Píntega común
Píntega común | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Salamandra salamandra (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
Distribución en Europa
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
A píntega común[1] ou salamántiga[2] (Salamandra salamandra) é un anfibio urodelo común en Europa con preferencia por hábitats acuáticos de media e alta montaña, ecoloxicamente pouco alterados.
Ao longo do territorio galego recibe tamén os nomes vulgares de salamanca[3], pinchorra[4], sacabeira[5], sapagueira[6], sacarrancha[7] ou saramaganta[8].
Localización e características[editar | editar a fonte]
Normalmente sae do seu acocho cando o tempo é frío e húmido. Adoita ser vista nos camiños, ás veces agóchase baixo as pedras. A súa lonxitude é de 20 cm como máximo.
É doado recoñecelas pola cor da pel, negra con pintas amarelas. Para evitar seren atacadas por outros animais, a súa pel contén pequenas cantidades de substancias tóxicas (pezoña).
A píntega ou salamántiga común ten unha subespecie de seu en Galicia, a Salamandra salamandra gallaica.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para píntega.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para salamántiga.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para salamanca.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pinchorra.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sacabeira.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sapagueira.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sacarrancha.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" en Cadernos de Lingua, 13, páx. 84. Real Academia Galega.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Píntega común ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha da píntega común, no Ministerio de Medio Ambiente (pdf) (en castelán)
- Completa páxina sobre a salamántiga (en castelán)
- Salamandras con pedigrí, nova sobre a presenza das mesmas no Parque nacional das Illas Atlánticas