Pombo torcaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pombo torcaz
En Inglaterra Canto do pombo torcaz (axuda · info)
En Inglaterra
Columba palumbus birdsong.ogg Canto do pombo torcaz
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Columbiformes
Familia: Columbidae
Xénero: ' Columba'
Especie: C. palumbus
Nome binomial
'Columba palumbus'
Linnaeus, 1758

O pombo torcaz, pombo, torcaza ou turcacia (Columba palumbus) é unha ave da familia das pombas.

Morfoloxía e Hábitos[editar | editar a fonte]

É un ave cunha lonxitude entre 38–43 cm, unha envergadura entre 68–77 cm e cun peso de 500 gramos. É meirande cá Pomba Bravía e cunha cola máis longa. De cor azul, salientar a mancha branca ó redor do seu pescozo. O peito e papo son dun ton vermello apagado. En voo chama a atención a presenza dunha raia branca vertical que cruza as ás.

Aliméntase de sementes, bagas e partes brandas das plantas. O seu hábitat son os parques, xardíns e masas forestais próximas ás cidades. En outono e inverno forma grandes grupos.

Reprodución[editar | editar a fonte]

A cría realizase en Europa entre os meses de abril e setembro. A posta consiste en dous ovos cun tempo de incubación de 16-17 días. Os polos permanecen no niño entre 28-29 días. Pode chegar a criar dúas ou tres veces ó ano. Nidifica nas árbores.

Distribución[editar | editar a fonte]

Moi común en toda Europa, Extremo norte de África e Turquía. No sur de Escandinavia e Rusia presente só durante a cría. En Galicia esténdese por toda a xeografía sen excepcións.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • 100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas. C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís, Atocha Ramos Martínez. Editado polo Concello de O Grove. Depósito Legal:C 2423-2009
  • Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. (en castelán)
  • Gran Guía de la Naturaleza AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest, s.a. (en castelán)