Ioga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Iogui en Birla Mandir
Iogui na postura do loto (padmasana), practicando pranayama.

O ioga é unha práctica e disciplina física, mental e espiritual centrada principalmente en prácticas de desenvolvemento humano, que ten a súa orixe na India e que están amplamente difundidas en todo o mundo.[1][2] Existen gran variedade de escolas, prácticas e obxectivos[3] dentro do hinduísmo, budismo (particularmente budismo vajrayana[4][5][6]), e xainismo.[7][8][9][8]

Historia e características[editar | editar a fonte]

As orixes do ioga atópanse nas tradicións indias pre-védicas, que foron desenvolvidas arredor dos séculos -VI e -V, durante os antigos movementos ascetas e śramaṇa.[10][10] A cronoloxía dos textos máis antigos que describen as prácticas de ioga non está clara, mais adoitan estar acreditadas os Upanishads hindús[11] e o Canon Pali,[12] probablemente do século -III ou posterior. O Ioga Sutras de Patanjali data da primeira metade do primeiro milenio,[13][14] pero só acadou prominencia en occidente no século XX.[15] Os textos ioga hatha xurdiron arredor do século XI que foi a orixe do tantra.[16][17]

Os gurús da India foron os introdutores do ioga en Occidente[18] seguindo o éxito de Swami Vivekananda a finais do século XIX e comezos do XX.[18] Na década de 1980, o ioga volveuse popular como un sistema de exercicio físico en todo o mundo.[17] Porén, o ioga das tradicións indias é máis que un exercicio físico, xa que ten unha base meditativa e espiritual.[19] Unha das seis grandes escolas ortodoxas do hinduísmo tamén se chama ioga, que ten a súa propia epistemoloxía e metafísica, e está estreitamente relacionado coa filosofía hindú samkhya.[20]

Diversos estudos tentaron determinar a efectividade do ioga como unha intervención complementaria no tratamento do cancro, a esquizofrenia, a asma e as doenzas do corazón.[21][22] Os resultados deses estudos foron dispares e non concluíntes, sendo os relacionados co cancro nulos ou pouco claros, e outros suxiren que o ioga pode reducir os factores de risco e axudar no proceso de curación psicolóxica do paciente.[21][22]

Orixe do termo[editar | editar a fonte]

Ioga, da raíz sánscrita yuj, nomea o xugo que se usa para unir a xunta de bois ao arar a terra. Por extensión, vén significar unión e, no caso do Ioga entendido como filosofía ou disciplina, designa a unión que é liberación: a unión do eu ou conciencia individual (Atman) co absoluto ou conciencia universal (Brahman).

Clasificación e historia[editar | editar a fonte]

A principal división do ioga adoita establecer tres grandes pólas ou enfoques:

O Raja Yoga (ou ioga da meditación), moitas veces incluído como cuarto nesta lista, foi compilado nos Ioga Sutras de Patanjali, e é coñecido simplemente como Yoga no contexto da filosofía hinduísta, e forma parte da tradición Samkhya. Outros textos hindús, incluíndo os Vedas, os Upanishads, o Bhagavad Gita, o Hatha Yoga Pradipika, o Shiva Samhita e diversos Tantras, discuten diversos aspectos do Ioga.

O ioga divídese en dous grandes grupos: Ioga antigo e Ioga moderno. O Ioga antigo subdivídese en preclásico e clásico. O Ioga Moderno, en medieval e contemporáneo. Cada unha desas subdivisións teñen características que a distinguen tanto das demais, que pasaron as catro a ser coñecidas como troncos. De cada tronco, naceron varias pólas do Ioga. Os troncos determinan se a base será Samkhya (antigo) ou Vedanta (moderno); e se a postura comportamental adoptada será Tantra (Ioga preclásico e contemporáneo) ou Brahmacharya (Ioga clásico medieval). Tamén as pólas definen se as técnicas estarán constituídas por mudras, pújas, mantras, pranayamas, kriyas, asanas, yôganidrás, dháranas, dhyana etc. Estas variacións foron elaboradas empiricamente ao longo de 5000 anos para adaptarse a diferentes tipos de practicantes. As combinacións entre si alcanzan unha variedade incalculábel e pódese dicir que hai polo menos unha modalidade de Ioga perfecta para cada persoa.

Día Internacional do Ioga[editar | editar a fonte]

O 11 de decembro de 2014, ps 193 membros da Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobaron por consenso unha resolución que estabeleceu o 21 de xuño como 'Día Internacional do Ioga'.[23] A declaración deste día fíxose após a proposta da súa adopción por parte do Primeiro Ministro da India, Narendra Modi, durante o seu ingreso na devandita Asemblea o 27 de setembro de 2014.[24][25][26][27][28] O motivo da escolla do día 21 de xuño, que cadra no solsticio de verán, foi defendido por Narendra Modi por ser o día máis longo do ano no hemisferio norte e por ter unha relevancia especial en moitas partes do mundo.[29]

O primeiro día internacional do ioga celebrouse en todo o mundo o 21 de xuño de 2015. Preto do 35 000 persoas, incluíndo o Primeiro Ministro Narendra Modi e outros dignatarios indios, realizaron 21 asanas (posturas de ioga) durante 35 minutos en Rajpath, Nova Deli. Este día foi conmemorado por millóns de persoas en todo o mundo.[30] O evento en Rajpath estabeleceu dous récords Guinness, a meirande clase de ioga con 35985 persoas, e o de máis nacionalidades participando nel, oitenta e catro.[31]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Baptiste, Sherri; Scott, Megan (2005-12-16). "Yoga with Weights for Dummies". ISBN 978-0-471-74937-0. 
  2. Yogani (2010-12-01). "Advanced Yoga Practices – Easy Lessons for Ecstatic Living". ISBN 978-0-9819255-2-3. 
  3. White 2011.
  4. Chogyam Trungpa (2001) The Lion's Roar: An Introduction to Tantra. Shambhala. ISBN 1-57062-895-5
  5. Edmonton Patric 2007,pali and its significance p. 332
  6. Lama Yeshe (1998). The Bliss of Inner Fire. Wisdom Publications. pp. 135-141.
  7. Denise Lardner Carmody, John Carmody (1996), Serene Compassion. Oxford University Press US. p. 68.
  8. 8,0 8,1 Stuart Ray Sarbacker, Samādhi: The Numinous and Cessative in Indo-Tibetan Yoga. SUNY Press, 2005, pp. 1–2.
  9. Tattvarthasutra [6.1], see Manu Doshi (2007) Translation of Tattvarthasutra, Ahmedabad: Shrut Ratnakar p. 102
  10. 10,0 10,1 Samuel 2008, p. 8.
  11. Mark Singleton (2010), Yoga Body: The Origins of Modern Posture Practice, Oxford University Press, ISBN 978-0-19-539534-1, pages 25-34
  12. Werner, Karel (1998). Motilal Banarsidass Publ, ed. Yoga And Indian Philosophy (1977, Reprinted in 1998). ISBN 81-208-1609-9. 
  13. Whicher, pp. 1-4, chronology on pp. 41-42
  14. W. Y. Evans-Wentz (2000), Tibetan Yoga and Secret Doctrines, 3rd Edition, Oxford University Press, ISBN 978-0-19-513314-1, Chapters 7 and 8
  15. White 2014, p. xvi-xvii.
  16. James Mallinson, "Sāktism and Hathayoga," 28 June 2012. http://www.khecari.com/resources/SaktismHathayoga.pdf [accessed 19 September 2013] pg. 20, Quote: "The techniques of hatha yoga are not taught in Sanskrit texts until the 11th century or thereabouts."
  17. 17,0 17,1 Burley, Mikel (2000). Hatha Yoga: Its Context, Theory and Practice. Delhi: Motilal Banarsidass. p. 16. "It is for this reason that hatha-yoga is sometimes referred to as a variety of 'Tantrism'."
  18. 18,0 18,1 White 2011, p. 2.
  19. * Marek Jantos (2012), in Oxford Textbook of Spirituality in Healthcare (Editors: Mark Cobb et al.), Oxford University Press, ISBN 978-0-19-957139-0, pages 362-363* James M. Nelson (2009), Psychology, Religion, and Spirituality, Springer, ISBN 978-1-4419-2769-9, pages 78-82 * Jean Varenne (1977), Yoga and the Hindu Tradition, Motilal Banarsidass, ISBN 978-0-226-85116-7, Preface and Introduction
  20. * Mikel Burley (2012), Classical Samkhya and Yoga: An Indian Metaphysics of Experience, Routledge, ISBN 978-0-415-64887-5, See Introduction section;
    • John A. Grimes (1989), A Concise Dictionary of Indian Philosophy: Sanskrit Terms Defined in English, State University of New York Press, ISBN 978-0-7914-0100-2, page 70
  21. 21,0 21,1 * Smith, Kelly B.; Pukall, Caroline F. (maio de 2009). "An evidence-based review of yoga as a complementary intervention for patients with cancer". Psycho-Oncology 18 (5). pp. 465–475. doi:10.1002/pon.1411. PMID 18821529. 
  22. 22,0 22,1 Vancampfort, D.; Vansteeland, K. (xullo de 2012). "Yoga in schizophrenia: a systematic review of randomised controlled trials". Acta Psychiatrica Scandinavica 126 (1). pp. 12–20. doi:10.1111/j.1600-0447.2012.01865.x. , art.nr. 10.1111/j.1600-0447.2012.01865.x
  23. UN Declared 21 June as International Day of Yoga
  24. UN should adopt an International Yoga Day: Modi
  25. India leader proposes International Yoga Day
  26. PM Modi asks world leaders to adopt International Yoga Day
  27. Narendra Modi asks world leaders to adopt International Yoga Day
  28. UN-declares-June-21-as-International-Day-of-Yoga/articleshow/45480636.cms UN Adopts 21 June as International Yoga Day]
  29. UN declares 21 June as 'International Day of Yoga'
  30. Massive turnout
  31. "PM Modi Leads Yoga Session, India Sets Guinness Records: 10 Developments". NDTV. Consultado o 21 de xuño de 15. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ioga Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]