Saltar ao contido

Teixugo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Teixugo
Meles meles
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
 Nome curto
M. meles Editar o valor en Wikidata
 Combinación orixinal
Características
 Duración máxima de vida
18.6 AA Editar o valor en Wikidata
 Ciclo diurno
 Forza de mordida
109 Editar o valor en Wikidata
 Fonte de
 Uso
Conservación
 Identificador UICN
Distribución
Clasificación taxonómica
ReinoAnimalia
FiloChordata
SubfiloVertebrata
ClaseMammalia
SubclaseTheria
InfraclasePlacentalia
OrdeOmnivora
SubordeCaniformia
FamiliaMustelidae
SubfamiliaMelinae
XéneroMeles
EspecieM. meles
Datas
 Data de comezo
hai 700.000 anos Editar o valor en Wikidata
Identificadores
Freebase/m/02kvxt Editar o valor en Wikidata
ITIS621922 Editar o valor en Wikidata
OTT923113 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

O teixugo[1] eurasiático, porco teixo,[2] teixo,[3] melandro[4] ou tourón[5] (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda.

O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles. As súas principais subespecies son o Meles meles meles (na Europa occidental), o Meles meles marianensis (na Península Ibérica), o Meles meles leptorynchus (en Rusia), o Meles meles leucurus (na China e no Tíbet) e o Meles meles anaguma (no Xapón).

Trátase dun animal de hábitos nocturnos, sendo moi raro atopalo durante o día. O teixugo pode rubir polas árbores, aínda que non se atopa adaptado para facelo. Tamén pode correr con certa rapidez e nadar. En caso de perigo, ao verse ameazado emite fortes bruídos (Reinochholf, 1995). É moi rebuldeiro cos membros da súa especie, tanto de novo como de adulto e participa no aseo corporal dos compañeiros de especie.

Descrición

[editar | editar a fonte]

O teixugo mide entre 60 e 90 centímetros e ten un peso entre 7 e 13 quilogramos.

É doado de identificar: na cabeza ten bandas brancas e negras, únicas. As orellas teñen rebordes brancos; as patas e o abdome son negros e o lombo gris prateado. Semella un pequeno oso, ou ben un cocho peludo, pois fai uns ruídos característicos de seu. A súa pelaxe empregábase non hai moito para facer brochas de afeitar. As patas dianteiras teñen as poutas con uñas moi longas, poderosas, coas que escarva profundas covas.

Reprodución

[editar | editar a fonte]

O celo vai de febreiro a outubro, pero sobre todo marzo, abril e maio. O período de gravidez é un tanto variable, sobre 60 días. Trae ó mundo entre 1 e 5 crías, que nacen núas e cegas coa pelaxe abrancazada, e que abren os ollos aos 30 días. Son aleitadas ata os 3 meses.

Alimentación

[editar | editar a fonte]

É omnívoro, come animais como miñocas, caracois, vermes, ras, pequenos mamíferos, prea, raíces, bulbos, froita ou castañas.

Habita en bosques frondosos e mixtos, é solitario. Defeca sempre nos mesmos lugares e vai sempre polos mesmos sendeiros polo que é doado dar con el. Toma parella para toda a vida. Escava numerosos tobos na terra que son usados pola familia. As galerías das súas tobeiras son moi complexas, con catro a oito saídas. As cámaras de repouso están a metro e medio de profundidade. Xeralmente as covas do teixugo desembocan en auténticas covas naturais. Hiberna, e nos seus sonos invernais, que poden durar varias semanas, vive das reservas de graxa acumuladas durante o outono. O teixugo tratouse de domesticar sen éxito.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para teixugo.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para porco teixo.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para teixo.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para melandro.
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tourón.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]