Saltar ao contido

Gabeador común

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gabeador común
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Certhiidae
Xénero: Certhia
Especie: C. brachydactyla
Nome binomial
Certhia brachydactyla
Brehm, 1820
Distribución aproximada
Distribución aproximada

Distribución aproximada

O gabeador común (Certhia brachydactyla) é un paxaro da familia dos gabeadores (Certhiidae). É unha ave sedentaria que vive no centro e sur de Europa e no norte de África.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Son de aspecto moi semellante ó seu parente próximo o gabeador norteño (Certhia familiaris), do que é moi difícil de diferenciar. Teñen unha lonxitude duns 12 cm e pesan uns 11 gramos. Teñen o bico afiado e curvado cara a abaixo. A plumaxe é branca pola parte inferior do corpo, da cor parda da casca das árbores por riba. Teñen unha lista ocular branca. O aspecto de machos e femias é semellante. A cola é relativamente longa e sérvelles de temón cando voan, ademais de axudarlles a manterse no aire.

A diferenza do gabeador setentrional prefire os bosques de folla caduca, parques e xardíns con árbores froiteiras. A súa distribución xeográfica abrangue o sur e centro de Europa, Asia Menor e o norte de África.

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Agatuñan polos troncos de abaixo a arriba en bruscas espirais, procurando co bico insectos e arañas entre a casca das árbores.

Reprodución

[editar | editar a fonte]
Certhia brachydactyla

A madureza sexual chégalles ó ano de idade. O período de cría vai de marzo a xullo. O seu niño está feito de ramalliñas secas, musgo, pallas plumas e pelos de mamífero. Constrúenos en fendas das árbores, ou entre cachos separados da casca, algunhas veces en paredes ou pilas de madeira, e non son doados de atopar. A construción do niño e a incubación son tarefa exclusiva da femia, que pon de 5 a 7 ovos e pasa unhas dúas semanas chocándoos. Os polos están en condicións de empezaren a voar cando teñen catorce ou quince días. Adoitan facer dúas postas ó ano.

Nomes vulgares

[editar | editar a fonte]

En galego tamén recibe os nomes de agatuñador[2], gateador[2], rubideiro[2] e rubidor[3].

  • Alemán: Gartenbaumläufer
  • Catalán: Raspinell
  • Danés: Korttået træløber
  • Español: Agateador común.
  • Francés: Grimpereau des jardins
  • Inglés: Short-toed Treecreeper
  • Neerlandés: Boomkruiper]
  • Polaco: Pełzacz ogrodowy
  • Sueco: Trädgårdsträdkrypare
  1. BirdLife International (2012). "Certhia brachydactyla". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Dicionario normativo galego-castelán. Galaxia
  3. Dicionario do Cumio

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]