Lavandeira branca
Lavandeira branca | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() M. alba alba | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Motacilla alba' Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||
Distribución das subespecies.
| |||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||
|
A lavandeira branca[1] (Motacilla alba) é unha ave pequena da orde Passeriformes da familia dos Motacillidae. Este paxaro encóntrase en case todos os hábitats, pero principalmente xunto ao ser humano, ao que anuncia a chegada do tempo frío, chegando incluso a aniñar durante esta época.
Índice
Descrición[editar | editar a fonte]
A lavandeira branca é unha ave pequena e elegante, de 16 a 19 cm de lonxitude, cunha cola sempre en movemento.
Diferenzas entre subespecies[editar | editar a fonte]
En Europa occidental hai dúas subespecies: M. a. alba e M. alba yarrellii. As dúas poden verse en Galicia.
A subespecie Motacilla alba alba é basicamente de cor gris pola parte superior e branca pola inferior, cara branca, copete e pescozo negros.
A subespecie Motacilla alba yarrellii cambia o gris polo negro (o un gris case negro nas femias), mais é semellante na súa conduta. Ten a súa área de distribución básica nas illas Británicas, pero moitas invernan na Península Ibérica ou o norte de África.
A diferenciación da lavandeira branca en dúas subespecies en Europa occidental foi debido ao parcial illamento da forma británica, aínda que a esta xa pode verse criando en áreas de Europa central. Hai un bo número doutras subespecies, que se diferencian na cor das alas, o dorso e a cabeza; algunhas como Motacilla alba personata con toda a cabeza negra e unha máscara branca na cara, e Motacilla alba subpersonata moi similar pero con dorso gris e papo branco.
Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]
Esta especie vive en moitas partes de Europa, de Asia e norte de África. Algunhas residen permanentemente neses lugares e outras migran a África.
É unha ave insectívora de campo aberto. Prefire áreas despexadas para aniñar, onde poder ver e seguir as súas presas. Nas zonas urbanas adáptase a buscar o sustento no pavimento ou nos xardíns.
Nas zonas urbanas, aniña en gretas de paredes rochosas moi similares ás naturais ou en estruturas feitas polo home.
Subespecies[editar | editar a fonte]
- Motacilla alba alba
- Motacilla alba alboides
- Motacilla alba baicalensis
- Motacilla alba dukhunensis
- Motacilla alba leucopsis
- Motacilla alba lugens
- Motacilla alba ocularis
- Motacilla alba persica
- Motacilla alba personata
- Motacilla alba subpersonata
- Motacilla alba yarrellii
Imaxes da lavandeira branca en Galicia[editar | editar a fonte]
Lavandeira en Bastavales, Brión
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de lavandeira branca |
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Lavandeira branca |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Lavandeira branca |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- IUCN 2006. Asesores: BirdLife International, 2006. id: 53103. Motacilla alba. 12 maio 2006
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
|
|