Radiación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En física, a radiación é un modo de propagación da enerxía a través do espazo, de forma análoga á luz.

A radiación, propiamente dita, refírese á transportada por ondas electromagnéticas, chamada, en consecuencia, radiación electromagnética. Así a todo, emprégase esta expresión tamén para referirse ó movemento de partículas a gran velocidade no medio, con aprezable transporte de enerxía, que recibe o nome de radiación corpuscular.

Se o transporte de enerxía é suficientemente elevado como para provocar ionización no medio circundante, fálase de radiación ionizante[1]. Aínda que non é totalmente correcto, é habitual empregar a palabra radiación, por extrapolación, para referirse ás radiacións ionizantes.

Terminoloxía[editar | editar a fonte]

A palabra radiación está formada con raíces latinas e significa "acción e efecto dos raios". Os seus compoñentes léxicos son: radio (raio de luz), co sufixo -ción (acción e efecto). Outras palabras coa mesma raíz son radio, raio ou irradiar.

Tipos de radiacións[editar | editar a fonte]

Termo anatómico[editar | editar a fonte]


En Anatomía, úsase o termo radiación para referírmonos a unha estrutura que diverxe dende un centro común:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "bUSCatermos; radiación ionizante". aplicacions.usc.es. Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2022. Consultado o 2022-05-19. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]