Conversa Wikipedia:Wikiproxecto 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Penso que sería bo ir marcando na portada do Wikiproxecto as seccións das que vaiamos poñendo o logo en todos os artigos para facilitarnos o traballo mútuamente. Eu comecei a mirar varias seccións da lista e as fun poñendo para que se saiba que todos os artigos desa sección teñen xa o correspondente logo. Saúdos!! Piquito (conversa) 10 de maio de 2013 ás 11:33 (UTC)[responder]

Obxectivos urxentes[editar a fonte]

Que opinades de propoñernos como obxectivo urxente chegar a 100 artigos longos? Actualmente temos 86, polo que é un obxectivo relativamente doado. Piquito (conversa) 10 de maio de 2013 ás 11:56 (UTC)[responder]

Boa idea, paso a incluílo. --JaviP96 10 de maio de 2013 ás 13:20 (UTC)[responder]

Boas novas![editar a fonte]

Bos días a todos, antes de contar as boas novas bou explicar o método utilizado para calcular o tamaño dos artigos en Meta-Wiki. O que fan é multiplicar os caracteres do artigo (ollo! caracteres, non o tamaño, para saber os caracteres podedes utilizar un editor de texto ou unha ferramenta coma esta) polo número utilizado para eliminar as diferenzas derivadas do idioma. Sobre o que vos teño que falar é precisamente sobre este número utilizado para a Galipedia, que ata agora era 1,1, o mesmo que outras wikis como a española ou a catalá. Os que tedes traducido artigos destas wikis seguro que vos destes conta de que o tamaño do artigo en galego é menor, tendo o mesmo texto. Para tentar solucionalo, pregunteille ao usuario que leva a clasificación por esta diferencia, e despois dun par de mensaxes concluímos que había un erro, e que no canto de 1,1, os caracteres do artigo da Galipedia se debían multiplicar por 1,2, cousa que comezará a pasar o mes que ben. Quizais pensades que isto pouco cambia as cousas, pero aínda cambia bastante a cousa, vexamos algúns exemplos:

Artigo Tamaño na Galipedia Caracteres por 1,1 Caracteres por 1,2
Lenin 133.212 bytes 143.259 156.283
Ciencia 214.117 bytes 229.000 249.818
Leonardo da Vinci 99.551 bytes 107.326 117.083
Canal de Suez 8.176 bytes 8.798 9.597
Frauta 26.308 bytes 28.354 30.932
Apartheid 22.463 bytes 24.175 26.372

Se tedes curiosidade por ver a conversación enteira podédelo facer aquí (en inglés) Saúdos! --JaviP96 22 de maio de 2013 ás 19:14 (UTC)[responder]

Artigos de calidade[editar a fonte]

Puxen na lista de artigos a estreliña dos artigos que son de calidade na Galipedia, non sei qué vos parece, penso que pode ser útil. Esperemos nun futuro non moi lonxano ter moitas máis das tres estreliñas que temos agora mesmo. Un saúdo! Piquito (conversa) 15 de xullo de 2013 ás 13:27 (UTC)[responder]

Selección de artigos[editar a fonte]

Ola, alguén sabe quen elixiu eses 1000 artigos e con que criterio? En concreto: por que está o che nesa listaxe? Saúdos --Nemigo 16 de agosto de 2013 ás 02:08 (UTC)[responder]

Pódese consultar o proceso de decisión na páxina de conversa da lista, que non é pechada e está a actualizarse decote. --Estevo(aei)pa o que queiras... 16 de agosto de 2013 ás 08:11 (UTC)[responder]

De novo un intruso[editar a fonte]

Acabo de notar que temos 1.001 artigos na listaxe. A ver quen dá co intruso. --Xosé Antonio (fálame sempre) 11 de setembro de 2013 ás 22:50 (UTC)[responder]

Feito! Feito!. O intruso era Catarrhini. --JaviP96 11 de setembro de 2013 ás 23:31 (UTC)[responder]

Pois, de novo, temos un de máis!! --Xosé Antonio (fálame sempre) 25 de outubro de 2013 ás 21:01 (UTC)[responder]

Pero é que non hai forma! esta lista por que non ten a mesma orde que a lista en inglés? Así sería moito máis doado controlar as discrepancias..., mira si será complicada a cousa que a min me sae que temos un artigo de menos! Vou facer unha lista nas miñas subpáxinas para ver se o atopo e logo se queda ben aviso para que lle botedes un ollo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de outubro de 2013 ás 22:52 (UTC)[responder]
Isto é un lío, segundo vexo na lista orixinal de meta faltaríanos o artigo fábula, pero o raro é que non sae na lista dos artigos que nos faltan... Actualicei a lista e os artigos quitando alfabeto cirílico e alfabeto grego e cambiándoos por silabario e Devanāgarī. Tamén quitei Hangul e alfabeto latino e metín alfabetización. Aínda que segundo as miñas contas falta o artigo fábula, na categoría agora hai 1000 artigos, o cal quere dicir que na lista hai un que non debería estar... Hai varias cousas que non cadran... Se queredes ver a lista coa orde de meta está en Usuario:Elisardojm/Lista dos 1000, non a revisei toda, mañá a ver se sigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de outubro de 2013 ás 02:18 (UTC)[responder]
O problema é que alguén lle pon o logo dos 1000 artigos a algún que non o é. A cousa ía ben este último mes. Digo eu se non hai maneira de alertar cando algún artigo entra ou sae da lista? De ser posíbel sería moi doado atopar os erros. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 26 de outubro de 2013 ás 09:40 (UTC)[responder]
Eu o que estou dubidando é se a nosa lista estará ben actualizada xa que levo revisados menos de 400 artigos e mira todas as diferenzas que atopei. E o que non entendo é como non "salta" por aí que non temos o artigo fábula, na lista en catalán tampouco teñen ese artigo, non sei se preguntarlles a eles se saben o que está pasando. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de outubro de 2013 ás 10:01 (UTC)[responder]
Deixei un comentario no proxecto da Viquipèdia a ver se me aclaran algunhas cousas, logo tentarei revisar de novo a lista. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de outubro de 2013 ás 15:45 (UTC)[responder]

E pregunto eu, a clasificación faise só en base ós artigos da lista, ou en base a tódolos artigos que hai na wiki? É que non me cadra que falte o artigo fábula e non pase nada. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de outubro de 2013 ás 01:00 (UTC)[responder]

Elisardo, xa achei a razón das túas desventuras! Primeiro dicirche que a clasificación faise en base ós artigos da lista, por certo xa volvemos a ter os 1000 artigos (non sei que pasou co intruso). O desconcerto que tes ven dun cambio que fixo o usuario C933103 na List of articles every wikipedia should have o 9 de outubro. Resulta que cambiou de golpe e, na miña opinión, precipitadamente nada menos que 6 artigos (cambiou Giza Pyramids, Hangul, Cyrillic script, Greek script, Latin script e Arabic script por Giza Necropolis, Syllabary, Devanagari, Alphabet, Religious text e Fable). A nosa lista concorda coa existente xusto antes dese cambio, e creo que polo de agora debemos deixala así. Na páxina de discusión da lista, sección For my previous edit deixei un comentario opoñéndome aos cambios, que por certo non foron expostos na lista de Recent changes. Porén, moito me temo que na clasificación deste mes imos estar sen o artigo que mencionas de Fábula. Saúdos, -Xosé Antonio (fálame sempre) 1 de novembro de 2013 ás 00:08 (UTC)[responder]
Xa atopei algunhas cousas: si, a clasificación faise cos datos destes 1.000 artigos, e o artigo fábula non aparece entre os que nos faltan porque resulta que o engadiron á lista no mes de outubro e como a lista de artigos ausentes se xenera de forma automática a cousa non saltará ata o día 4 ou 5 que é cando se pasa o bot. Tamén atopei que a lista que temos está un pouco desactualizada, polo menos non están actualizados tódolos cambios que houbo en outubro, a ver se esta finde a reviso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de novembro de 2013 ás 03:37 (UTC)[responder]
Vaites!, xusto acabo de decatarme agora do conto! :) Grazas Xosé Antonio :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de novembro de 2013 ás 03:40 (UTC)[responder]
Ah, e se queres deixar a lista como a tiñamos entón haberá que desfacer os cambios que fixen na lista (quitei as linguas e algo máis) e tamén nos artigos...--Elisardojm (conversa) 1 de novembro de 2013 ás 03:48 (UTC)[responder]
Supoño que o mellor é deixala como estaba antes do 9 de outubro e agardar a que se aclare todo isto. Deberiamos guiarnos pola lista de Recent changes. Chámame un pouco a atención que non haxa ningún supervisor da páxina que controle dalgunha maneira os cambios, pois a este paso a lista pode converterse nun espello das preferencias persoais de cada un e estar a facer cambios cada dous por tres, cando deberiase tender ao contrario, a facer unha lista estábel con poucos e moi consensuados cambios. Quizais non estaría de máis propor alí isto ou algo semellante. Que opinades? --Xosé Antonio (fálame sempre) 1 de novembro de 2013 ás 15:00 (UTC)[responder]

Engadín dous artigos que faltaban na lista e atopei o intruso: Radiactividade que debe ser fusionado con Radioactividade que é o correcto e que debe estar na lista. Sobre o tema da supervisión da páxina a min tamén me parece raro que non haxa máis supervisión, mañá mirarei a ver se atopo algo sobre iso. Ah, e tamén restaurei a lista e os artigos á versión de antes do 9 de outubro. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de novembro de 2013 ás 02:06 (UTC)[responder]

Mirei os arquivos da lista e non parece haber demasiado control nos cambios da lista, así foi que os cambios que se fixeron neste último mes non foron consensuados. O estraño é que non teñan ningún sistema de votación aínda que sexa mínimo despois de tanto tempo... Podería proporse que polo menos cada cambio para incluir unha entrada se acompañe cun artigo a eliminar e que teña que ter dous votos a favor (ou algo semellante que sexa sinxelo, quizais unha porcentaxe de votos a favor cun mínimo de votos...) antes de poder aplicarse. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de novembro de 2013 ás 02:52 (UTC)[responder]
Bo traballo, Elisardo! Non é doado dar cos intrusos. Canto o das propostas que fas para controlar os cambios semellan sensatas. Eu engadiría que todos os cambios que se fagan se reflictan na lista de Recent changes. Ultimamente non ando moi sobrado de tempo (verás que as miñas contribucións baixaron bastante este mes), pero se te animas a facer a proposta conta co meu voto. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 2 de novembro de 2013 ás 23:08 (UTC)[responder]
Non, foi un cholliño de coidado e por iso pensei en facer, a maiores das categorías por tamaño, categorías por tema para poder "cazar" os intrusos de forma máis doada, cando o teña listo e vexa que funciona xa vos aviso. O da proposta é que non sei que me da facela, paréceme tan estraño que despois de todos estos anos non teñan unha cousa mínima para controlar a lista..., e por suposto que habería que poñer os cambios en Recent changes. Despois de facer as categorías mirarei o de poñer a mensaxe en meta. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de novembro de 2013 ás 00:17 (UTC)[responder]

Acabo de comprobar que xa fixeron os cambios na lista en inglés dos 1.000 artigos, e quedou como estaba o 9 de outubro antes dos cambios múltiples. Polo tanto o derradeiro cambio foi o de Cordado por Molusco. Como Elisardo xa deixou a lista como estaba nesa data, temos todo ao día e non nos falta ningún artigo dos 1.000. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 4 de novembro de 2013 ás 22:18 (UTC)[responder]

Xenial, a ver se deixan de liarse tanto. Eu vou seguir entón coas categorizando por temas, cando esté xa vos aviso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de novembro de 2013 ás 10:56 (UTC)[responder]

Artigos que melloran a clasificación[editar a fonte]

Atopei esta listaxe que axuda a atopar as achegas que mellorarían a posición da Galipedia. Actualízase cada mes e mistura os artigos populares cortos, os que incrementando un chisco aumentarían considerablemente a posición e os máis pequenos.--Goresquiunha fechiña? 13 de outubro de 2013 ás 21:49 (UTC)[responder]

Subimos un posto en novembro![editar a fonte]

Parabéns! Xa estamos no posto 22 e somos a segunda wikipedia que máis medrou este mes. Se non fose polos cambios que se fixeron alegremente, igual obtíñamos o primeiro posto no crecemento. É unha mágoa pero que isto non nos desanime. Ademais estamos a piques de entrar no reducido club das wikis con máis de 40 puntos. A por eles!! --Xosé Antonio (fálame sempre) 4 de novembro de 2013 ás 20:16 (UTC)[responder]

Xenial. E outra cousa, para facilitar as buscas de artigos perdidos xa rematei as categorías de artigos por tema. Revisei o número coa lista que temos e coa lista de meta e todo coincide así que a cousa pinta ben. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de novembro de 2013 ás 03:11 (UTC)[responder]

4 intrusos![editar a fonte]

Benqueridos compañeiros, temos que ter moito coidado con poñer o logo dos 1000 artigos nas páxinas, pois agora temos 1.004 artigos na lista dos 1.000. Se fosen todos da lista sería caralludo pois teriamos agora 41,74 puntos (rozando o posto 20). Ocórreseme que eses catro artigos de máis poden vir da malla que se está a facer nestes días. Se algún de vos estivo aquelando algún artigo, non estaría de máis comprobar se hai duplicidade na lista. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 23 de xaneiro de 2014 ás 22:35 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Non foi nada, só se prepararon catro artigos do tipo "Historia urbana de X" para fusionar coas súas cidades, que eran da lista dos 1000, e ó copiar o contido do artigo copiouse tamén o modelo dos mil. Xa os fusionei e agora voltamos á normalidade. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de xaneiro de 2014 ás 09:27 (UTC)[responder]
Grazas por amañalo, Elisardo. E parabéns pola túa idea da malla, non só pola limpeza que se fai senón tamén porque fixo medrar considerabelmente a nosa puntuación na lista dos 1000 artigos, xa temos 41,67 puntos. Cunhas poucas décimas máis antes de que remate o mes pode que academos o posto 20, pois este posto ocúpabao o mes pasado o finés con 41,70. Un obxectivo a longo prazo que nos marcamos hai menos dun ano!! Ademais están a piques de caer outros dous obxectivos a curto prazo: chegar aos 200 artigos longos (xa temos 199) e baixar dos 400 bosquexos (temos 415). A guinda sería que este mes conseguíramos o primeiro posto no crecemento. Sinto non ter tempo dabondo nestes días para participar na malla. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 24 de xaneiro de 2014 ás 16:49 (UTC)[responder]
Ben, supoño que a actividade da malla axuda un pouco (hai que ter en conta que esta actividade só dura esta semana e o traballo da lista avalíase de forma mensual), pero o que eu estiven vendo é que hai varios usuarios que están traballando arreo nos artigos da lista e para min que esa actividade é a que está dando estes froitos. Sexa como for, parabéns para todos os que achegades o voso esforzo nesta tarefa, e que siga así moito tempo! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de xaneiro de 2014 ás 20:49 (UTC)[responder]

Artigo que falta[editar a fonte]

Alguén sabe por que na lista pon que falta o artigo Abbásida se realmente o temos? Haberá que tentar amañar isto, non? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de xaneiro de 2014 ás 10:22 (UTC)[responder]

Non te amoles, o mes pasado alguén alleo á Galipedia cambiou a ligazón á dinastía Abbásida no canto do califato Abbásida. Xa cambiei outra vez a ligazón e mellorei o artigo. O próximo mes aparecerá na lista de wikimedia. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 29 de xaneiro de 2014 ás 11:27 (UTC)[responder]
Eu o dicía porque como xa van 3 meses que sae na estatística que falta un artigo..., se volve aparecer para o mes que ven mosquéome! ;) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de xaneiro de 2014 ás 12:05 (UTC)[responder]

Artigo divisa[editar a fonte]

Na lista temos o artigo divisa que polos interwikis liga a currency pero para min isto é incorrecto, creo que habería que revisar os interwikis. Sobre este tema temos tamén os artigos moeda e diñeiro que tamén habería que revisar os seus interwikis. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de febreiro de 2014 ás 13:50 (UTC)[responder]

  1. Concordo Eu xa deixei na paxina de conversa do artigo divisa o meu parecer; texto que copio e poño aqui.
Este artigo esta catalogado como un dos mil que toda wikipedia deveria ter, cando penso eu que o que deveria estar é o de moeda -en caso de que eu estea equivocado alguien poderia sacarme do meu erro?. E se fora como eu penso creo que haveria que trocar as ligazóns as outras wikipedias.

---Alfonso mande 6 de febreiro de 2014 ás 14:21 (UTC)[responder]

Currency en galego tanto pode ser divisa como moeda, por exemplo [1] pero claro que é a divisa: segundo o dicionario unha moeda estranxeira, aínda que nunha definición máis especializada podería dicirse que son activos financeiros en moeda estranxeira e para min o lóxico sería que moeda ligase a currency, que é do que trata o artigo en inglés.--Sernostri (conversa) 6 de febreiro de 2014 ás 15:55 (UTC)[responder]
Deixo un artigo breve en castelán sobre a divisa, onde se dá a definición de divisa que adopta o FMI [2] creo que é interesante para valorar o que é divisa e creo que reforza que o artigo inglés currency está máis relacionado con moeda que con divisa.--Sernostri (conversa) 6 de febreiro de 2014 ás 16:07 (UTC)[responder]


Ante todo, dicir que non teño idea de economía. O que fixen foi mirar as ligazóns de wikis próximas á nosa con certas páxinas da inglesa e obtiven o seguinte:

  • en:currency liga con gl:divisa, es:divisa, pt:moeda, ca:moneda e fr:devise(monnaie).
  • en:legal tender liga con gl:moeda, es:moneda de curso legal, pt:corso forçado e fr:cours légal. A catalana non ten ligazón.
  • en:coin liga con gl:moeda (peza metálica), es:moneda, pt:moeda (peça), ca:moneda (peça de metall), fr:pièce de monnaie.
  • en:banknote liga con es:papel moneda, pt:papel moeda, ca:billet de banc, fr:billet de banque. Nos non temos ligazón.
Xa vedes que hai certa homoxeneidade en coin e en banknote. Non ocorre o mesmo con currency e legal tender. As wikis francesa, española e galega ligan currency con divisa (salientar que na páxina francesa están os dous conceptos: devise (monnaie), que me parece unha boa solución) , mentres que a portuguesa e a catalana lígano con moeda. Por último legal tender liga con moeda na española e galega, e curso (forçado e legal) na portuguesa e francesa.
Como podedes ver hai para todos os gustos. A min gústame a solución francesa pois ao ser moeda unha palabra polisemántica, ponse entre paréntese o significado en cuestión. Polo tanto eu deixaría as ligazóns como están pero cambiando o nome da páxina de divisa a divisa (moeda) ou moeda (divisa). Tamén se podería facer de moeda unha páxina de homónimos, chamándolle moeda de curso legal á que agora se chama moeda; e non sei se unha redirección de divisa a divisa (moeda) ou moeda (divisa). Non sei se me liei moito! Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 6 de febreiro de 2014 ás 19:40 (UTC)[responder]
Na wikipedia francesa non é que devise (monnaie) indique os dous conceptos é simplemente que devise é unha páxina de homónimos.--Sernostri (conversa) 6 de febreiro de 2014 ás 19:56 (UTC)[responder]
O concepto xeral é moeda, onde se pode falar da peza metálica, dos billetes, das divisas ou incluso das cunchas que se empregaron como moeda, pero nun artigo co título de divisa non se pode falar nin das cunchas nin sequera das moedas gregas, xa que divisa é un concepto moderno ligado á aparición de mercados especulativos e dos bancos centrais..--Sernostri (conversa) 6 de febreiro de 2014 ás 20:40 (UTC)[responder]
Xa para rematar, desde o meu punto de vista currency habería de ligar con moeda; legal tender con moeda de curso legal (existiron e existen moedas locais que nunca foron de curso legal), coin con moeda (peza metálica) e banknote con papel moeda; divisa é posible que non ligue ningún artigo inglés xa que en inglés non hai unha palabra específica que diferencie unha divisa (currency) da moeda (para eles tamén currency) pero non pasa nada, existen en todas as linguas casos semellantes, por exemplo en castelán mentres diferencian "pez" e "pescado", ou "manteca" e "mantequilla" non diferencian o "vermello" do "roxo"--Sernostri (conversa) 6 de febreiro de 2014 ás 21:00 (UTC)[responder]
Estou dacordo con este último comentario de Sernostri, e por min pode aplicarse xa. Tan só un engadido, na wiki inglesa para divisa, foreign currency, teñen unha redireción a currency. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de febreiro de 2014 ás 23:01 (UTC)[responder]
Xa dixen que non tiña idea de economía, só fixen unha análise comparativa e vexo que por outras wikis andan tan perdidos coma min. Os argumentos de Sernostri son coherentes, polo tanto Concordo coa súa proposta, mais direi que en castelán si que se diferencia, como en galego, entre vermello (castelán: rojo ou bermejo) e roxo (castelán: pelirrojo e, outra acepción, rubio). Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 6 de febreiro de 2014 ás 23:09 (UTC)[responder]
Concordo coa proposta de Sernostri, e se estamos dacordo deveriamos poñernos a facer os cambios pertinentes--Alfonso mande 9 de febreiro de 2014 ás 19:29 (UTC)[responder]

Por fin amañei isto, agora o artigo que pertence á lista dos 1000 é moeda. Saúdos, Elisardojm (conversa) 13 de febreiro de 2016 ás 23:50 (UTC)[responder]

Erro no cálculo do tamaño?[editar a fonte]

Levo varios meses comprobando que a puntuación que aparece na lista das wikipedias é lixeiramente superior á que nos calculamos. Concretamente, o día 6 de febreiro, na lista deste mes acredítanos 206 artigos longos, 389 artigos e 405 bosquexos. Ese mesmo día comprobei que segundo os nosos cálculos tiñamos 203 artigos longos, 392 artigos e 405 bosquexos, é dicir, 3 artigos longos menos que os que nos acredita wikimedia (de feito, agora mesmo segundo os nosos cálculos temos 204 artigos logos, 2 menos que os da lista de wikis). Supoño que o erro debe estar no número fronteira entre os artigos longos e os artigos pois o coeficiente que usamos, 1,2, creo que é o correcto. Alguén sabe algo disto? --Xosé Antonio (fálame sempre) 7 de febreiro de 2014 ás 16:48 (UTC)[responder]

Falta Igrexa Católica Romana[editar a fonte]

Segundo a lista de meta fáltanos o artigo Igrexa Católica Romana. Eu penso que é un problema nos interwikis pero agora non o podo revisar, se alguén ten un momento a ver se o pode amañar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de abril de 2014 ás 12:05 (UTC)[responder]

Xa estou no tema. O que pasou é que un checo creou unha páxina nova no wikidata co nome de Catholic Church (Q15924454) e meteu o noso artigo ahí. Xa lle deixei un comentario na súa páxina de conversa no wikidata: [3] e estou agardando a ver que razóns dá, que se non son moi fortes xa cambio a ligazón a Roman Catholic Church (Q9592). Saúdos --Xosé Antonio (fálame sempre) 9 de abril de 2014 ás 15:49 (UTC)[responder]
Grazas Xosé Antonio. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de abril de 2014 ás 16:47 (UTC)[responder]

Solucionado! Como non recibín resposta, mudei a nosa páxina a onde estaba e ten que estar: Q9592 (Roman Catholic Church). De tódolos xeitos deixei expostos os motivos para o cambio na páxina de conversa: [4]. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 11 de abril de 2014 ás 23:50 (UTC)[responder]

Moitas grazas Jose. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de abril de 2014 ás 09:43 (UTC)[responder]

Falta un artigo na categoría por tamaño[editar a fonte]

Boas, acabo de actualizar Modelo:Evolución tamaño 1000 artigos e polo que parece falta un artigo en Categoría:Artigos que toda Wikipedia debería ter (por tamaño), alguén podería atopalo? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de novembro de 2014 ás 02:10 (UTC)[responder]

Revisei a lista de inventores, científicos e matemáticos (por aquelo do editatón) e semella estar ben. Xa irei comprobando outras, saúdos. --Xosé Antonio (fálame sempre) 4 de novembro de 2014 ás 23:14 (UTC)[responder]
Están os 1.000 artigos co marcador. O erro está na Categoría:Artigos que toda Wikipedia debería ter (máis de 30 kB). Non son 236 artigos de máis de 30kB senón 237; na primeira páxina da listaxe aparecen os 200 primeiros artigos, e na segunda páxina os 37 restantes pero, non sei por que razón, só conta 36. De feito dí As seguintes 37 páxinas están nesta categoría, dun total de 236. Sospeito que o problema está no artigo de Vincent van Gogh que é o único dos 1.000 que ten un nome común có dunha categoría, o cal debe provocar algún tipo de interferencia na contaxe dos artigos. É unha intuición que teño mais os meus coñecementos técnicos non chegan para arranxar o problema. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 6 de novembro de 2014 ás 00:10 (UTC)[responder]
Tes razón Xosé, está ben o número de artigos pero parece que o sistema cóntaos mal. Non sei cal será a razón e tampouco teño os coñecementos para amañalo, supoño que terá que quedar así, polo menos polo momento. Moitas grazas pola busca. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de novembro de 2014 ás 08:25 (UTC)[responder]
De tódolos xeitos ata hai pouco estaba ben. É extraño, --Xosé Antonio (fálame sempre) 6 de novembro de 2014 ás 11:32 (UTC)[responder]

artigo ausente[editar a fonte]

No mes de novembro aparece como ausente o artigo Elefante, dado que en Wikidata está ligado cos artigos Elephantidae (Q2372824) e non do xénero (Q7378). --Estevo(aei)pa o que queiras... 7 de novembro de 2014 ás 11:27 (UTC)[responder]

A historia repítese. Estiven revisando o historial en wikidata de Q7378 (Elephant, que é o que está na lista dos 1.000) e Q2372824 (Elephantidae) porque me soaba o cambio. O cambio da ligazón da páxina de Q7378 a Q2372824 fíxoa Vivaelcelta o 30 de outubro de 2014. O 6 de xullo de 2013 xa fixera o mesmo cambio o usuario Ykvach, cambio que foi revertido por Chairego o 4 de agosto de 2013, xusto despois de saír a lista do mes de agosto dese ano e percatarse que, coma agora, aparecía como artigo ausente. Eu non son experto no tema dos elefantes pero acabo de repasar os artigos en inglés Elephant e Elephantidae e compareinos co noso Elefante. A verdade é que o noso ten partes dos dous artigos en inglés, pero a única diferenza entre os Elefantes e os membros da familia Elephantidae son os extintos mamuts, é dicir, os elefantes (africanos e asiáticos) son os únicos membros non extintos desa familia. De tódolos xeitos o artigo da wiki inglesa Elephant, que está en Q7378, fala tamén da especie extinta coma no noso (de feito a sección Evolución e parentes extintos do noso é tradución literal da sección Evolution and extinct relatives de Elephant). Ademais temos tamén a páxina Elephantidae que é unha redirección a Elefante. Na miña opinión deberíamos deixar a ligazón de Elefante a Q7378, como estaba antes do cambio de Vivaelcelta e, se cadra, quitar a redirección de Elephantidae e redactala, pero insisto que non son experto no tema. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 7 de novembro de 2014 ás 20:21 (UTC)[responder]
Entón fixen ben os cambios? --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 8 de novembro de 2014 ás 02:19 (UTC)[responder]
Xa Alfonso desfixo os cambios. Penso que está mellor así. --Xosé Antonio (fálame sempre) 9 de novembro de 2014 ás 19:21 (UTC)[responder]

50 puntos[editar a fonte]

Segundo os meus cálculos xa sobrepasamos os 50 puntos (50,01 para ser exactos), fito que só conseguiron 14 wikipedias antes ca nosa, estamos de noraboa. A ver se pasiño a pasiño conseguimos recupera-lo posto 14 que nos arrebatou en maio deste ano a wikipedia serbocroata cun crecemento desmedido nese mes de 11,56 puntos!!! Un pouco extraño, non si? Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 26 de setembro de 2015 ás 01:34 (UTC)[responder]

Xenial, pouco a pouco seguimos avanzando! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de setembro de 2015 ás 00:10 (UTC)[responder]

Stubs que están próximos a seren Artigos[editar a fonte]

Como proposta de traballo, a continuación vai unha lista de artigos curtos de menos de 10 Kb ós que lles falta pouco para seren artigos de entre 10 e 30 Kb. Con aproximadamente 8.800 bytes xa pasan de 10 Kb debido ó factor de corrección. Na lista recollo os que teñen máis de 7.000 bytes:

Cada un destes Stubs que pase a ser Artigo supón un incremento de 0,03333 puntos na lista. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 29 de setembro de 2015 ás 22:29 (UTC)[responder]

Bos datos Xosé, eu vou poñerme agora mesmo con ordenador, a ver se lle dou un empurrón. Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de setembro de 2015 ás 07:24 (UTC)[responder]

Feito! Feito! --Xosé Antonio (fálame sempre) 31 de outubro de 2015 ás 22:23 (UTC)[responder]

Artigos que están próximos a seren Artigos grandes[editar a fonte]

Igual ca na sección anterior, vai unha relación de artigos con máis de 20.000 bytes que están próximos ós aproximadamente 26.000 bytes que lles dan a categoría de Artigos grandes:

Cada un destes Artigos que pase a ser Artigo grande supón un aumento de 0,05555 puntos na lista. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 29 de setembro de 2015 ás 22:56 (UTC)[responder]

Os que estaban sen facer paseinos á nova sección de "Artigos facilmente ampliables" Feito! Feito!--Xosé Antonio (fálame sempre) 11 de xullo de 2017 ás 00:01 (UTC)[responder]

No bo camiño[editar a fonte]

Parabéns á comunidade. Creo que pode considerarse un fito o feito de termos máis artigos de máis de 30 kB (286) ca artigos de menos de 10 kB (267). Ánimo, e a seguir! --Estevo(aei)pa o que queiras... 27 de outubro de 2015 ás 00:38 (UTC)[responder]

Si que é un fito importante pero en realidade son 287 e 268 artigos respectivamente. O contador nonestá ben: hai que sumar 1 aos anteriores e restarlle 2 aos de entre 10 e 30 kb. Agora a recuperar o posto 14! --Xosé Antonio (fálame sempre) 27 de outubro de 2015 ás 16:29 (UTC)[responder]

Máis Artigos Pequenos que están próximos a seren Artigos Medianos[editar a fonte]

Como xa se rematou a lista anterior, velaí vai outra cos artigos pequenos que pasan dos 6.000 bytes. Lembro que pasa a ser Artigo Mediano con aproximadamente 8.800 bytes.

Espero non ter esquecido ningún. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 31 de outubro de 2015 ás 22:18 (UTC)[responder]

Os que estaban sen facer paseinos á nova sección de "Artigos facilmente ampliables" Feito! Feito!--Xosé Antonio (fálame sempre) 11 de xullo de 2017 ás 00:03 (UTC)[responder]

Localizados os dous artigos de máis[editar a fonte]

Boas, levoume un tempo pero xa din cos dous artigos que sobraban, eran Irineo de Lión e Papías de Hierápolis, artigos creados por Osarsan. Xa lle deixei unha nota para que tivese máis coidado. Ao mesmo tempo achei un par de erros na lista de artigos e fixen os arranxos oportunos. Saúdos --Xosé Antonio (fálame sempre) 2 de febreiro de 2016 ás 21:56 (UTC)[responder]

Xenial Xosé Antonio eu xa o dera por imposible!, menos mal que os atopaches! :) Penso que habería que poñer un aviso gordo no modelo para evitar que isto pase outra vez, mirarei a ver se podo facerlle algo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de febreiro de 2016 ás 02:19 (UTC)[responder]
Non te mates co de poñer un aviso. Para min que Osarsan copiou dalgunha páxina das 1000 a ficha de santo e pegouna nas que fixo, e como o marcador dos 1000 está xusto enriba da ficha pois pegou de máis sen darse conta. O aviso non sería efectivo neste caso. O que si sería interesante é que nas listaxes das subcategorías da Categoría:Artigos que toda Wikipedia debería ter (por tamaño) aparecera o tamaño dos artigos que están na listaxe pois así sería máis doado atopar os artigos que están próximos á categoría superior, pero non sei se é posíbel facer iso. Saúdos --Xosé Antonio (fálame sempre) 4 de febreiro de 2016 ás 20:40 (UTC)[responder]
Iso non creo que se poida facer, eu polo menos nunca o vin nin sei como facelo, xa que esa é a lista de artigos que están na categoría e esa lista xérase automaticamente... Non sei se Banjo poderá ter algunha idea para facer algún trebello que poida axudar con isto. Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de febreiro de 2016 ás 09:14 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── En Especial:Árbore de categorías e con {{#categorytree:Artigos que toda Wikipedia debería ter (por tamaño)|hideroot|mode=pages}} pode sacarse unha lista das páxinas en cada categoría e subcategorías, pero non se pode ver o tamaño de cada páxina ahí directamente. Adaptar un novo trebello para que se vexa o tamaño de cada unha teoricamente debería ser posible, pero non estou moi familiarizado con eles. O bot ó mellor si pode argallar algo. Non prometo nada, pero botarei un ollo. Banjo tell me 5 de febreiro de 2016 ás 10:51 (UTC)[responder]

Moitas grazas Banjo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de febreiro de 2016 ás 11:42 (UTC)[responder]
Xa imaxinaba que non sería doado. Era só unha idea pero non te mates por iso. Grazas --Xosé Antonio (fálame sempre) 5 de febreiro de 2016 ás 12:40 (UTC)[responder]

Radiación electromágnética e onda electromagnética[editar a fonte]

Boas, alguén cambiou este mes o artigo Radiación electromagnética no wikidata, provocando que este mes teñamos un artigo que falta dos 1000. Volvín deixar as cousas como estaban. Puxeran o artigo con en:Electromagnetic wave, pero resulta que na wiki inglesa ese artigo redirixe a en:electromagnetic radiation, exactamente igual que na nosa wiki. Algún físico pode axudar a desfacer o lío? A min dame que ambos conceptos son sinónimos, e non me parece lóxico que na lista dos 1000 apareza unha redirección como ocorre na wiki inglesa. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 7 de outubro de 2016 ás 20:10 (UTC)[responder]

Pois non, non son sinónimos, está ben claro na wiki francesa: Il convient de bien distinguer : le rayonnement électromagnétique, qui est le phénomène étudié, et l'onde électromagnétique, qui est une des représentations du phénomène. Polo tanto desfago o cambio que fixen, e a redireccíon escribindo un pequeno texto en Onda electromagnética. De tódolos xeitos, só hai 11 wikis coas dúas páxinas; e en 7 desas 11, unha das páxinas redirixe á outra. Só teñen texto nas dúas páxinas as wikis francesa, rusa, ucraína e a bielorrusa. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 7 de outubro de 2016 ás 23:22 (UTC)[responder]
Xosé Antonio, ademais de quitar o modelo dos 1000 hai que quitar a categoría na que se dividen os artigos, neste caso Ciencia, xa que esas categorías son útiles para atopar artigos que falten. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de outubro de 2016 ás 14:58 (UTC)[responder]
Si, tes razón. Esquecérame. Xa o fago, saúdos --Xosé Antonio (fálame sempre) 9 de outubro de 2016 ás 19:28 (UTC)[responder]

Artigos próximos a seren artigos grandes[editar a fonte]

A seguinte é unha relación de artigos cuxo tamaño está entre 20.000 e 26.000 bytes. Aproximadamente a partir deste tamaño pasan a ser artigos grandes, cun incremento de 0,05555 puntos na lista de wikipedias:

Xa non temos artigos curtos. Só queda por facer grandes os que son medianos. A por eles! Xosé Antonio (fálame sempre) 2 de novembro de 2018 ás 19:49 (UTC)[responder]

Feito! Feito!

Tarefa a longo prazo feita?[editar a fonte]

Creo que a tarefa "Traducir ao galego a List of Wikipedias by sample of articles." xa está feita aquí, é só traducir iso? Se só é iso, xa o fixen. Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de setembro de 2017 ás 16:16 (UTC)[responder]

Coido que si! Grazas. --Chairego apc (conversa) 16 de setembro de 2017 ás 21:22 (UTC)[responder]
Bo traballo, Elisardo. Grazas.--Xosé Antonio (fálame sempre) 17 de setembro de 2017 ás 10:13 (UTC)[responder]

Traducións de ca.wiki[editar a fonte]

Levo xa unhas semanas traducindo os artigos da wiki en catalán e teño que dicir que é unha cousa bastante doada. Como a wiki en catalá xa ten todos os artigos da lista cun tamaño bastante grande, os seus artigos están bastante ben estruturados e teñen algunhas referencias, uns máis e outros menos. Pode usarse o tradutor Opentrad para axudar na tarefa (primeiro traducindo a castelán e logo a galego, indicando que marque as palabras que non coñece), hai que revisar con coidado a tradución pero axuda moito. E hai que cambiar os modelos, normalmente ref-libro por cita libro e logo revisar as ligazóns internas en vermello (dende o artigo en catalán), por se temos esa ligazón con outro nome. Con este sistema de traballo pode ampliarse un artigo calquera da lista, incluso os máis pequenos, en dous ou tres días sen moito esforzo. Se tedes calquera dúbida de como traducir os modelos ou os parámetros dos modelos, comentádea e miro se a podo solucionar. Recoméndovos este método porque a min está a darme moi bos resultados :) (Podedes ver os resultados en Chanakya , cereal, Base (química)...) Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de setembro de 2017 ás 08:04 (UTC)[responder]

E chuvia... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de setembro de 2017 ás 11:44 (UTC)[responder]

Apúntome ao Proxecto[editar a fonte]

Saúde a todos. Levo unhas semanas nun proxecto persoal a longo prazo que consistirá en mellorar os 1000 artigos de toda enciclopedia debería ter "de Ciencias", comezando cos de nivel 1 e subindo. Acábome de atopar con este wikiproxecto que descoñecía, así que me apunto para o que faga falta e usareino coma guía. --Viascos (conversa) 5 de abril de 2018 ás 08:55 (UTC)[responder]

Moi ben Viascos, eu levo un tempo desconectado del pero penso volver a el cando teña amañadas outras cousas. Penso que poderíamos concentrarnos en mellorar os poucos artigos que quedan de menos de 10k, así baleiramos esa categoría, e logo seguir cos da seguinte categoría, os de menos de 30k. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de abril de 2018 ás 10:15 (UTC)[responder]

Clasificación de artigos por tamaño incorrecta?[editar a fonte]

Boas, acabo de ver que Xosé Antonio puxo o artigo Fondo Monetario Internacional na categoría de artigos que hai que ampliar ata superar os 30.000 bytes..., e eu pensei, pero iso non pode ser, se ampliei o artigo e o disco quedou en verde... Mirei de novo o artigo e vin que efectivamente está en verde, e que tamén está na "Categoría: Artigos que toda Wikipedia debería ter (máis de 30 kB)", pero a miña sorpresa veu cando revisei o tamaño real do artigo, 26.270! Que está pasando? Como é posible que un artigo de 26.000 bytes estea na categoría dos que teñen un tamaño que supera os 30k?? Pois acabo de revisar o Modelo:1000 e para min que non está correcto, está metendo na categoría de artigos de menos de 10k os que teñen un tamaño de 8750, na categoría de artigos de máis de 10k os que teñen un tamaño menor de 26000, e na categoría de artigos de máis de 30k os que teñen un tamaño superior a 26000. Creo que isto non é correcto e por iso está a producirse este erro, creo que debería controlarse que os tamaños sexan menores de 10000 e menores de 30000, polo que hai que modificar o modelo..., non?

Debemos revisar isto porque se hai un erro, isto pode afectar moito á clasificación da Galipedia, xa que temos bastantes artigos na categoría de >30k pero que ó mellor realmente non o son e non están a puntuarnos por eles o que realmente deberían, cousa que poderíamos amañar con pouco traballo. Polo momento vou revisar o tamaño de tódolos que hai nesa categoría. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de xullo de 2018 ás 23:16 (UTC)[responder]

Acabo de atopar que o artigo Lingua alemá ten un tamaño de 29.354. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de xullo de 2018 ás 23:20 (UTC)[responder]
Boas Elisardo, non hai erro ningún, lembra que temos un coeficiente corrector de, creo lembrar, 1,3. Isto quere decir que se multiplica o tamaño real por ese número para obter o tamaño "compensado". O erro foi meu ao metelo no grupo dos artigos que están preto de seren grandes porque a min non me aparecía a cor verde no marcador. Xa o quito agora, grazas. Xosé Antonio (fálame sempre) 14 de xullo de 2018 ás 23:27 (UTC)[responder]
Alemaña nazi ten 28.581, Dante Alighieri ten 26.169, Hans Christian Andersen ten 27.601, Apartheid ten 26.311, Aristóteles ten 26.185, Avea común ten 27.278, Avicena ten 26.420. Estes son os que atopei que comezan por A. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de xullo de 2018 ás 23:35 (UTC)[responder]
Ah, menos mal! Pois entón nada, aclarado o tema :). Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de xullo de 2018 ás 23:38 (UTC)[responder]
Nesta mesma conversa, explícao moi ben JaviP96 na sección "Boas novas". O coeficiente é 1,2 Saúdos, Xosé Antonio (fálame sempre) 14 de xullo de 2018 ás 23:42 (UTC)[responder]
Tes razón, xa non me lembraba dese tinglado, intentarei explicalo un pouco na documentación do modelo para que non me volva pasar :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de xullo de 2018 ás 08:39 (UTC)[responder]

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────Pois Xosé Antonio, revisando iso de novo, atopo que 26.000 por 1,2 da 31.200, o que supera un chisco os 30.000. Se poñemos ese límite en 25.500, ó multiplicar por 1,2 daría 30.600, cantidade máis axustada e que faría a tarefa un pouco máis doada nalgúns casos... Na outra banda, o outro límite está no 8.750, que ó multiplicar po 1,2 da 10.500, o que xa está bastante axustado. Supoño que os cálculos son correctos, revisade por se metín a zoca, pero, que dicides? Cambiamos ese límite de caracteres para que os artigos grandes sexan un pouco máis doados de facer ou deixámolo así? Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de xullo de 2018 ás 08:53 (UTC)[responder]

Eu, deixaríao así. Os valores 26.000 e 8.800 sonaproximacións por exceso q pouco se diferencian dos valores exactos, e son números redondos, máis fáciles de lembrar. Saúdos, Xosé Antonio (fálame sempre) 15 de xullo de 2018 ás 19:28 (UTC)[responder]
Ok. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de xullo de 2018 ás 22:43 (UTC)[responder]

Clasificación de novembro[editar a fonte]

Por fin saíu a clasificación de novembro, mais penso que algún erro debe haber pois á galipedia dalle 419 artigos grandes e a min sáeme que temos 412 (incluído o de Bangladesh que aparece como non existente). Xosé Antonio (fálame sempre) 20 de novembro de 2018 ás 22:51 (UTC)[responder]

Si, eu tamén penso que son 412 artigos grandes. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de novembro de 2018 ás 23:23 (UTC)[responder]

Relación dos artigos menos extensos[editar a fonte]

A seguinte é a relación dos artigos de entre os 1000 que non chegan a 10.000 bytes que, en teoría, é a fronteira para seren considerados artigos medianos pero, polo coeficiente compensatorio que temos superior a 1, son considerados medianos. De tódolos xeitos, sería interesante amplialos xa que a media e o tamaño da mediana dos nosos artigos son sensiblemente inferiores aos das wikis con puntuacións similares á nosa. Ultimamente non hai moita actividade neste wikiproxecto, polo que esta lista (hai onde escoller) é unha invitación e unha suxestión para animar á xente a que colabore no wikiproxecto. Saúdos, Xosé Antonio (fálame sempre) 16 de febreiro de 2020 ás 22:18 (UTC)[responder]

Poñerei o marcador OK cando un artigo chegue aos 10.000 bytes e riscareino cando sexa artigo grande. Xosé Antonio (fálame sempre) 6 de abril de 2020 ás 21:54 (UTC)[responder]

Tres artigos novos na lista[editar a fonte]

Acabo de comprobar na List of articles every Wikipedia should have que hai tres novos artigos na lista, que son Jane Austen, Umm Kulthum e Sunnismo, que substitúen a Steven Spielberg, Édith Piaf e Xiísmo, respectivamente. Como queira que os tres novos artigos son tres artigos pequenos na nosa wiki, e que os que desaparecen da lista eran dous grandes e un mediano, isto supón unha perda de puntos nesta lista. Engado aquí estes tres artigos co seu tamaño:

Xosé Antonio (fálame sempre) 6 de febreiro de 2021 ás 11:15 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Todos os artigos teñen un tamaño superior aos 10Kb. Xosé Antonio (fálame sempre) 28 de xuño de 2021 ás 10:08 (UTC)[responder]

500 artigos grandes[editar a fonte]

Hoxe acadamos os 500 artigos grandes. A partir de agora haberá máis artigos grandes que medianos. Parabéns! Xosé Antonio (fálame sempre) 6 de decembro de 2020 ás 21:21 (UTC)[responder]

Artigos próximos a seren grandes (entre 20 e 26 Kb)[editar a fonte]

Completada a tarefa de ampliar os artigos máis pequenos, vai a continuación unha lista dos artigos medianos que están por riba dos 20 Kb:

Xosé Antonio (fálame sempre) 28 de xuño de 2021 ás 10:37 (UTC)[responder]

Novo artigo na lista dos 1000[editar a fonte]

Acaban de retirar o artigo ioga da lista e, no seu lugar, engadiron reencarnación, que o temos como un artigo pequeno de menos de 10 Kb. Saúdos Xosé Antonio (fálame sempre) 10 de decembro de 2023 ás 18:59 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Xa non é artigo pequeno Xosé Antonio (fálame sempre) 11 de decembro de 2023 ás 17:05 (UTC)[responder]