia de Agricultura de Hohenheim en Würtemberg. En 1876, volveu a Estrasburgo como profesor de Física e en 1879, chegou a ser o xefe do departamento de física da Universidade de Giessen. En 1888, transformouse no físico xefe da Universidade de Würzburg, logo na de Leipzig, despois no Physikalisch-Technische Reichsanstalt de Berlín e en 1900 finalmente no físico xefe da Universidade de Múnic, por petición especial do goberno de Baviera onde permaneceu o resto da súa carreira.

Pero o feito co que é coñecido Röntgen sucedeulle de xeito circunstancial o 8 de novembro de 1895. Observou que cando facía pasar unha corrente eléctrica por un tubo cun gas a moi baixa presión, aparecía brillo nunha pantalla, e este desaparecía cando a corrente se cortaba. Röntgen asociou este fenómeno a unha radiación descoñecida, a que chamou por ese mesmo motivo raios X. Unha das primeiras probas que fixo Röntgen cos raios X foi obter unha imaxe da man da súa dona, pensada como un agasallo para o seu aniversario, mais cando viu o resultado acabou por non facerllo.

O 5 de xaneiro de 1896, un xornal austríaco informaba que Röntgen descubrira un novo tipo de radiación. Os raios X supuxeron un estoupido nas aplicacións para a diagnose médica, e co tempo converteuse nun dos principais avances da medicina no século XX. Ó ano do primeiro informe de Röntgen escribíranse 49 libros e máis de 1.200 artigos en revistas científicas sobre o tema. É un dos puntos culminantes da medicina de finais do século XIX, sobre o que se baseáron numerosas diagnoses de entidades nosolóxicas ata ese momento difíciles de diagnosticar.

Seis anos despois, en 1901 recibiría o Premio Nobel de Física por este traballo. O premio concedeuse "en recoñecemento dos extraordinarios servizos que brindou para o descubrimento dos notables raios que levan o seu nome." Röntgen doou a recompensa monetaria á súa universidade. Da mesma forma que Pierre Curie faría varios anos máis tarde, rexeitou rexistrar calquera patente relacionada ao seu descubrmiento por razóns éticas. Tampouco quixo que os raios levasen o seu nome. Con todo en Alemaña o procedemento da radiografía chámase "röntgen" debido a que os verbos alemáns teñen a desinencia "-en". Röntgen foi premiado co grao honorario de Doutor en Medicina pola Universidade de Würzburgo.

Tamén na súa honra recibe ese nome a unidade de medida da exposición á radiación, establecida en 1928: ver Roentgen (unidade).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
'1º premiado'
Premio Nobel de Física

1901
Sucesor:
Hendrik Lorentz,
Pieter Zeeman