Capitalismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Adam Smith, considerado o pai do Capitalismo
Fotografía de Lewis Hine dun traballador coa súa máquina de vapor

O capitalismo é un sistema económico dominado polo capital e non polo traballo. O termo foi introducido pola economía marxista para referirse ós sistemas económicos modernos nos que os medios de produción pertencían ó capital, mentres os traballadores foran "expropiados" deles e non tiñan a súa propiedade. O sistema capitalista, segundo o marxismo, baséase na apropiación da plusvalía xerada polos traballadores por parte dos capitalistas, grazas precisamente ó seu control dos medios de produción. A plusvalía, na terminoloxía marxista, non debe ser confundida co beneficio. A plusvalía é o valor producido polos traballadores e que non se aplica á reprodución do sistema económica, isto é, a manter activos ós traballadores, a manter os procesos produtivos en marcha e a garantir a súa mellora no tempo. A plusvalía pertence ó traballador porque a "creou" co seu traballo. Porén, no capitalismo pasa ás mans dos empresarios.

Orixe[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia do capitalismo.

Tanto os mercadores como o comercio existen desde que existe a civilización, pero o capitalismo como sistema económico non apareceu ata o século XIII en Europa substituíndo ao feudalismo. Segundo Adam Smith, os seres humanos sempre tiveron unha forte tendencia a "realizar trocos, cambios e intercambios dunhas cousas por outras". Este impulso natural cara ao comercio e o intercambio foi acentuado e fomentado polas Cruzadas que se organizaron en Europa occidental desde o século XI ata o século XIII. As grandes travesías e expedicións dos séculos XV e XVI reforzaron estas tendencias e fomentaron o comercio, sobre todo tras o descubrimento do Novo Mundo e a entrada en Europa de inxentes cantidades de metais preciosos provenientes daquelas terras. A orde económica resultante destes acontecementos foi un sistema no que predominaba o comercial ou mercantil, é dicir, cuxo obxectivo principal consistía en intercambiar bens e non en producilos. A importancia da produción non se fixo patente ata a Revolución industrial que tivo lugar no século XIX. Con todo, xa antes do inicio da industrialización aparecera unha das figuras máis características do capitalismo, o empresario, que é, segundo Schumpeter, o individuo que asume riscos económicos non persoais. Un elemento crave do capitalismo é a iniciación dunha actividade co fin de obter beneficios no futuro; posto que este é descoñecido, tanto a posibilidade de obter ganancias como o risco de incorrer en perdas son dous resultados posibles, polo que o papel do empresario consiste en asumir o risco de ter perdas ou ganancias. O camiño cara ao capitalismo a partir do século XIII foi achandado grazas á filosofía do renacemento e da Reforma. Estes movementos cambiaron de forma drástica a sociedade, facilitando a aparición dos modernos Estados nacionais que proporcionaron as condicións necesarias para o crecemento e desenvolvemento do capitalismo nos países europeos. Este crecemento foi posible grazas á acumulación do excedente económico que xeraba o empresario privado e á reinversión deste excedente para xerar maior crecemento, o cal xerou industrialización nas rexións do norte.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Capitalismo
Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Capitalismo

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Michel Beaud, Historia do capitalismo: de 1500 aos nosos días, tradución de Manuel Serrat ao castelán, Ariel, Barcelona, 1986.
  • Fernand Braudel, A dinámica do capitalismo, tradución de Rafael Tusón Calatayud ao castelán, Fondo de Cultura Económica, México, 1986.
  • John Chamberlain, As raíces do capitalismo, Unión Editorial, Madrid, 1994.
  • Joaquín Estefanía, Aquí non pode ocorrer. O novo espírito do capitalismo, Taurus, Madrid, 1997.
  • Milton Friedman, Capitalismo e liberdade, Ediciones Rialp, Madrid, 1966.
  • John Kenneth Galbraith, O capitalismo americano, tradución de Jaume Berenguer Amenós ao castelán, Ariel, Barcelona, 1968.
  • Jack Goody, Capitalismo e modernidade, tradución de Cecilia Belza ao castelán, Crítica, Barcelona, 2005.
  • Friedrich Hayek, Thomas Ashton, Louis Hacker, Ronald Hartwell, Bertrand de Jouvenel e William Hutt, O capitalismo e os historiadores, Unión Editorial, Madrid, 1997 (1963).
  • Rodney Hilton, A transición do feudalismo ao capitalismo, tradución de Doménec Bergada ao castelán, Crítica, Barcelona, 1987.
  • Joseph Lajugie, Os sistemas económicos, Eudeba, Buenos Aires, 1960 (1957).
  • Fernando Luengo Escamilla, Mercado de traballo e competitividade nos capitalismos emerxentes de Europa Central e Oriental, Editorial Complutense, Madrid, 2003.
  • Ludwig von Mises, Seis leccións sobre o capitalismo, Unión Editorial, Madrid, 1981 (1959, 1979).
  • Ayn Rand, Alan Greenspan, Robert Hessen e Nathaniel Branden, Capitalismo: o ideal descoñecido, Grito Sagrado, Bos Aires, 2007 (1946).
  • Joseph Schumpeter, Capitalismo, socialismo e democracia, Aguilar, México, 1952.
  • Arthur Seldon, Capitalismo, Unión Editorial, Madrid, 1994.
  • Jesus Seminario, O capitalismo peruano español, Editorial Bruño, Nova York, 2006.
  • Hernando de Soto, O misterio do capital, Península, Barcelona, 2001.
  • Gabriel Tortella, As orixes do capitalismo en España: banca, industria e ferrocarrís no século XIX, Tecnos, Madrid, 1973, reed. 1995.
  • Max Weber, A ética protestante e o espírito do capitalismo, Alianza Editorial, Madrid, 2001.

Outros artigos[editar | editar a fonte]