Nariz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Nariz
TE-Nose diagram.svg
Diagrama dun nariz
Neus1.jpg
Perfil dun nariz humano
Latín 'Nasus'

O nariz (Gl-nariz.ogg pronunciación ) é unha protuberancia que forma parte do sistema respiratorio nos vertebrados. Trátase dun órgano do olfacto, sendo a entrada do tracto respiratorio.

Partes[editar | editar a fonte]

O nariz divídese en dous compartimentos separados polo tabique nasal, os cales teñen dous buracos de saída. Polo outra banda, o nariz remata nunhas aberturas que comunican coa farinxe.

Nas paredes laterais das foxas nasais atópanse uns ósos esponxosos que se encargan de quentar e limpar o aire que vai cara aos pulmóns. Debaixo de cada un destes existen uns espazos denominados meatos, que son os que comunican o nariz cos seos paranasais.

A armazón ósea do nariz está constituída por ósos, cartilaxes duras e cartilaxes brandas. Os ósos duros forman a parte superior e os laterais da ponte, as cartilaxes forman os laterais das foxas nasais e o propio tabique nasal.

As paredes nasais están revestidas por mucosas que teñen como función esencial o acondicionamento do aire inhalado. Ademais, a mucosa atrapa o po e os xermes do aire, cando este se introduce polo nariz.