Saltar ao contido

Estreliña riscada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estreliña riscada
Regulus ignicapilla
Coenraad Jacob Temminck 1820 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome curto
R. ignicapilla Editar o valor en Wikidata
 Categoría taxonómica
 Combinación orixinal
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdePasseriformes
FamiliaRegulidae
XéneroRegulus
EspecieRegulus ignicapilla Editar o valor en Wikidata
(Temminck, 1820) Regulus ignicapilla Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Envergadura
 14 cm Editar o valor en Wikidata
Datas
 Esperanza de vida
5.6 a Editar o valor en Wikidata
 Período de incubación
16 d Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/01x8jk Editar o valor en Wikidata
ITIS916249 Editar o valor en Wikidata
OTT3599741 Editar o valor en Wikidata
UICN22735002 Editar o valor en Wikidata
CoL4RPW7 Editar o valor en Wikidata
EOL45513684 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons
Regulus ignicapilla.

A estreliña riscada[1] (Regulus ignicapilla) é un dos paxaros máis pequenos de Europa, aínda máis que o seu parente a estreliña do norte, á que se semella moito.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Son paxaros duns 9 cm de lonxitude que pesan só entre 4 e 6,5 gramos. Ten unha envergadura de ás que vai dos 13 ós 16 cm. O seu aspecto é moi semellante ó da estreliña do norte: teñen o lombo verde amarelado, a barriga gris, as ás son máis escuras e teñen dúas listas brancas. A súa marca distintiva é a lista branca que lles vai sobre os ollos, que é algo máis intensa de cores que na outra especie. A liña negra sobre esta lista branca está algo máis marcada que na estreliña do norte. Os dous sexos son case iguais, agás pola pequena crista que teñen na cabeza e que erguen na época reprodutora, que nos machos é alaranxada e nas femia máis amarelada.

Aliméntanse de arañas, insectos e larvas.

A estreliña de Madeira, antigamente considerada unha subespecie (R. i. madeirensis) da estreliña riscada, é agora considerada unha especie independente co nome científico de Regulus madeirensis. Ten unha lista superciliar máis curta, a crista é dun laranxa máis escuro e o bico máis longo.

Viven en bosque de coníferas ou mixtos e en parques. Non dependen tanto do bosque de coníferas como a estreliña do norte e a súa área de distribución non chega tan ó norte coma a desta. Viven preferentemente no sur e centro de Europa. As aves das zonas de distribución máis setentrional son migratorias.

Reprodución

[editar | editar a fonte]
Regulus ignicapilla

Os niños, que teñen forma de bóla, están feitos con musgo, liques e teas de araña. Son construídos polas femias que os penduran case sempre na parte inferior dunha póla. Poñen entre sete e once ovos, que chocan as femias unhas dúas semanas. Os pelachos voan aos 17 días de nacidos. Habitualmente crían dúas niñadas ó ano.

Nomes vulgares noutras linguas

[editar | editar a fonte]
  • Alemán: Sommergoldhähnchen
  • Asturinao: Reyín
  • Catalán: Bruel
  • Español: Reyezuelo listado
  • Éuscaro: Erregetxo kaskagorri
  • Francés: Roitelet triple-bandeau
  • Inglés: Firecrest
  • Italiano: Fiorrancino
  • Neerlandés: Vuurgoudhaantje
  • Polaco: Zniczek
  • Portugués: Estrelinha-de-cabeça-listada
  • Sueco: Brandkronad kungsfågel
  1. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2026-01-22.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]