Xeneta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Algaria
Xeneta no zoo de Wroclaw
Xeneta no zoo de Wroclaw
Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Placentalia
Orde: Carnivora
Suborde: Feliformia
Familia: Viverridae
Subfamilia: Viverrinae
Xénero: Genetta
Especie: G. genetta
Nome binomial
Genetta genetta
(Carl von Linné, 1758)
Distribución da Genetta genetta en Galiza

Distribución da Genetta genetta en Galiza
Distribución no mundo(verde - nativa,vermello - introducida existente,negro - introducida extinta)

Distribución no mundo
(verde - nativa,
vermello - introducida existente,
negro - introducida extinta)

A xeneta ou algaria (Genetta genetta) é unha das dúas especies de vivérridos que se poden atopar actualmente en Europa xunto co meloncillo.

Características[editar | editar a fonte]

A xeneta está presente en España (incluídas as Illas Baleares), Portugal e Francia e semella estar en expansión cara ao norte e o leste do continente. Tamén se atopa en Oriente Medio e todo o continente africano, coa excepción das zonas desérticas. Crese que a súa presenza en Europa é recente e que foi introducida polo home de xeito talvez involuntario, como mascota que se asilvestrou ou coma simple polisón nalgún dos barcos que sempre cruzaron o Estreito de Xibraltar. Algúns autores apuntaron a que a palabra xeneta podería proceder da palabra de orixe árabe (zenete), pois os musulmáns que guerreaban a cabalo durante a Reconquista adornaban a súa cadeira coas peles deste animal, e que por iso chegaría coa conquista árabe de España no século VIII. Con todo, esta teoría goza de pouco prestixio na actualidade e crese que a súa introdución sería máis temperá. Tense constancia de que os romanos tiñan xenetas como mascotas nas súas domus, antes de que os gatos domésticos fosen importados desde Exipto, e que en tempos de Augusto introduciuse nas Baleares un misterioso animal baixo o nome de ictis para que acabase coa praga de coellos cimarrones que entón infestaban as illas. Dado que o gato non era coñecido por este nome e nas Baleares non existen indicios do meloncillo ou outras mangostas, tal animal só puido ser a xeneta ou, algunha especie de marta.

Polo seu aspecto externo, a xeneta aseméllase a un gato alongado de pelo amarelado a grisáceo salpicado de pintas negras no corpo e raias na cola, que ten o pelo máis longo. O corpo pode chegar aos 55-60 centímetros, lonxitude que iguala ou supera a cola. A altura na cruz é de 20 centímetros, e o peso oscila entre 1'2 e 2'5 quilos.

As xenetas son depredadores nocturnos que viven e cazan de forma solitaria, aínda que toleran a presenza doutros individuos da súa mesma especie nas proximidades. Ocasionalmente, as femias adoitan cooperar na caza coas súas crías subadultas ou algún macho. Aliméntanse de insectos, mamíferos pequenos, lagartos e aves; as veces inxeren tamén froitos, en especial figos. As femias paren 2 ou 3 crías por camada no oco dunha árbore, que maduran ao ano de idade. En liberdade viven ao redor de 10 anos, pero en catividade chegan aos 20. Non teñen auténticos depredadores, aínda que ás veces poden ser cazadas por algunhas aves de presa. No norte de África son domesticadas con certa regularidade nas zonas rurais, onde, do mesmo xeito que os gatos, libran as granxas de pequenos animais.

Viven tanto en bosques como en praderías, e ruben bastante ben. Adáptanse con facilidade a todo tipo de medios grazas á súa escasa especialización (de feito, resultan bastante parecidas aos miácidos, os primeiros carnívoros que apareceron no Eoceno e deron lugar a todos os grupos actuais). As poboacións europeas parecen estar desenvolvendo unha resistencia cada vez maior ao frío.

(Vexa a distribución da Algaria en Galicia abaixo)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Ficha técnica sobre a xeneta Información da especie, imaxes e consellos para detectar a súa presenza na natureza polas súas pegadas e rastros.