Xirín común

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xirín común
Macho
Macho
Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Fringillidae
Xénero: Serinus
Especie: S. serinus
Nome binomial
Serinus serinus
(Linneo, 1766)
Distribución xeográfica do verdecillo. Verde: reside todo o ano Azul: só invernada Laranxa: só cría

Distribución xeográfica do verdecillo.
Verde: reside todo o ano
Azul: só invernada
Laranxa: só cría
Subespecies
Ver texto
Sinonimia
Fringilla serinus (protónimo)

O xirín común (Serinus serinus), chamado xirín ou nabiñeiro[1] é unha especie de ave paseriforme da familia dos frinxílidos (Fringillidae), que se distribúe por boa parte de Europa, norte de África e oeste de Asia. Non está ameazada e a súa poboación europea cífrase entre 8,3 e 20 millóns de parellas reprodutoras, o que equivalería a entre 24,9 e 60 millóns de individuos[2].

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Foi descrito por Linneo en 1766 baixo o nome de Fringilla serinus.[3] É unha especie monotípica, é dicir, sen subespecies descritas,[4][5] aínda que algunhas fontes mencionan unha subespecie Serinus serinus flaviserinus.[3]

Descrición[editar | editar a fonte]

É o máis pequeno dos frinxílidos, mide uns 11-12 cm. É un parente próximo ao canario. O manto e a cabeza son de cores parduscas mentres que o ventre é dunha forte cor amarela, en especial no macho (a especie presenta dimorfismo sexual).[6]

Distribución[editar | editar a fonte]

O xirín reside na meirande parte de Europa, sendo unha especie residente na conca Mediterránea, mentres que no norte habita unicamente en época de cría. Aínda que a súa área de distribución orixínase ou dá comezo no Mediterráneo, o xirín estendeuse dende o norte de África até o sur de Europa, e mesmo pola Europa continental e Asia Menor. Foi nos séculos XIX e XX, cando o xirín comezou a ampliar a súa área de distribución pola Europa Central e Occidental, iniciando tamén a colonización do Oriente Medio. Hoxe día pode atoparse nos países bálticos, e no Oriente, localízase en Bielorrusia e Ucraína, espallando a súa distribución de forma xeral cara á costa do Mar Negro. A súa expansión cara ao sur deu lugar á instalación desta especie nas Illas Baleares, as Illas Canarias, as illas do Exeo, Chipre, así como no norte de Marrocos, Tunes, Alxeria e Exipto.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Na@iñeiro, na base histórica de dicionarios galegos.
  2. Serinus serinus, na Lista vermella da IUCN de especies ameazadas, consultada en maio de 2011 sobre datos de 2004.
  3. 3,0 3,1 "Ficha do xirín". http://avibase.bsc-eoc.org/species.jsp?lang=É&ide=C6FAA71A3A174E05&ts=1227360667422&sec=summary. Consultado o 22 de xuño. "Avibase" 
  4. Zoonomen. "Birds of the World -- current valid scientific avian names.". http://www.zoonomen.net/avtax/frame.html. Consultado o 22 de xuño de 2010. 
  5. Cornell Lab of Ornithology. "Clement's Checklist 6.3". http://www.birds.cornell.edu/clementschecklist/clements%20Checklist%206.3.2%20December%202008.xls/view. Consultado o 22 de xuño de 2010. 
  6. Mullarney,K.; Svensson, L.; Zetterström, D; e Grant, P.J. (2003). Guía de Campo das Aves de España e de Europa. ISBN 84-282-1218-X. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Xirín común