Saltar ao contido

Ra patilonga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ra patilonga
(Rana iberica)

Rana iberica
Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Amphibia
Orde: Anura
Familia: Ranidae
Xénero: Rana
Especie: R. iberica
Nome binomial
Rana iberica
Boulenger, 1879
Distribución da ra patilonga
Distribución da ra patilonga

Distribución da ra patilonga

A ra patilonga[1], ra de patas longas, ra ibérica, ra dos regos ou zampexa,[2] Rana iberica, é un anfibio anuro da famila dos ránidos (Ranidae) pertencente ao grupo das ras vermellas, que habita en Galicia, norte de Portugal, a parte centrooocidental de Asturias, centro da cordilleira Cantábrica, sistema Central ibérico e nos sectores occidentais e centrais dos montes de Toledo.

É unha ra de típica de montaña, cuxo hábitat natural son os regatos, pozas de auga fría sobre substrato rochoso e entre vexetación de ribeira. Captura sobre todo presas terrestres, principalmente insectos, vermes e arañas.

Características

[editar | editar a fonte]

É o máis pequeno dos ránidos galegos, de aspecto estilizado e patas posrteriores moi longas.

Os machos adultos miden entre os 29 e os 40 mm de lonxitude de cabeza e tronco, e pesan entre os 3 e os 7 g; as femias adultas son moito maiores (de entre 37 e 53 mm de lonxitiude e de 4 a 18 g de peso).[3]

O seu fociño é afiado e os seus ollos, grandes e saíntes, amarelos e coa pupila ovoide e horizontal.

A coloración do dorso varía desde a parda ou moura até a ocre ou avermellada, sendo moi típicas desta especie unhas manchas claras e irregulares espalladas polo dorso.[4]

A reprodución comeza no mes de marzo. A cópula ten lugar pola noite, nos remansos dos ríos e en pequenas represas das canles de regadío, onde logo van depositar entre 200 a 450 ovos.

Os cágados, que teñen o ventre negro con lunares brancos transparentando o paquete intestinal, rematan a súa metamorfose entre os meses de xuño e setembro, despois de aproximadamente tres meses.

A ra patilonga pode vivir entre 5 e 6 anos.

En Galicia

[editar | editar a fonte]

Esta ra, interesante endemismo do noroeste Ibérico, conserva en Galicia o maior número dos seus efectivos, sendo, quizais, a ra galega por excelencia, a que ocupa os hábitats máis característicos da nosa terra, encontrándose en todos os pequenos regatos que discorren polas fragas, prados e toxais galegos. Ocupa toda a nosa comunidade, aínda que é máis rara nas depresións ourensás de características mediterráneas, podendo verse desde o nivel do mar até os 1 450 m de altitiude, na serra de Queixa (na serra de Gredos ascende até os 2 100 m).[5]

Estado de conservación

[editar | editar a fonte]

NT: Risco baixo.[6]

  1. Conde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" Arquivado 27 de agosto de 2016 en Wayback Machine. en Cadernos de Lingua, 13, páx. 84. Real Academia Galega.
  2. Galán Regalado, Pedro e Gustavo Fernández Arias (1993): Anfibios e réptiles de Galicia. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-772-6, p. 211.
  3. Galán, P., Op. cit. pp. 203-204.
  4. Galán, P., Op. cit. pp. 203-205.
  5. Galán, P., Op. cit. p. 203.
  6. IUCN Rana iberica, edición 2010.4 (asesores: Miguel Tejedo, Jaime Bosch, Iñigo Martínez-Solano, Alfredo Salvador, Mario García-París, Ernesto Recuero Gil, ano 2008. Consultado o 29 de setembro de 2012.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Andrada, Javier (1980): Guía de campo de los anfibios y reptiles de la península Ibérica. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-0589-2.
  • Arnold. E. N. e J. A. Burton (1878): Guía de campo de los reptiles y anfibios de España y Europa. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-0488-8.
  • Galán Regalado, Pedro e Gustavo Fernández Arias (1993): Anfibios e réptiles de Galicia. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-772-6.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]