Arturo Duperier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arturo Duperier
Arturo Duperier (esbozo).png
Nacemento12 de novembro de 1896
Lugar de nacementoPedro Bernardo
Falecemento10 de febreiro de 1959
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónfísico
editar datos en Wikidata ]

Arturo Duperier Vallesa, nado en Pedro Bernardo (provincia de Ávila) o 12 de novembro de 1896 e finado en Madrid o 10 de febreiro de 1959[1] foi un físico español, destacado especialmente polo seu estudo da radiación cósmica.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do boticario Alfredo Duperier e da mestra Eugenia Vallesa, estudou as primeiras letras coa súa nai, e o bacharel nos Institutos de Ávila e Cardenal Cisneros de Madrid.[3]

Fixo a tese doutoral en 1924 baixo a dirección de Blas Cabrera[4], de quen era o discípulo predilecto,[5] primeiro no Laboratorio de Investigacións Físicas, fundado en 1910, e logo no departamento de Electricidade e Magnetismo do Instituto Nacional de Física e Química, que aquel dirixiu até o seu exilio. Ambas as institucións baixo a protección da Xunta para Ampliación de Estudos e Investigacións Científicas.[5][6] Ó tempo, traballaba, como auxiliar primeiro e funcionario despois, no Servizo Meteorolóxico Nacional.[4]

Con Blas Cabrera estudou o paramagnetismo do paladio e o platino, e posteriormente, de diversas terras raras, e formulou a logo coñecida como «lei de Cabrera-Duperier». En 1929, Grazas a unha pensión da JAE puido estudar en Estrasburgo, traballou con Pierre Weiss, e logo, en 1932, en París con Charles Maurin.[7][8][9]

No ano 1939, co final da guerra civil, exiliouse a Inglaterra, exercendo como profesor da Universidade de Birmingham e do Imperial College de Londres[6] É nesta época, na que se comezou a considerar fundamental o coñecer as variacións de intensidade dos raios cósmicos a nivel do mar no transcurso do tempo, na que foi requirida a súa participación nun proxecto desenvolvido a tal fin, levado a cabo polo Departamento de Física da Universidade de Mánchester. O proxecto estaba dirixido polo que seria Premio Nobel de Física en 1948 Patrick Blackett. Duperier consolidouse, grazas ao traballo deses anos, como unha autoridade mundial en materia de raios cósmicos, a especialidade da que derivou a moderna física de partículas.[10]

Duperier fora destituído da súa cátedra universitaria, como parte do proceso radical de depuración ao final da guerra, á vez que Blas Cabrera, Enrique Moles, Cándido Bolívar e outros catedráticos de ciencias.[11] O principal cargo contra el ante o Tribunal de Responsabilidades Políticas nº 9 de Madrid, foi non aproveitar unha estancia en París, en xullo de 1937, para desertar da República. O motivo de dita estancia era representar España na Conferencia Internacional de Cronometría e Metroloxía.[12]

En 1953 volveu definitivamente a España, e empezou a impartir na súa Cátedra da Universidade de Madrid a nova disciplina de Radiación Cósmica, que alterna con importantes estudos que presenta en numerosos Congresos Internacionais onde é insistentemente solicitado. Duperier retornou a España aproveitando o impulso dado por Joaquín Ruiz-Giménez Cortés, naquel momento ministro de Educación Nacional, á recuperación de cerebros exiliados, pero ao seu regreso, non lle foi permitido introducir ao país o laboratorio doado polos físicos británicos, o que non conseguiu tampouco durante o resto da súa vida. Duperier, que destacara como experimentador, non puido continuar a súa investigación empírica dos raios cósmicos, quedando relegado á impartición de cursos teóricos.[6]

Electo membro numerario da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais o 5 de febreiro de 1958, foi nomeado para a mesma cadeira que Miguel Catalán Sañudo pero, como el, faleceu sen tomar posesión.

En 1959 foille concedido, a título póstumo, o Premio de Ciencias Juan March.

Publicacións[editar | editar a fonte]

Magnetismo de materiais
  • "Estudio termomagnético del agua, algunas disoluciones de algunas sales sódicas paramagnéticas", tese doutoral, Universidade de Madrid, (1924). (versión web da publicación postdoutoral en francés: https://hal.archives-ouvertes.fr/jpa-00205184/document)
  • "Variación de la constante diamagnética del agua con la temperatura" con B. Cabrera, Anais da Sociedade Española de Física e Química (ASEFQ), 22, 160-167, (1924).
  • "Estudio termomagnético de algunas disoluciones", ASEFQ, 22, 383-397, (1924).
  • "La variation thermique du magnétisme de l'eau et de quelques solutions paramagnétiques" con B. Cabrera, Jour. Phys. et Radium, 6, 121-138, (1925).
  • "Sur le paramagnétisme des familles du palladium et du platine" con B. Cabrera, Comptes Rendus, 185, 414-416, (1927).
  • "Sur les propriétés paramagnétiques des terres rares" con B. Cabrera, Comptes Rendus, 188, 1640-1642, (1929).
  • "Acerca de las propiedades magnéticas de las tierras raras" con B. Cabrera, ASEFQ, 27, 671-682, (1929).
  • "Nuevo estudio térmico sobre las propiedades magnéticas de las tierras raras", ASEFQ, 28, 47-55, (1930).
  • "Estudio termomagnético de algunos compuestos anhidros de Co y Ni" con B. Cabrera, ASEFQ, 29, 5-14, (1931).
  • "Magnetismo de algunos cloruros de la familia del platino", Bol. Acad. Cien., 9, 1-9, (1936).
  • "Further results on the magnetism of chlorides of the palladium and platinum triads of elements" con B. Cabrera, Proc. Phys. Soc.,51, 845-858, (1939).
Meteoroloxía
  • "Concepto de temperatura en la materia y en la radiación", An. Soc. Esp. Met., 1, 24-48, (1927).
  • "Estudio termodinámico de la condensación por convección", An. Soc. Esp. Met., 1, 71-78 e 103-105, (1927). Tamén publicado en ASEFQ, 26-2ª parte, 5-24, (1928).
  • "Distribución vertical de la temperatura en la atmósfera del centro de España", ASEFQ, 30, 743-750, 1932. Tamén publicado en Serv. Met. Esp., Serie A, 1, 10 pp., (1933).
  • "Sobre las fluctuaciones del campo eléctrico terrestre", ASEFQ, 30, 751-758, 1932. Tamén publicado en Serv. Met. Esp., Serie A, 2, 10 pp., (1933).
  • "Les fluctuatuions du champ électrique terrestre" con G. Collado, Comptes Rendus, 197, 422-423, (1933).
  • "Sobre la conductibilidad eléctrica del aire en Madrid" con J.M. Vidal, ASEFQ, 35, 5-20, (1937). Tamén publicado en Serv. Met. Esp., Serie A, 6, 23 pp., (1937).
  • "Las fluctuaciones simultáneas del potencial eléctrico, de la conductibilidad y de la carga espacial del aire" con J.M. Vidal e G. Collado, Serv. Met. Esp., Serie A, 8, 19 pp., (1938).
Radiación Cósmica
  • "La radiación cósmica en Madrid y en Valencia", ASEFQ, 35, 249-262, (1937). Tamén publicado en Serv. Met. Esp., Serie A, 7, 18 pp., (1937)
  • "The seasonal variations of cosmic-ray intensity and temperature of the atmosphere", Proc. Roy. Soc. A, 177, 204-216, (1941).
  • "Cosmic rays and solar and geomagnetic activity", The Observatory, 64, 190, (1942).
  • "Cosmic rays and magnetic storms", Nature, 149, 579-580, (1942).
  • "An exceptional increase of cosmic rays", Nature, 151, 308, (1942).
  • "A new cosmic-ray recorder and the air-absorption and decay of particles", Terrestrial magnetism and atmospheric electricity (Carnegie institution of Washington), 49, 1 (1944).
  • "Absorption in the atmosphere and decay of cosmic rays", Nature, 153, 529-530, (1944).
  • "The geophysical aspect of cosmic rays", Proc. Phys. Soc., 57, 464-477, (1945). Tamén publicado en Nature, 783, (1945).
  • "Cosmic rays and the freat sunspot group of January 29 - February 12, 1946" con M. McCaig, Nature, 157, 477, (1946).
  • "A lunar effect on cosmic rays?", Nature, 157, 296, (1946).
  • "Solar and sidereal diurnal variations of cosmic rays", Nature, 158, 196, (1946).
  • "Solar and sidereal 6-hourly variations of cosmic rays", Nature, 158, 944-945, (1946).
  • "Temperature effect of cosmic rays", Proc. Cosmic Ray International conference (Cracow, Poland, out.1947).
  • "Further results on the cosmic ray lunar effect", Proc. Cosmic Ray International conference (Cracow, Poland, out.1947).
  • "The tempereature effect on cosmic-ray intensity and the height of meson formation", Proc. Phys. Soc., 61, 34-40, (1948).
  • "Temperature at the height of 100mb and the intensity of mesons at sea level", suplemento especial sobre raios cósmicos de Research, 73-75, (1949).
  • "Latitude effect and pressure-level of meson formation", Nature, 163, 369-370, (1949).
  • "The meson intensity at the surface of the earth and the temperature at the production level", Proc. Phys. Soc., 62, 684-696, (1949).
  • "Solar influences on cosmic rays", Council international des unions scientifiques. Sixieme rapport de la commission pour l'etude des relations entre les phenomenes solaires et terrestres, 193, (1949).
  • "Amplitude of the diurnal variation of cosmic ray intensity and geomagnetic activity", Cosmic Ray International Conference (Como, 1949).
  • "Temperature of the upper atmosphere and meson production", Nature, 167, 312-313, (1951).
  • "On the positive temperature effect of the upper atmosphere and the process of meson production", Journal of atmospheric and terrestrial physics, 1, 296, (1951).
  • "The diurnal variation of cosmic rays and the m regions of the sun", Recueil des travaux du congrés international sur le rayonement cosmique a Bagneres de Bigorre (Francia), 9 de xullo de 1953.
  • "On the positive effect", Communication to the Cosmic Ray International Conference (Guanajuato, México, set-1955).
  • "The positive effect of cosmic rays at sea-level", Facultad de Ciencias, Univ. de Madrid, (1956).
  • "Nuevo método para el cálculo de los fenómenos de interacción entre partículas datadas de altísimas energías y de sus trayectorias", Cosmic Ray International Conference (Edimburgo, 1958).
Outras obras
  • "Llamamiento a los intelectuales del mundo de los hombres de ciencia y artistas de la Casa de la Cultura de Valencia" con E. Moles, A. Machado e outros 20, Valencia, (1937).

Distincións e nomeamentos[editar | editar a fonte]

  • 1945 Guthrie Lecturer do Institute of Physics con "The Geophysical Aspect of Cosmic Rays"[13]
  • Xefe da Sección de Investigacións do Observatorio Meteorolóxico de Madrid
  • Presidente da Real Sociedade Española de Física e Química[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Monferrer Catalán. 2007. p. 254. 
  2. Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales (ed.). "Académicos Históricos: Excmo. Sr. D. Arturo Duperier Vallesa". Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2016. Consultado o 18 de decembro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 "A la memoria de Arturo Duperier Vallesa" (PDF). www.divulgameteo.es. Consultado o 2018-12-18. 
  4. 4,0 4,1 histórica, Memoria. "Arturo Duperier, "mártir y mito" de la ciencia española exiliado por la Guerra Civil". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2018-12-18. 
  5. 5,0 5,1 González Redondo, F.A. (2002). "La matemática en el panorama de la ciencia española, 1852-1945. (En el 150 Aniversario del nacimiento de Santiago Ramón y Cajal y Leonardo Torres Quevedo.)". La Gaceta de la R.S.E.M. 5 (3): 779–809. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Otero Carvajal, L.E. (2001) La destrucción de la ciencia en España. Las consecuencias del triunfo militar de la España franquista. Historia y Comunicación Social, 6: 149-186.
  7. "Real orden concediendo una pensión de tres meses para hacer estudios en el extranjero a D. Arturo Duperier Vallesa" (PDF). boe.es. Consultado o 2018-12-18. 
  8. "Orden concediendo pensión de seis meses para estudios en Francia y Suiza a don Arturo Duperier Vallesa, Profesor auxiliar de la Universidad Central." (PDF). Gaceta de Madrid (Madrid) (202): 613. 21 de xullo de 1931. Consultado o Consultado 18 de decembro de 2018. 
  9. Sánchez Ron, J.M. & Roca Rosell, A. (1993) Spain's first school of physics: Blas Cabrera's Laboratorio de Investigaciones Fisicas. Osiris, 2nd Ser., 8: 127-155.
  10. González de Posada, F; Bru Villaseca, L. (1966). Arturo Duperier, mártir y mito de la Ciencia española. Institución Gran Duque de Alba - Diputación de Ávila. 
  11. González Redondo, F.A. (2002). La reorganización de la Matemática en España tras la Guerra Civil. La posibilitación del retorno de Esteban Terradas y Julio Rey Pastor. La Gaceta de la R.S.E.M. 5(2). pp. 463–490. 
  12. Claret Miranda, J. (2004) La repressió franquista a la universitat espanyola. Tesis doctoral, Universitat Pompeu Fabra.
  13. Duperier, Arturo (1945). "The geophysical aspect of cosmic rays". Proceedings of the Physical Society (en inglés) 57 (6): 464. ISSN 0959-5309. doi:10.1088/0959-5309/57/6/302. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • González de Posada, F. e Bru Villaseca, L. (1996): Arturo Duperier: mártir y mito de la Ciencia Española. Ávila: Deputación Provincial - Institución Gran Duque de Alba.
  • {{Versaleta|Monferrer Catalán, L. (2007): Odisea en Albión: los republicanos españoles exiliados en Gran Bretaña 1936-1977. [1] Biblioteca de nuetro mundo 507. Madrid: Ediciones de la Torre. ISBN 9788479603860
  • Udías Vallina, A. (1983): Arturo Duperier: los comienzos de la geofísica en la Universidad Española. Santander: Amigos de la Cultura Científica. ISBN 84-300-9976-X

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]