Saltar ao contido

Lagarto arnal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lagarto arnal
Timon lepidus
François Marie Daudin 1802 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Características
 Ciclo diurno
 Subdivisións
T. l. ibericus López-Seoane, 1884

T. l. lepidus Daudin, 1802
T. l. nevadensis Buchholz, 1963

T. l. oteroorum Castroviejo & Mateo, 1998
 Sinonimia
Lacerta lepida Daudin, 1802
 Conservación
Especie case ameazada
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseReptilia
OrdeSquamata
FamiliaLacertidae
XéneroTimon
EspecieTimon lepidus Editar o valor en Wikidata
Daudin, 1802 Timon lepidus Editar o valor en Wikidata
Localización
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/0brryg Editar o valor en Wikidata
UICN61583 Editar o valor en Wikidata
CoL7CBDN Editar o valor en Wikidata
EOL790458 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

O lagarto arnal,[1][2][3] ou lagarto ferreño,[3] Timon lepidus (antes Lacerta lepida), é unha especie de réptil orde dos escamosos, suborde dos lacertilios, infraorde dos escincomorfos, familia dos lacértidos e subfamilia dos lacertinos, unha das que na actualidade integran o xénero Timon.[4]

É un lagarto endémico da Europa suroccidental. Vive tamén en Galicia, onde é un dos lagartos de maior tamaño, xunto co lagarto das silvas. Pode chegar aos 70 cm ou máis de lonxitude total incluíndo a cola. A coloración de fondo no dorso adoita ser verde, pero ás veces pode ser gris o apardazada, especialmente na cabeza e na cola, e presenta dúas bandas de pintas ( ocelos) azuis interconectadas.

Durante décadas, e até hai pouco foi considerado como pertencente ao xénero Lacerta, sendo denominado daquela Lacerta lepida.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Etimoloxías

[editar | editar a fonte]

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Subespecies

[editar | editar a fonte]

Variacións taxonómicas

[editar | editar a fonte]

Características

[editar | editar a fonte]

O lagarto arnal é un dos principais membros da familia Lacertidae, e o lacértido máis grande de Europa. O adulto mide de 30 a 60 cm de longo contando o rabo e pode alcanzar ata 90 cm (cabeza e corpo de 24 cm como media), cun peso máximo de máis de 0,5 kg (de 130 a 350 g xeralmente[5]).[6] Os neonatos miden de 4 a 5 cm de longo, excluído o rabo.

Parella de Timon lepidus en Serra Nevada.

É un lagarto robusto. O macho ten a cabeza larga, meirande que a das femias, con placas cefálicas grosas e duras, con patas grosas e fortes, e uñas longas e curvadas. A cor dorsal é xeralmente verde, pero ás veces pode ser gris ou marrón, especialmente na cabeza e o rabo. A isto superponse un punteado negro. A parte inferior é de cor amarelada ou verdosa. O macho é máis brillante que a femia e ten manchas azuis nos seus flancos. Os individuos novos son de cor verde, gris ou marrón, con partes amareladas ou brancas con manchas por todas partes.

Hábitat e distribución

[editar | editar a fonte]

Distribución

[editar | editar a fonte]

Bioloxía

[editar | editar a fonte]
Macho

O lagarto arnal é unha especie característica do suroeste de Europa, asociada aos ecosistemas mediterráneos. Encontrámolo distribuído na Península Ibérica, sur de Francia, noroeste de Italia e noroeste de África. Na Península só está ausente na parte máis ao norte de Galicia e algunha comarca fría do interor (pero si aparece no resto de Galicia, incluídas as illas atlánticas), na vertente norte da Cornixa Cantábrica, País Vasco e norte de Navarra. Dentro do hábitat mediterráneo parece non depender demasiado dos factores climáticos e pódese encontrar en condicións moi diferentes, pero non se atopou en zonas por debaixo dos 6 °C de temperatura media anual.

Detalle da testa.

É unha especie ubicua, que ocupa toda clase de biótopos, agás aqueles completamente humanizados; encóntrase en terreos con toda clase de cultivos e bosques mediterráneos e de montaña. En xeral, o lagarto arnal é unha especie que prefire áreas con cobertura vexetal non moi elevada, posto que así ten espazos abertos onde poder tomar o sol e refuxios para poderse agochar. En Galicia atopámolo en moi diversos hábitats: claros en bosques, cultivos, dunas, serras, cantís costeiros, pero sempre prefire zonas abrigadas e cálidas. En Galicia está activo de marzo a outubro e despois en inverno agóchase entre pedras ou en galerías ou furas.[7]

Os machos adultos son agresivos e territoriais e o seu período de celo comeza en abril. Os machos loitan ferozmente entre eles e trábanse coas súas fortes mandíbulas. Aparéase coa femia agarrándoa mordéndoa nas costas entre abril e xuño. A femia deposita de 6 a 22 ovos (moi variable) baixo pedras ou en galerías, que tardan en eclosionar de 66 a 88 días (a 25-30 °C) e eclosionan en setembro ou outubro.[8]

En Galicia, aliméntase de coleópteros, himenópteros e outros insectos e caracois, e esporadicamente lagartas ou mesmo ratos, e consome tamén froitos (amoras, uvas etc.). Os seus depredadores son cobras e aves. Nalgunhas partes de España, como Estremadura, cómese, pero nunca en Galicia.[9]

Distribución

[editar | editar a fonte]
T. lepidus xuvenil.

É orixinario de Europa suroccidental. Encóntrase en toda a Península Ibérica (España e Portugal), e distribúese irregularmente no sur de Francia e no extremo noroeste de Italia. Está dividido en subespecies, que teñen a seguinte distribución:

Estado de conservación

[editar | editar a fonte]

Gastronomía

[editar | editar a fonte]

O lagarto arnal (ocelado, en castelán) formou parte da cociña tradicional de Estremadura.[11] Nesta rexión, o lagarto preparábase normalmente en guisado, elaborado fritindo toros do lagarto en aceite de oliva, que despois eran guisadas a lume lento.[12][13][14]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lagarto.
  2. Conde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" Arquivado 27 de agosto de 2016 en Wayback Machine. en Cadernos de Lingua, 13, páx. 84. Real Academia Galega.
  3. 1 2 Vocabulario forestal, páx. 124, Servizo de Normalización Lingüística, Universidade de Santiago de Compostela, 2012
  4. Timon en The Reptile Database. Consultada o 23 de novembro de 2019.
  5. Silvio, Bruno (1986). Giunti Martello, ed. Guida a Tartarughe e Sauri d'Italia (en italiano). Florence. p. 256.
  6. http://www.biotropics.com/englisch/html/timon_lepidus.html Arquivado 23 de setembro de 2015 en Wayback Machine..
  7. Galán Regalado & Fernández Arias 1993, p. 290.
  8. Galán Regalado & Fernández Arias 1993, pp. 290-291.
  9. Galán Regalado & Fernández Arias 1993, pp. 292-293.
  10. 1 2 3 Galán Regalado & Fernández Arias 1993, p. 289.
  11. Gastronomía extremeña Arquivado 19-02-2015 en Wayback Machine..
  12. Díaz, Lorenzo (2001): Los Sabores Perdidos. Madrid: Editorial EDAF. ISBN 978-84-4141-023-7. ("Gastronomia extremeña", p. 178).
  13. Gastronomía tradicional extremeña Arquivado 04 de marzo de 2010 en Wayback Machine..
  14. Aparicio Moreno, Mª Luz e Infante Sánchez, Ana Isabel: "Los hábitos culinarios en el pasado extremeño" Arquivado 19 de febreiro de 2015 en Wayback Machine.. Deputación de Cáceres.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]