É de tamaño medio, destacan as súas orellas grandes de forma cuadrangular, unidas na fronte no seu bordo interno. O pelame é bastante escuro, entre negruzco e pardo. A femia é lixeiramente maior có macho: de 35 a 42,5 mm de tamaño e un peso entre 5,6 e 13,7 g. Este morcego emite dous tipos de sinais ultrasónicas CF-FM, curtas e moi características, con máximos de intensidade en torno 32-37 e 41-43 kHz. A súa fórmula dental é .
Trátase dun morcego pouco gregario, o tamaño das colonias adoitan ser de poucos individuos, normalmente por baixo dos 15 exemplares. Especie citada habitualmente en zonas montañosas e non especialmente asociado a zonas forestais, refúxiase tanto en árbores, como en casas e refuxios subterráneos, neste último caso sobre todo en inverno.
Ao tratarse dunha especie que en áreas forestais adoita ocupar buratos nas árbores, veríase afectado pola dispoñibilidade de árbores de tamaño suficiente. A maior parte das localizacións desta especie están situadas en edificacións antigas en ambientes rurais e poden verse afectados polos problemas habituais deste tipo de refuxios (remodelación, ruína e molestias...). Non obstante as colonias do morcego das fragas adoitan mudar con frecuencia de localización e por isto veranse menos afectadas ca outras especies que utilizan estes refuxios de forma máis estable (p. e. rinolófidos, Myotis emarginatus).
↑Gonzalez, Félix (autor) L. J. Palomo, J. Gisbert y J. C. Blanco (eds) (2007). "Barbastella barbastellus". En Dirección General para la Biodiversidad -SECEM-SECEMU. Atlas y Libro Rojo de los Mamíferos Terrestres de España(PDF). Madrid. p.241-245.