James Cronin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «James Watson Cronin»)
Infotaula de personaJames Cronin

(2010) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinalJames Watson Cronin
Biografía
Nacemento29 de setembro de 1931
Chicago, Illinois
Morte25 de agosto de 2016
Saint Paul, Minnesota
Datos persoais
País de nacionalidadeEstadounidense
EducaciónUniversidade Metodista Meridional (pt) Traducir
Universidade de Chicago
Highland Park High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseSamuel King Allison (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica nuclear Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfísico , científico nuclear , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Chicago
Universidade de Utah
Collège de France (pt) Traducir
Universidade de Princeton Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Find a Grave: 168976290 Editar o valor em Wikidata


James Watson Cronin, nado en Chicago, Illinois, o 29 de setembro de 1931,[1] e finado en Saint Paul, Minnesota,[2] [1] foi un físico nuclear, astrónomo e astrofísico[2] estadounidense.

Biografía[editar | editar a fonte]

Estudou na Universidade Metodista Meridional de Dallas, onde estudou física. Realizou o doutoramento na Universidade de Chicago en 1955; nesta Universidade tivo como mestres a científicos tan eminentes como Enrico Fermi e Murray Gell-Mann. Comezou a súa carreira científica en Brookhaven antes de entrar a formar parte, en 1958 do claustro de profesores da Universidade de Princeton. En 1971 pasou a ser profesor da Universidade de Chicago.[1]

Foi portavoz do proxecto Auger, e membro do Board of Sponsors do The Bulletin of the Atomic Scientists.

Desde a súa xubilación en 1997, e até a súa morte, foi profesor emérito da Universidade de Chicago.[1] [3]

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Cronin, e o seu co-investigador Val Logsdon Fitch, foron galardoados co Premio Nobel de Física de 1980,[2] por un experimento realizado en 1964, que proba que certas reaccións subatómicas non se adhiren aos principios fundamentais da simetría. Especialmente probaron, analizando o decaimiento de kaóns (mesóns K), que reaccións feitas en sentido inverso non seguen a mesma traxectoria que a reacción orixinal, o que mostrou que as interaccións das partículas subatómicas non son independentes do tempo. Así foi descuberto o fenómeno da violación CP. Este descubrimento serviu tamén para apuntalar a aínda incipiente teoría do Big-Bang sobre a orixe do Universo.[1]

Posteriormente dedicouse ao estudo dos raios cósmicos ultra enerxéticos, en particular á procura das fontes dos mesmos fóra da vía Láctea. Realiza as súas investigacións no Observatorio Pierre Auger, en Malargue, Arxentina.[2]

Colaboración con científicos galegos e españois[editar | editar a fonte]

Cronin tivo un papel moi relevante no desenvolvemento da astrofísca de partículas en España pola súa intensa colaboración con investigadores da Universidade de Santiago de Compostela e visitou Galicia en bastantes ocasións. En 1995 o grupo de Astrofísica de partículas da Universidade de Santiago foi invitado ao laboratorio estadounidense Fermilab (Illinois) a participar no deseño do Observatorio, xa que que dito grupo propuxera situcar na Terra de Campos, Valladolid, unha parte do Observatorio que daquela se prevía construír no hemisferio norte. Ese mesmo ano Cronin desprazouse a Santiago de Compostela para dar a coñecer o proxecto impartindo unha conferencia plenaria na Reunión Bienal da Real Sociedad Española de Física. Foi xustamente en dita visita onde cobrou forza a idea de usar o Observatorio para buscar neutrinos de moi altas enerxías que, co tempo, converteuse nunha das principais tarefas do Observatorio Auger liderada por españois e que continúa hoxe en día, reforzada polo espectacular descubrimento das ondas gravitacionais pola colaboración LIGO. En 1996 Cronin tamén participou en Madrid nunha homenaxe ao físico Arturo Duperier, pioneiro da astrofísica de partículas, con motivo do centenario do seu nacemento.[1]

A estreita colaboración dos investigadores españois con Cronin culminou coa entrada de España no Observatorio no ano 2002. Esta participación medrou coa incorporación de científicos das Universidades de Alcalá de Henares, Complutense de Madrid, Granada, Santiago de Compostela e Valencia, que xogaron un papel moi recoñecido na colaboración. Polo menos cinco investigadores da USC realizaron estancias pre ou postdoctorais con Cronin na Universidade de Chicago. No ano 2007 Cronin volveu a Santiago a unha reunión de finanzas do Observatorio. En 2009, Cronin foi nomeado doutor Honoris Causa pola Universidade de Santiago de Compostela, e participou no programa ConCiencia[4] e, por última vez, no ano 2011 participou en Santiago nunha reunión de análises dos datos do Observatorio. Durante os últimos anos Cronin seguía moi vinculado á colaboración, agora involucrada no proxecto de mellora do Observatorio (Auger-Prime) co que se realizarán medidas de composición ás máis altas enerxías. Esta mellora permitirá seguir profundizando na orixe das partículas subatómicas máis enerxéticas que se poden observar na natureza e continuar subministrando resultados de gran relevancia nos próximos anos.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]