Liga Árabe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Liga de Estados Árabes
جامعة الدول العربية

Jāmiʻat ad-Duwal al-ʻArabiya
Bandeira da Liga Árabe
Bandeira
Escudo da Liga Árabe
Escudo
 
Situación de Liga Árabe
 
Capital O Cairo
Idioma oficial Árabe
Forma de goberno Organización para a defensa de intereses comúns
S. Xeral
Voceiro
Amr Moussa
Nabih Berri
Fundación
 • P. Alexandría

22 de marzo de 1945
Membros
 • Observadores
Superficie
 • Total

13 953 041 km²
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 3º
339 510 535 (2007)
63 hab/km²
PIB (PPA)
 • Total (2008)
 • PIB per cápita

US$ 2 604 639 millóns
US$ 7.672
Moeda 21 moedas
Sitio web arableagueonline.org
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

A Liga Árabe (en árabe:الجامعة العربية al-Jāmiʻa al-ʻArabiya), oficialmente chamada Liga de Estados Árabes (جامعة الدول العربية Jāmiʻat ad-Duwal al-ʻArabiya), é unha organización política internacional de estados árabes do África do Norte, o Corno de África e Asia Occidental.

Sede da Liga Árabe no Cairo.

Foi fundada no Cairo o 22 de marzo de 1945 por seis estados, Exipto, Iraq, Transxordania (renomeada posteriormente como Xordania), Líbano, Arabia Saudita e Siria. O Iemen uniríase o día 5 de maio de 1945. Na actualidade ten 22 membros (incluíndo Siria, aínda que a súa participación quedou en suspenso en novembro de 2011) e catro observadores. O seu obxectivo principal é:

Servir ao ben común de tódolos países árabes, asegurar mellores condicións para tódolos países árabes, garantir o futuro de tódolos países árabes e cumprir os desexos e expectativas de tódolos países árabes.[1]

A través de institucións como a Organización da Liga Árabe para a Educación, a Cultura e a Ciencia (ALESCO do inglés Arab League Educational, Cultural and Scientific Organization) e o Consello Económico e Social do Consello da Unidade Económica Árabe (CUEA do inglés Council of Arab Economic Unity), a Liga Árabe facilita programas políticos, económicos, culturais, científicos e sociais destinados a promover os intereses dos países árabes.[2][3] A organización serviu aos Estados membros como un foro para coordinar as súas posicións políticas, para deliberar sobre asuntos de interese común, para resolver algúns conflitos árabes e para limitar outras, como a crise do Líbano de 1958. A Liga serviu como plataforma para a elaboración de documentos históricos promovendo a integración económica. Un exemplo é a Carta Árabe de Acción Económica Conxunta, que establece os principios para as actividades económicas na rexión.

Historia[editar | editar a fonte]

Evolución dos membros da Liga Árabe

O espírito que levou á creación da Liga árabe empezouse a perfilar durante o século XIX co xurdimento de varios movementos nacionalistas árabes co desexo expreso de poñer fin á dominación turca, estes movementos tomaron a antiga herdanza común como base da súa vontade de constituír unha comunidade árabe libre do control estranxeiro.

Coa derrota de Turquía na Primeira Guerra Mundial estes anhelos de independencia e unión afloraron de xeito vigoroso, pero as diverxencias entre os diferentes caudillos árabes e os fortes intereses das potencias europeas impediron a realización destas aspiracións. Os tratados de paz da Primeira Guerra Mundial dividiron os pobos árabes en diferentes estados establecidos polo tratado de Sèvres.

O Cairo, durante a Segunda Guerra Mundial, foi o centro da toma de decisións tanto económicas como militares dos británicos para todo Oriente Próximo. Esta posición estratéxica clave permitiu ao goberno exipcio entrar en conversacións con outros países árabes para consolidar unha unión máis estreita entre todos eles. Nese momento, a situación en todos os Estados Árabes era moi diferente; mentres que nos gobernos de Iraq e Siria había unha clara vontade de fomentar os vínculos entre os países árabes, no Líbano (cunha importante poboación cristiá) non se vía con tan bos ollos. No Iemen, Arabia Saudita e Exipto o sentimento de unidade árabe xa estaba máis estendido, aínda que sempre mantendo por diante os intereses nacionais.

En 1944 o goberno exipcio, que buscaba unha federación entre os países árabes, puxo en marcha un grupo de estudo encargado da elaboración dun proxecto. Coa axuda de Gran Bretaña, o 25 de setembro de 1944 constituese a Conferencia de Alexandría coa redacción do Protocolo de Alexandría que serviría como base da futura asociación.

O que estaba fóra de toda dúbida era o feito de que a guerra contribuíra notablemente a consolidar o sentimento de unidade entre todos os árabes. Este estreitamento de lazos desembocou nun primeiro intento de creación dunha Liga de Estados Árabes, favorecido ademais, polo impulso británico, que se aseguraba así a influencia na zona.

O primeiro borrador, desenvolvido polo primeiro ministro de Iraq e por Gran Bretaña, estabelecía cinco puntos polos que se habería de rexer a unión:

  1. Formación dunha Gran Siria, que estaría formada por Siria, Palestina, Transxordania e Líbano.
  2. Creación da Liga Árabe, formada pola unión de Iraq e da Gran Siria.
  3. A Liga tería un consello permanente encargado de coordinar as cuestións relativas á administración e goberno, os asuntos exteriores, a defensa, as cuestións económicas e a protección das minorías.
  4. Concederíase unha pequena autonomía aos xudeus de Palestina.
  5. Os Maronitas de Líbano terían un réxime privilexiado.

Tamén se estabelecía que esta unión estaría dirixida pola familia Hachemita. Con todo, este primeiro proxecto contou cunha importante oposición; claramente en contra manifestáronse a comunidade xudía, gran parte da opinión pública libanesa, unha parte dos sirios que defendían a súa propia nacionalidade á marxe do resto de pobos árabes, Exipto (que aspiraba a unha unidade baixo a súa hexemonía) e o rei de Hexaz, que non vía con bos ollos que se forxase na súa fronteira norte unha unión tan forte dominada pola familia Hachemita. Esta forte oposición abocou o proxecto ao seu fracaso. Ante o pouco éxito dos Hachemitas no proceso de unidade, o presidente exipcio Nabas, lanzou un segundo proxecto que supoñía un menor grado de integración pero que contaba cun maior apoio, especialmente por parte dos ingleses. Logo de dúas conferencias (Alexandría en 1944 e O Cairo en 1945) e unha intensa labor diplomática conseguiuse o 22 de marzo de 1945 , presionando aos países máis reticentes, crear a Liga dos Estados Árabes. Esta unio a sete países con relativa capacidade de acción: Exipto, Siria, Líbano, Xordania (entón chamada Transxordania), Iraq, Arabia Saudita e Iemen do Norte, xunto cun representante dos árabes palestinos, deixando as portas abertas á posible entrada do resto de países árabes que quixesen unirse a eles unha vez lograsen a súa independencia. Foi a finalización da Segunda Guerra Mundial cando diferentes estados árabes logrando a súa independencia.

Estableceuse a súa sé fixa no Cairo. Aínda que se prohibía a inxerencia en asuntos internos doutros países, si se marcaron unha serie de obxectivos: fortalecer as relacións entre os estados membros, coordinar as súas políticas para salvagardar a súa independencia e soberanía, e en xeral, todo canto afectaba aos asuntos e intereses dos países árabes. Tamén se estreitaba a cooperación en materia económica, en comunicacións, en asuntos culturais e nas políticas de benestar social. Alcanzouse o acordo de non recorrer á forza para resolver conflitos entre os membros da Liga.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A superficie dos estados membros da Liga Árabe abarca ao redor de 14 000 000 quilómetros cadrados entre os continentes de África e Asia. A zona componse de grandes desertos áridos, principalmente o Sahara. Non obstante, tamén contén varias terras moi fértiles, como o val do Nilo, a Cordilleira do Atlas e o Crecente Fértil que se estenden dende Iraq a Siria e o Líbano, Palestina e Israel. A área comprende tamén bosques como os do sur de Arabia e o sur do Sudán, así como a maior parte do río máis longo do mundo, o Nilo.

Economía[editar | editar a fonte]

Os propósitos da Liga non son económicos, xa que cada país pertence a outras organizacións máis eficaces e ademais hai fortes diferenzas de PIB entre os integrantes, pero a riqueza en recursos naturais e petróleo dos seus membros fai que sexa un organismo rico e con poder de decisión. O gasoducto árabe que unirá Exipto e Turquía pasando por Xordania ou a axuda en Darfur son dous exemplos de iniciativas económicas promovidas por este organismo.

Estados membros[editar | editar a fonte]

Dispersión da lingua árabe.

Membros da Liga Árabe (e data da súa admisión):

Membros suspendidos temporalmente[editar | editar a fonte]

Exipto foi suspendido en 1979 logo de asinar o Tratado de Paz Exipcio-Israelí, e a sé da Liga trasladouse do Cairo a Tunes. En 1987, os Estados da Liga Árabe restableceron relacións diplomáticas con Exipto, o país foi readmitido na Liga en 1989, e a sé da Liga trasladouse de novo ao Cairo.[4]

A Yamahiriya Árabe Libia foi suspendida da Liga Árabe o 22 de febreiro de 2011.[5] O 27 de agosto de 2011, a Liga Árabe votou a favor de restablecer a membresía de Libia pola acreditación dun representante do Consello Nacional de Transición, que está parcialmente recoñecido como o goberno interino do país a raíz do derrocamento de Gaddafi da capital, Trípoli.[6]

O 12 de novembro de 2011, a Liga aprobou un decreto que suspendería a membresía de Siria si o goberno non detiña a violencia contra manifestantes civís o 16 de novembro no medio do conflito que vive o país. Malia iso, o goberno non cedeu ás demandas da Liga e empeoró a situación. Para o 2012, a crise volveuse unha cruel guerra civil, o que afastou aínda máis a Siria da organización.

Malia que Exipto sufriu un golpe de Estado o pasado 3 de xullo do 2013 destituíndo así ao único presidente elixido democráticamente, Mohamed Morsi, a Liga Árabe considerou este acto como non-antidemocrático e polo tanto decidiron non suspendelo das súas funcións.Actualmente está baixo un goberno provisional civil en mans de Adli Mansur como Presidente interino de Exipto, ata que se convoquen eleccións presidenciais e democráticas. As eleccións presidenciais colocaron a AbdelFatah Al-Sisi, quen tamén nomeou como novo primeiro ministro (interino) a Ibrahim Mahlab, como novo presidente constitucional da República Árabe de Exipto. [7]

Relixión[editar | editar a fonte]

A gran maioría dos cidadáns da Liga Árabe son musulmáns mentres que o cristianismo é a segunda relixión en importancia polo seu volume de practicantes. Antes da creación do Estado de Israel tamén vivían nos países árabes un número significativo de xudeus. Os membros da Liga Árabe acollen diversas cidades santas e outros lugares relixiosos importantes por exemplo Belén, Alexandría, A Meca, Medina, Naxaf , Kirkuk, Arbil ou Bagdad. Os musulmáns suníes constitúen a maioría dos cidadáns da Liga Árabe, pero os musulmáns xiíes son maioritarios nalgunhas zonas do Líbano, Iraq, Bahrein e Kuwait.

Estrutura[editar | editar a fonte]

Consello[editar | editar a fonte]

É o órgano supremo da Liga, esta composto por representantes dos estados membro. Eses representantes son en xeral os ministros de Asuntos Exteriores, os seus representantes ou delegados permanentes. Cada estado ten dereito a un voto no Consello, con independencia do seu tamaño ou número de habitantes.

As decisións adoptaranse por maioría e son vinculantes só para os estados que as acepten.

Podese decidir sobre a adhesión de novos membros, así como sobre a introdución de emendas á Carta. Debe tamén servir de mediador en caso de conflitos entre estados membro.

O Consello realiza dúas reunións anuais, unha en maio e outra en setembro. Está prevista a posibilidade dunha reunión extraordinaria a petición de dous estados membro. A sede da liga árabe está na cidade do Cairo, República Árabe do Exipto.

Consello de Defensa Conxunta[editar | editar a fonte]

Constituído polos ministros de Asuntos Exteriores e de Defensa dos Estados membros, poderá adoptar as medidas que entenda necesarias ao mantemento da defensa dos estados da Liga, incluíndo o uso da forza contra estados que atacaron un membro da Liga.

Consello Económico e Social[editar | editar a fonte]

O seu obxectivo é garantir a prosperidade económica e social dos membros. Esta constituído polos ministros de economía dos estados membro.

Secretaría Xeral[editar | editar a fonte]

É o órgano administrativo e executivo da Liga, sendo independente dos estados que a compoñen. Esta composta polo Secretario Xeral, secretarios asistentes e outros funcionarios.

Unha das funcións da Secretaría é preparar o orzamento da Liga, que envía ao Consello para a súa aprobación. Ten tamén como responsabilidade a axenda das reunións do Consello.

O secretario xeral é elixido para un mandato de cinco anos, renovable. Desde maio de 2011 o secretario xeral da Liga Árabe é o exipcio Nabil el-Arabi.

Secretarios xerais[editar | editar a fonte]

Amr Moussa secretario xeral desde 2001 ata 2011
Exipto Exipto Abdul Rahman Azzam desde 1945 ata 1952
Exipto Exipto Abdul Khalek Hassouna desde 1952 ata 1972
Exipto Exipto Mahmoud Riad desde 1972 ata 1979
Tunisia Tunisia Chedli Klibi desde 1979 ata 1990
Líbano Líbano Assad al-Assad desde 1990 ata 1991
Exipto Exipto Ahmad Esmat Abd al Meguid desde 1991 ata 2001
Exipto Exipto Amr Moussa desde 2001 ata 2011
Exipto Exipto Nabil el-Arabi desde 2011 ata (presente)

Cumes[editar | editar a fonte]

  1. Exipto Exipto O Cairo: 13-17 xaneiro de 1964.
  2. Exipto Exipto Alexandría: 5 a 11 setembro de 1964.
  3. Marrocos Marrocos Casablanca: 13-17 setembro de 1965.
  4. Sudán Sudán Khartún: 29 de agosto de 1967.
  5. Marrocos Marrocos Rabat: 21 ao 23 decembro de 1969.
  6. Exipto Exipto O Cairo (1ª cume de urxencia): 21-27 de setembro de 1970.
  7. Flag of Algeria.svg Alxeria Alxer: 11 26 ao 28 de 1973.
  8. Marrocos Marrocos Rabat: 29 de outubro de 1974.
  9. Flag of Saudi Arabia.svg Arabia Saudita Riad (2ª cume de urxencia): 17-28 de outubro de 1976.
  10. Exipto Exipto O Cairo: 25-26 de outubro de 1976.
  11. Flag of Iraq.svg Iraq Bagdad: 2-5 de novembro de 1978.
  12. Tunisia Tunisia Túnez: 20-22 de novembro de 1979.
  13. Flag of Jordan.svg Xordania Amman: 21-22 de novembro de 1980.
  14. Marrocos Marrocos Fez: 6-9 de setembro de 1982.
  15. Marrocos Marrocos Casablanca (3a cume de urxencia): 7-9 de setembro de 1985.
  16. Flag of Jordan.svg Xordania Amman (4ª cume de urxencia): 8-12 de novembro de 1987.
  17. Flag of Algeria.svg Alxeria Alxer (5ª cume de urxencia): 7-9 de xuño de 1988.
  18. Marrocos Marrocos Casablanca (6ª cume de urxencia): 23-26 de xuño de 1989.
  19. Flag of Iraq.svg Iraq Bagdad (7a cume de urxencia): 28-30 de marzo de 1990.
  20. Exipto Exipto O Cairo (8a cume de urxencia): 9-10 de agosto de 1990
  21. Exipto Exipto O Cairo (9a cume de urxencia): 22-23 de xuño de 1996.
  22. Exipto Exipto O Cairo (10a cume de urxencia): 21-22 de outubro de 2000.
  23. Flag of Jordan.svg Xordania Amman: 27-28 de marzo de 2001.
  24. Líbano Líbano Beirut: 27-28 de marzo de 2002.
  25. Exipto Exipto Sharm el-Sheij: 1 de marzo de 2003.
  26. Tunisia Tunisia Túnez: 22-23 de maio de 2004.
  27. Flag of Algeria.svg Alxeria Alxer: 22-23 de marzo de 2005.
  28. Sudán Sudán Khartún: 28-30 de marzo de 2006.
  29. Flag of Saudi Arabia.svg Arabia Saudita Riad: 27-28 de marzo de 2007.
  30. Flag of Syria.svg Siria Damasco: 29-30 de marzo de 2008.
  31. Flag of Qatar.svg Qatar Doha: 28-30 de marzo de 2009.
  32. Libia Libia Sirte: 30 de marzo-1 de abril de 2010.
  33. Flag of Iraq.svg Iraq Bagdad: marzo-abril de 2011

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Head of states of the founding members (1998). Yale Law School, ed. «Pact of the League of Arab States, 22 March 1945». The Avalon Project. Consultado o 15 de xuño de 2015. 
  2. «The Arab League Educational, Cultural and Scientific Organization (ALESCO)». 
  3. Ashish K. Vaidya, Globalization, (ABC-CLIO: 2006), páx.525
  4. BBC News, ed. (17 de setembro de 2008). «Timeline: Arab League». Consultado o 25/12/2014. 
  5. ynetnews. «Libya suspended from Arab League sessions». Consultado o 26/12/2014. 
  6. «Arab League Recognizes Libyan Rebel Council». RTT News. 25 de agosto de 2011. Consultado o 25 de agosto de 2011. 
  7. «Arab League Votes to Suspend Syria Over Crackdown». NYTimes.com. 12 de novembro de 2011. Consultado o 26/12/2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Liga Árabe

Bibliografia[editar | editar a fonte]

  • Ankerl, Guy: Coexisting Contemporary Civilizations: Arabo-Muslim, Bharati, Chinese, and Western. Ginebra, INU Press, 2000. ISBN 2-88155-004-5
  • Geddes, Charles L: A Documentary History of the Arab-Israeli Conflict. Greenwood Press, 1991. ISBN 0-275-93858-1

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]