Antoine César Becquerel
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de marzo de 1788 ![]() Châtillon-Coligny, Francia ![]() |
Morte | 18 de xaneiro de 1878 ![]() 5º distrito de París, Francia ![]() |
Lugar de sepultura | Châtillon-Coligny ![]() |
Conselleiro xeral | |
1847 – 1870 | |
140º President of the French Academy of Sciences (en) ![]() | |
1 de xaneiro de 1838 – 31 de decembro de 1838 ← François Magendie – Michel Eugène Chevreul → ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Escola Politécnica ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | París ![]() |
Ocupación | físico, político, enxeñeiro, profesor universitario, químico ![]() |
Empregador | Museo Nacional de Historia Natural de Francia Escola Politécnica ![]() |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | Guerras napoleónicas ![]() |
Familia | |
Familia | Q3064938 ![]() ![]() |
Fillos | Louis Alfred Becquerel, Alexandre Edmond Becquerel ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Biblioteca dixital BEIC Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron ![]() |
![]() ![]() |

Antoine César Becquerel, nado en Chatillon sur Loing en 1788 e finado en 1878, foi un físico francés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na École polytechnique e converteuse en oficial de enxeñeiros en 1808. Entre 1810 e 1812 serviu coas tropas imperiais en España co xeneral Louis Gabriel Suchet. En 1814 deixou o exército para centrarse na investigación científica.
En 1819 descubriu a piezoelectricidade. En 1825 inventou un galvanómetro diferencial para a medición exacta da resistencia eléctrica. En 1829 descubriu, coa axuda do seu fillo A.E. Becquerel, o efecto fotoeléctrico nun eléctrodo inmerso nun líquido condutivo.
En bioquímica traballou nos problemas da calor animal e nos fenómenos que acompañan ao crecemento das plantas, e tamén dedicou moito tempo a problemas e observacións meteorolóxicos.
Foi profesor de física no Museo de Historia Natural de París dende 1837.
O seu neto Henri Becquerel descubriu a radioactividade.
Obra escrita
[editar | editar a fonte]Foi un escritor prolífico, autor de máis de cincocentos artigos e libros. Entre eles cóntanse os seguintes:
- Traité de l'électricité et du magnétisme (1834-1840).
- Traité de physique dans ses rapports avec la chimie (1842).
- Elements de électro-chimie (1843).
- Traité complet du magnétisme (1845).
- Elements de physique terrestre et de météorologie (1847).
- Des climats et de l'influence qu'exercent les sols boisés et non boisés (1853).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antoine César Becquerel ![]() |