Pena Trevinca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°14′09″N 6°48′00″O / 42.23583, -6.80000

Pena Trevinca
Pena trevinca.jpg
Vista de Pena Trevinca.
Altitude 2.127 m Posición 1 (Galiza)
Latitude 42°14′09″ N
Lonxitude 6°48′00" W
Localización Galiza Galiza
España España
Cordilleira Serra do Eixo
(Macizo de Pena Trevinca)

Pena Trevinca é un pico da serra do Eixe que fai fronteira entre as provincias de Ourense e Zamora, cunha altitude oficial de 2127 m sobre o nivel do mar Mediterráneo (2124 sobre o nivel do Atlántico galego). É a maior altitude dentro do territorio galego.

Características[editar | editar a fonte]

O pico de Pena Trevinca é igualmente coñecido co nome de Pena Trevinca Sur, e forma parte dunha serra que rexistra varias altitudes superiores aos 2000 m, como Pena Negra (2121 m), Piatorta, A Valigota, Pena Surbia (2116 m) ou Pena Trevinca Norte (2041 m).

O 19 de xuño de 2008 o espazo natural foi declarado polo goberno galego zona de especial protección para as aves[1]. Esta figura de protección abrangue un total de 22.510,3 hectáreas repartidas nos concellos de Carballeda de Valdeorras, A Veiga e Viana do Bolo, e baséase, entre outras razóns, na presenza de especies de aves residentes tales como a aguia real (Aquila chrysaetos), a gatafornela (Circus cyaneus), o falcón peregrino (Falco peregrinus), o bufo real (Bufo buffo) ou a choia (Pyrrhocorax pyrrhocorax).

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Decreto 131/2008, de 19 de xuño, polo que se declara zona de especial protección para as aves o espazo natural Pena Trevinca (DOG nº 124, de 27 de xuño de 2008).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]