Godello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Viño godello do Bierzo.

Godello é unha variedade galega de vide de uva branca. É a máis empregada na produción de viño de Galicia. Dáse na ribeira do río Sil, principalmente na provincia de Ourense, pero é na comarca de Valdeorras onde o Godello alcanza o seu máximo esplendor. Emprégase todas as denominacións de orixe e indicacións xeográficas do país. A orixe do nome é escura, non se puido concretar ata o de agora de onde é que procede esta voz[1]

Características[editar | editar a fonte]

Ten acios de tamaño pequeno ou medio e compactos. As bagas son de tamaño mediano, forma ovada e cor verderola ou amarelada. A floración e maduración é temperá. É unha planta sensíbel ao oídio, cunha uva de gran calidade e moi aromática. o bago achega moito alcol pois produce viños equilibrados, dunha graduación entre 11,5 e 12,5 graos, de cor amarela palla; desprende aromas florais e afrutados (a mazá). Amais de na propia Galiza, a variedade tamén está autorizada para algunhas zonas de Asturias, Cantabria e Castela e León, segundo a orde de ámbito estatal APA/1819/2007.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

  1. "As uvas máis comúns do país". Portal das palabras. Real Academia Galega. 4 de outubro de 2017.