Trigueirón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Trigueirón
En París, Francia
En París, Francia
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Emberizidae
Xénero: Emberiza
Brehm, 1831
Especie: E. calandra
Nome binomial
'Emberiza calandra'
(Linnaeus, 1758)
Sinonimia

Miliaria calandra

O trigueirón (Emberiza calandra) é unha ave da familia das Emberizidae.

Morfoloxía e hábitos[editar | editar a fonte]

Lonxitude aproximada de 18 cm e un peso de 50 gramos (é o maior do seu xénero). Corpo compacto e pico forte, de cor parda por todo o corpo con pintas brancas. A especie presenta monomorfismo sexual.

Aliméntase de sementes, brotes tenros e insectos que busca no chan. Habitualmente canta dende lugares altos e prominentes. O seu hábitat predilecto son as zonas de cultivos e praderías con árbores e matogueiras dispersas.

Reprodución[editar | editar a fonte]

Emberiza calandra

As postas, que se realizan entre maio e xullo, consta de 4-5 ovos. O niño está no chan. O tempo de incubación é de 12-14 días e a permanencia no niño e de 9 a 12 días. Fai 1-2 postas ó ano.

Distribución[editar | editar a fonte]

Presente en Europa Occidental e do Sur de maneira habitual. Esporádico na Europa Central.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • "100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas". C. D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís, Atocha Ramos Martínez. Editado polo Concello de O Grove. Depósito Legal:C 2423-2009.
  • Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. (en castelán)
  • Gran Guía de la Naturaleza. AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest, s.a. (en castelán)
  1. BirdLife International (2012). "Miliaria calandra". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.