Intelixencia artificial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
TOPIO, un robot humanoide, xogando ó tenis de mesa en Toquio no International Robot Exhibition (IREX) 2009.

Defínese a intelixencia artificial (IA) como aquela intelixencia exhibida por artefactos creados por humanos (é dicir, artificial). A miúdo aplícase hipoteticamente aos computadores. O nome tamén se usa para se referir ao campo da investigación científica que intenta acercarse á creación de tales sistemas.

Debido á multiplicidade de pais que tivo a intelixencia artificial, non hai un consenso para definir ese concepto, mais podemos dicir que a intelixencia artificial encárgase de modelar a intelixencia humana en sistemas computacionais.

Pode dicirse que a intelixencia artificial é unha das áreas máis fascinantes e con máis retos das ciencias da computación, na súa área de ciencias cognoscitivas. Naceu como mero estudo filosófico e razonístico da intelixencia humana, mesturada coa inquietude do home por imitar a natureza circundante (como voar e nadar), ata inclusive querer imitarse a si mesmo. En resumo, a intelixencia artificial procura imitar a intelixencia humana. Obviamente non o logrou aínda, ao menos non completamente.

Existen cinco puntos de vista principais sobre estes sistemas:

  • Os que pensan como humanos.
  • Os que actúan como humanos.
  • Os que pensan racionalmente.
  • Os que actúan racionalmente.
  • Os que senten como humanos.

Historia da intelixencia artificial[editar | editar a fonte]

En 1937, o matemático inglés Alan Mathison Turing (1912-1953) publicou un artigo de bastante repercusión sobre os "Números Calculábeis", que pode considerarse a orixe oficial da Informática Teórica.

Turing, neste artigo, presentou a Máquina de Turing, unha entidade matemática abstracta que formalizou o concepto de algoritmo e resultou ser a precursora das computadoras dixitais. Coa axuda da súa máquina, Turing puido demostrar que existen problemas irresolúbeis, dos que ningún computador será capaz de obter a súa solución, polo que a Alan Turing considérase o pai da teoría da computabilidade.

Tamén se considera o pai da intelixencia artificial, pola súa famosa Proba de Turing, que permitiría comprobar se un programa de computador pode ser tan intelixente como un ser humano.

A historia da intelixencia artificial pasou por diversas situacións:

  • O termo inventouse en 1956, nun congreso no que se fixeron previsións triunfalistas a dez anos que nunca se cumpriron, o que provocou o abandono case total das investigacións perante quince anos.
  • En 1980 a historia repetiuse co desafío xaponés da quinta xeración, que deu lugar ao auxe dos sistemas expertos, mais que non alcanzou moitos dos seus obxectivos, polo que este campo sufriu unha nova detención nos anos noventa.
  • Na actualidade estamos tan lonxe de cumprir a famosa proba de Turing como cando se formulou: Existirá intelixencia artificial cando non sexamos capaces de distinguir entre un ser humano e un programa de computadora nunha conversación ás cegas.
  • Como anécdota, moitos dos investigadores sobre IA sosteñen que "a intelixencia é un programa capaz de ser executado independentemente da máquina que o execute, computador ou cerebro".

- A idea de algo parecido á intelixencia artificial existe desde fai millóns de anos. O primeiro home primitivo que tomo conciencia da súa propia existencia, e de que era capaz de pensar, seguramente se pregunta como funcionaria o seu pensamento e posteriormente chegaría á idea dun "creador superior". Polo tanto, a idea de que un ser intelixente cre a outro, a idea dun deseño virtual para a intelixencia, é tan remota como a toma de conciencia do ser humano.

- Os xogos matemáticos antigos, como o da torres de hanoi (aprox 3000ac), demostran o interese na procura dun bucle resolutivo, unha IA capaz de gañar nos mínimos movementos posíbeis.

- En 1903 Lee De Forest inventa o tríodo (tamén chamados bulbo ou válvula de baldeiro). Podería dicirse que a primeira gran máquina intelixente deseñada polo home foi o computador ENIAC, composto por 18.000 válvulas de baldeiro, tendo en conta que o concepto de "intelixencia" é un termo subxectivo que depende da intelixencia e a tecnoloxía que teñamos nesa época. Un indíxena do amazonas no século 20 podería cualificar de intelixente un tocadiscos, cando en verdade non o é tanto.

- En 1937, o matemático inglés Alan Mathison Turing (1912-1953) publicou un artigo de bastante repercusión sobre os "Números Calculábeis", que pode considerarse a orixe oficial da Informática Teórica.

En este artigo, introduciu a Máquina de Turing, unha entidade matemática abstracta que formalizou o concepto de algoritmo e resultou ser a precursora das computadoras dixitais. Con axuda da súa máquina, Turing puido demostrar que existen problemas irresolúbeis, dos que ningún computador será capaz de obter a súa solución, polo que a Alan Turing considérase o pai da teoría da computabilidade.

Tamén se considera o pai da intelixencia artificial, pola súa famosa Proba de Turing, que permitiría comprobar se un programa de computador pode ser tan intelixente como un ser humano.

  • En 1951 William Shockley inventa o transistor de unión. O invento do transistor fixo posíbel unha nova xeración de computadoras moito máis rápidas e pequenas.
  • En 1956, cuñouse o termo "intelixencia artificial" en Dartmouth durante unha conferencia convocada por McCarthy, á cal asistiron, entre outros, Minsky, Newell e Simon. En esta conferencia fixéronse previsións triunfalistas a dez anos que nunca se cumpriron, o que provocou o abandono case total das investigacións durante quince anos.
  • En 1980 a historia repítese co desafío xaponés da quinta xeración, que deu lugar ao auxe dos sistemas expertos, mais que non alcanzou moitos dos seus obxectivos, polo que este campo sufriu unha nova detención nos anos noventa.
  • En 1987 Martin Fischles e Oscar Firschein describiron os atributos dun axente intelixente. Ao intentar describir cun maior ámbito (non só a comunicación) os atributos dun axente intelixente, a IA estendeuse a moitas áreas que crearon ramas de investigación enormes e diferenciadas. Ditos atributos do axente intelixente son:
  1. Ten actitudes mentais tales como crenzas e intencións
  2. Ten a capacidade de obter coñecemento, é dicir, aprender.
  3. Pode resolver problemas, incluso descompondo problemas complexos noutros máis simples.
  4. Entende. Posúe a capacidade de crearlle senso, se é posíbel, a ideas ambiguas ou contraditorias.
  5. Planifica, predí consecuencias, avalía alternativas (como nos xogos de xadrez)
  6. Coñece os límites do seu propias habilidades e coñecementos.
  7. Pode distinguir a pesar das similitude das situacións.
  8. Pode ser orixinal, creando incluso novos conceptos ou ideas, e ata utilizando analoxías.
  9. Pode xeneralizar.
  10. Pode percibir e modelar o mundo exterior.
  11. Pode entender e utilizar a linguaxe e os seus símbolos.

Podemos entón dicir que a IA inclúe características humanas tales como a aprendizaxe, a adaptación, o razoamento, a autocorrección, o melloramento implícito, e a percepción modelar do mundo. Así, podemos falar xa non só dun obxectivo, senón de moitos dependendo do punto de vista ou utilidade que poida atoparse á IA.

Moitos dos investigadores sobre IA sosteñen que "a intelixencia é un programa capaz de ser executado independentemente da máquina que o execute, computador ou cerebro".

Probas de intelixencia nunha máquina[editar | editar a fonte]

Técnicas e campos da intelixencia artificial[editar | editar a fonte]

Tecnoloxías de apoio[editar | editar a fonte]

Aplicacións[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Intelixencia artificial Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]