Macizo Central ourensán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa topográfico de Galicia sinalando, entre outros, o Macizo Central Ourensán
Vista do tramo medio do río San Lázaro desde o cumio dos Forcados (1399 m no Macizo Central ourensán) no percorrido pola zona do Piago e a Mallada de Barbeirón coa aldea da Encomenda no fondo.

O Macizo Central ourensán é un espazo natural montañoso formado pola serra de Queixa, serra de San Mamede, serra do Fial das Corzas e os Montes do Invernadeiro. Este macizo é un área protexida coa cualificación de Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) integrante da Rede Natura 2000 e en proceso cualificación como parque natural.

O Macizo Central ourensán esténdese polos concellos do O Bolo, Chandrexa de Queixa, Laza, Manzaneda, A Pobra de Trives, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Quiroga, Larouco, Vilar de Barrio, Baños de Molgas, Maceda, Castro Caldelas e Montederramo.

A zona acolle a beira do seu cumio máis alto, Cabeza de Manzaneda (1.780 m), a única estación de esquí de Galicia (Estación de montaña Manzaneda).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]