Abellaruco
Abellaruco, abelleiro | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Merops apiaster' Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||
Distribución do Abellaruco
|
O abellaruco[2][3] ou abelleiro[4][5] (Merops apiaster), é un paxaro rubideiro da familia dos merópidos, insectívoro, as abellas son a súa principal fonte de alimentación.
Vive no sur de Europa, en partes do norte de África e o oeste de Asia. É un paxaro migratorio, o inverno pásao na África tropical ou no noroeste da India. Pode chegar aos 27 ou 29 cm. É un paxaro con cores ricas, a gorxa amarela, o peito verde e ás azuis e verdes. O seu hábitat é o campo aberto e entre árbores e matos esparexidos, nun clima cálido. Aliméntase de insectos voadores, en especial abellas, pero tamén avespas, cázaas no aire; antes de comer as abellas quítalles o aguillón golpeándoas contra o chan, pode comer arredor de 250 abellas ao día.
Os abelleiros son gregarios, aniña en colonias nas ribeiras dos ríos, escavando buratos ou tobos, xeralmente ao comezo de maio. Tanto o macho como a femia coidan dos ovos.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ BirdLife International (2012). "Merops apiaster". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro 2013.
- ↑ Conde Teira. M. A. (1999). Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada. Chiogossa, 1: 121-138
- ↑ Penas Patiño et al Guía de aves de Galicia. Baía Edicións, 2004
- ↑ Dicionario Ir Indo
- ↑ Gran Dicionario Cumio
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abellaruco |