Hip hop

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Hip hop
Orixe musical Funk, disco, soul, R&B, electrónica,dub, reggae, rock, jazz[1] toasting, performance poetry, scat e blues parlat
Orixe cultural Griots, África
Instrumentos típicos Tocadiscos, sintetizador, voz, caixa de ritmos, sampler, beatboxing
Derivados Gangsta Rap - Hip Hop Soul
Kool Herc, é considerado o pai do Hip Hop.

O hip hop é un movemento artístico e cultural nado en Nova York a finais da década de 1960, dende onde se espallou por todo o mundo, conservando uns patróns e características comúns independentemente do país onde se instalara.

Definición de hip hop[editar | editar a fonte]

O hip-hop (cadril/cadeira-chimpo en inglés) é unha corrente artística que pode verse representada en catro temáticas principais:

Alén destes catro elementos a Zulu Nation aínda engadía un quinto considerado vital para a supervivencia e éxito do movemento: o coñecemento e a concienciación cidadá. Isto significaba o coñecemento das realidades sociais do mundo actual e da cultura, co obxectivo de formar unha identidade e unha consciencia étnica e de cidadanía entre estas persoas (recordemos que na súa inmensa maioría eran descendentes africanos sumidos na pobreza) que tiñan escaso acceso á cultura e descoñecían os seus dereitos e deberes. Desta maneira o hip hop axiña se converteu, nestes seus inicios, nun instrumento de transformación social ou, dito doutra maneira, promovía o activismo político[2].

Nos últimos anos está tomando forza unha quinta disciplina, o chamado beatboxing, que consiste na imitación dos sons instrumentais usando a gorxa e outras partes do corpo.

Tamén se considera parte do hip-hop o estilo de vestir (máis folgado do habitual, con pezas de roupa como gorras, puchos ou calzado deportivo).

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A creación do vocábulo hip hop adoita atribuírse a Keith 'Cowboy' Wiggins, rapeiro que colaboraba xunto a Grandmaster Flash and the Furious Five.[3] Non obstante, Lovebug Starski, Keith Cowboy e DJ Hollywood usaban o vocábulo como un apoio verbal ao improvisar co micrófono, cando esta música era coñecida aínda como disco rap. Crese que Cowboy creou o termo cando bromeaba cun amigo que acababa de alistarse nas Forzas Armadas dos Estados Unidos, ao cantar facendo scat as palabras "hip/hop/hip/hop" de forma que imitaba a cadencia rítmica dos soldados ao marcharen.[3] Cowboy máis tarde desenvolveu a cadencia da súa rima "hip hop" como parte da súa actuación en directo, o que deseguido foi empregado por outros artistas como The Sugarhill Gang en "Rapper's Delight".[3]

Afrika Bambaataa, fundador de Universal Zulu Nation, está recoñecido como o primeiro en utilizar o vocábulo para describir unha subcultura á que esta música pertencía. Suxeriuse tamén que este era un vocábulo que se empregaba para referirse de modo pexorativo a este estilo.[4] O primeiro uso impreso do termo foi en The Village Voice,[5] por Steven Hager, máis tarde autor dunha historia do hip hop en 1984.[6]

Historia do hip hop[editar | editar a fonte]

As orixes da música rap han de ser procurados nas tradicións musicais afro-americanas e da África Occidental. Os griots son un grupo de cantantes e poetas ambulantes de África Occidental, considerados os depositarios da tradición oral e a historia de moitos destes pobos. Polo seu estilo musical e características pódense considerar coma un dos primeiros devanceiros do rap.[7] Por outro lado, xa en Nova York e tamén nos Ánxeles, actuacións poéticas e musicais de artistas inspirados nos griots como The Last Poets, The Watts Prophets ou Jalal Mansur Nuriddin tiveron un grande impacto cultural e social a finais da década de 1960 e na de 1970, sobre todo entre o público dos guetos urbanos que verán nacer a música rap. É por iso que tanto os Last Poets coma os Watts Prophets están considerados coma unha das primeiras fontes de inspiración do rap. Unha terceira influencia que chegou a ser determinante no nacemento do novo estilo musical sería a música xamaicana, en especial o dub.[8]

Cara á década de 1970, na cidade de Nova York, un personaxe xamaicano, pero nado no Bronx coñecido como Dj Kool Herc (quen, segundo o mito, era coñecido por facer festas na rúa cos seus grandes MC's e DJ's que traía no seu coche), comezaron unha nova tónica de DJ|DJism, onde respectou a parte dos beats dalgunhas cancións de moda (principalmente disco e funk), cun par de tornadiscos, para estender partes da melodía e comezar a facer o que logo chamaríase break. Precisamente serían a música funk e soul, que eran habitualmente pinchadas nestas festas, outros dos estilos que máis influirían nestes momentos de agromar do rap.[9]

Doutra banda, DJ Hollywood, nas discos locais de Nova York, comezaba a rimar sobre algúns ritmos disco do momento.

Un par de anos máis tarde, Afrika Bambaataa xunto a Fab 5 Freddy definen o que serían os catro grandes elementos do hip-hop.[10]

Un dos protexidos de DJ Kool Herc, coñecido coma Grand Master Flash, comeza contra outra nova tónica para os DJ's, na cal, mestura dúas beats de diferentes cancións, para xerar un novo ritmo.[11] Asemade e despois dun accidente que tivo un coñecido de Grand Whizard Theodore, cun disco e unha agulla, invéntase o scratch. Isto implicaría unha nova moda nos DJ's.[12]

Impacto social do hip hop[editar | editar a fonte]

O hip hop tivo un considerable impacto social dende os seus inicios na década de 1970.[13] Orlando Patterson, profesor de socioloxía na Universidade Harvard, axudou a describir o fenómeno da rápida propagación do hip hop arredor do mundo. O profesor Patterson sostén que a comunicación de masas é controlada polos ricos, o goberno e as empresas en nacións do terceiro mundo e países de todo o mundo.[14] Tamén cre que a comunicación de masas coa creación dunha escena cultural do hip hop a nivel mundial. Como resultado, os mozos absorben e son influenciados pola escena do hip hop americano e comezan a súa propia forma do mesmo. Patterson cre que a revitalización da música hip hop se producirá en todo o mundo coa mestura dos valores tradicionais e as formas musicais do hip hop americano, e ultimamente un proceso de cambio e desenvolvemento global dos mozos de todo o mundo que permite ser máis influenciados por algunha das formas musicais do hip hop. Tamén se argumentou que a música rap se formou como unha "resposta cultural á opresión histórica e o racismo, un sistema de comunicación entre as comunidades negras e máis adiante latinas nos Estados Unidos".[15] Isto débese ao feito de que a cultura reflicte a situación social, económica e a realidade política dos mozos privados dos seus dereitos.[16] Na Primavera Árabe o hip hop exerceu un papel importante na provisión dun canal para que os mozos expresen as súas ideas.[17]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Hip-Hop's Jazz Roots". Merriam-Urban Jazz. Urban Jazz, Incorporated. Consultado o 24 August 2015. 
  2. http://hemi.nyu.edu/course-rio/perfconq04/students/work/hiphop%20performance%20afro.htm
  3. 3,0 3,1 3,2 "Keith Cowboy - The Real Mc Coy". Web.archive.org. 17 de marzo de 2006. Consultado o 21 de decembro de 2010.  |url-arquivo= ten un formato incorrecto: data (Axuda)
  4. Zulunation.com
  5. Hagar, Steven. "Afrika Bambaataa’s Hip-Hop," Village Voice
  6. Hager, Steven. Hip Hop: The Illustrated History of Break Dancing, Rap Music, and Graffiti. St Martins Press, 1984.
  7. http://usuarios.lycos.es/dancekontrol/newpage1.html
  8. http://web.archive.org/20031210014226/hiphopmegaparty.tripod.com/djinc/id10.html
  9. http://www.doggshiphop.com/hip-hop/dj-kool-herc/
  10. http://www.doggshiphop.com/hip-hop/afrika-bambaataa/
  11. http://www.clubbingspain.com/artistas.php?id=2221&lng=es
  12. http://www.djscratchmix.com/dj-grand-wizard-theodore/
  13. Asante, MK It's Bigger Than Hip Hop : the Rise of the Post-hip-hop Generation. New York: St. Martin's Press, 2008. pp. 21–23
  14. Patterson, Orlando. "Global Culture and American cosmos" The Andy Warhol Foundation for the Visual Arts. Paper Number 21994 01Feb2008.
  15. "Hip-Hop: "The Rapper's" Delight". America.gov. Retrieved 2010-04-23.
  16. Alridge D, Steward J. “Introduction: Hip Hop in History: Past, Present, and Future”, Journal of African American History 2005. p. 190
  17. "Is Hip Hop driving the arab spring?".BBC News. 2011-07-24

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]