Saltar ao contido

Papuxa común

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papuxa común
 Nome taxon
    Curruca communis John Latham 1787 Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
    C. communis (mul)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Combinación orixinal
Características
 Ciclo diurno
 Sinonimia
Sylvia communis Latham, 1787
Sylvia cinerea Bechstein 1803[1]
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdePasseriformes
FamiliaSylviidae
XéneroCurruca
EspecieCurruca communis Editar o valor en Wikidata
(Latham, 1787) Curruca communis Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Masa
 Envergadura
   20 cm Editar o valor en Wikidata
 Tamaño da niñada
   4,5 Editar o valor en Wikidata
 Período de incubación
   12 d Editar o valor en Wikidata
Localización
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/01ykfc Editar o valor en Wikidata
UICN22716910 Editar o valor en Wikidata
EOL60783401 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
A general synopsis of birds (en) Traducir
 Páxina(s): 287 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons
Cuculus canorus canorus + Sylvia communis

A papuxa común (Curruca communis, antes Sylvia communis) é unha especie de ave paseriforme do xénero sylvia dentro da familia Sylviidae.

Descrición

[editar | editar a fonte]

.........
meu rumoroso val dos pitorreises
das calandrias, das pegas, das papuxas,
polo serán enriba
nun solpor de lonxanos horizontes.

A papuxa común presenta unha lonxitude de 14 cm, envergadura de 22 cm, e iris marrón claro de 3'5 mm Ø. A plumaxe pasa desapercibida, o macho posúe a cabeza nun ton gris cincento até debaixo do ollo, coas partes superiores en pardo avermellado, con algunhas plumas das ás en cor marrón claro, a gorxa é branca, as restantes partes inferiores agrisadas e o peito esbrancuxado, lixeiramente irisado dun ton marrón claro. Nesta especie a femia é moi semellante, só que ten a cabeza pardenta e o peito algo máis avermellado.

Desenvólvese en terreos abertos con matos baixos, é dicir, en espazos abertos cubertos de matogueira, xa que se move polas vides, sebes de matogueira, silveiras, buxos, enebros, sabinas e queirugas entre outros, onde pode agocharse mentres segue o curso da súa vida. Localizado en lindeiros con matogueiras, en campos de cultivo, pradarías e bosquetes. Evita vivir preto de espazos habitados, e normalmente recean da actividade urbana, aínda que en ocasións pode observarse nas proximidades de pobos.

Son aves principalmente insectívoras, baseando a súa dieta en chinches, eirugas, bolboretas, formigas, abellas, mosquitos e moscas, entre outros, que caza sen descanso. Porén tamén pode inxerir, sobre todo no verán, cereais, e os froitos das matogueiras onde se agochan.

Distribución

[editar | editar a fonte]
  • Mundial:
A papuxa común posúe unha área de cría ampla pois atopándose en case toda Europa, agás o norte e as montañas escandinavas. Distribúese tamén por Asia occidental até o río Enisei, con algúns núcleos en Berbería, Israel, montañas de Irán e Turquestán. Invernante en África tropical, onde se localiza ao longo do mes de setembro e primeira quincena de outubro.
  • España:
Paxaro estival en toda España. Nidificante presente en todas as Comunidades Autónomas peninsulares, cunha maior e máis continua distribución no terzo norte peninsular.
  1. Mayr, Ernst; Cottrell, G. William, eds. (1986). Check-List of Birds of the World 11. Cambridge, Massachusetts: Museum of Comparative Zoology. pp. 273–274.
  2. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (1980). Guía das aves de Galicia. Ficha do carrizo. Ilustrado por Calros Silvar. Vigo: Editorial Galaxia. p. 47. ISBN 84-7154-379-6.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]