Lontra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Londra europea
Fischotter, Lutra Lutra.JPG
Estado de conservación
Risco baixo (NT)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Placentalia
Orde: Carnivora
Suborde: Caniformia
Familia: Mustelidae
Subfamilia: Lutrinae
Xénero: Lutra
Especie: ''L. lutra''
Nome binomial
''Lutra lutra''
(Linnaeus, 1758)
Distribución Lutra lutra

Distribución Lutra lutra
Distribución da especie

Distribución da especie

A lontra ou londra (Lutra lutra) é un animal mamífero pertencente á orde Carnivora e á familia dos mustélidos. Vive na Europa, Asia, parte sur de América do Norte e ao longo de toda América do Sur, incluíndo o Brasil e a Arxentina. O seu hábitat natural é no litoral ou próximo aos ríos onde busca alimentos coma peixes, crustáceos, réptiles e, menos frecuentemente, aves e pequenos mamíferos.

Xeralmente a lontra ten hábitos nocturnos, durmindo de día na marxe do río e espertando de noite para buscar alimento. Os grupos sociais están formados polas femias e as súas crías. Os machos non viven en grupos e só se xuntan ás femias na época de procreación. O período de xestación da lontra é de preto de 2 meses e ó remate nacen de 1 a 5 crías. As crías abandonan o tobo, ós dous meses de idade.

A lontra adulta mide de 55 a 120 centímetros de lonxitude (incluíndo a cauda) e pesa ata 15 quilos. Aínda que a súa carne non sexa comercializada, a lontra forma parte da lista de animais ameazados de extinción principalmente polo alto valor da súa pel e pola depredación dos ecosistemas aos que a lontra está adaptada.

Ese animal posúe unha pelaxe con dúas capas, unha externa impermeábel e outra interna usada para o illamento térmico. Deste xeito pode mergullarse frecuentemente e durante longo tempo para buscar alimento. O corpo á súa vez é hidrodinámico, preparado para nadar a alta velocidade. De vista reducida, pecha os oídos e o nariz cando se mergulla, polo que confía todo o seu potencial de pesca ós bigotes, que lle permiten detectar pequenas vibracións da auga en condicións difíciles.

Aínda que sexa un animal carnívoro e normalmente salvaxe, a lontra é dócil e gústalle brincar coas persoas, sendo posíbel domesticala.

Xéneros[editar | editar a fonte]

  • Lutra lutra (Linnaeus, 1758) - Lontra Europea
  • Lutra longicaudis (Olfers, 1818) - América central e América do Sur, do Norte do México ao Uruguai.

Sinonimias:

  • Lutra platensis (Waterhouse, 1838)
  • Lutra annectens
  • Lutra enudris
  • Lutra incarum

Poboacións[editar | editar a fonte]

Durante os anos cincuenta e sesenta, as lontras sufriron unha forte mingua das súas poboacións europeas, igual cás aves de rapina. Os pesticidas, coma o dieldrin, pasaron ós peixes e afectaron notablemente ás lontras[Cómpre referencia]. Nos últimos anos as súas poboacións están progresando en cifras xerais[1] en Europa, e en particular en Galiza estendendo a súa área de distribución á costa (o 70% da costa galega ten poboacións de lontra[2]. Entre 1981 e 2004, a lontra aumentou ata un 20% no territorio galego, particularmente nas provincias setentrionais[3]. De feito a existencia de lontras en Galicia vese reflectida na toponimia, así temos os exemplos da Cova da Lontra en Tirán (Vigo) ou As Lontreiras, zona litoral rochosa que se atopa no faro da Illa de Sálvora.

Na literatura[editar | editar a fonte]

O naturalista escocés Gavin Maxwell escribiu un libro clásico sobre lontras, Ring of Bright Water, onde narra a convivencia de anos coa súa lontra Edal, ata que esta faleceu no incendio da casa de Maxwell.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. All About Otters, in Birds, revista da RSPB, febreiro-abril 2008, vol. 22, nº1
  2. A lontra expándese en Galicia e ocupa xa máis do 70% da costa, La Voz de Galicia, 06.02.08
  3. A lontra expándese en Galicia e ocupa xa máis do 70% da costa, La Voz de Galicia, 06.02.08

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Nutrias Costeras en Lugo por Jose Carlos de La Fuente. Revista Quercus. Novembro 2013 (en castelán)

Outros artigos[editar | editar a fonte]