Adam Smith
Adam Smith | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 5 de xuño de 1723 e 5 de xuño de 1723 |
Kirkcaldy | |
Falecemento | 17 de xullo de 1790 |
Edimburgo | |
Soterrado | Canongate Kirkyard |
Nacionalidade | Reino de Gran Bretaña |
Relixión | Deísmo |
Alma máter | Lycée François-Ier, Universidade de Edimburgo, Universidade de Glasgow e Balliol College, Oxford |
Ocupación | economista, escritor de non ficción, filósofo e escritor |
Pai | Adam Smith |
Nai | Margaret Douglas |
Coñecido por | Teoria dos Sentimentos Morais e A riqueza das nacións |
Premios | membro da Royal Society e Fellow of the Royal Society of Arts |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Adam Smith, nado en Kirkcaldy en 1723 e finado o 17 de xullo de 1790, foi un economista e filósofo escocés, considerado un dos maiores expoñentes da economía clásica.
Adam Smith baseaba o seu ideario no sentido común. Fronte ao escepticismo, defendía o acceso cotián e inmediato a un mundo exterior independente da conciencia. Este pensador escocés cría que o fundamento da acción moral non se basea en normas nin en ideas nacionais, senón en sentimentos universais, comúns e propios de todos os seres humanos.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou nas universidades de Glasgow e Oxford. De 1748 a 1751 foi profesor axudante de retórica e literatura en Edimburgo. Durante este período estableceu unha estreita amizade co filósofo David Hume, amizade que influíu moito sobre as teorías economistas e éticas de Smith.
En 1751 foi nomeado catedrático de lóxica e en 1752 de filosofía moral na universidade de Glasgow. En 1763 renunciou á universidade e converteuse no titor do 3º Duque de Buccleuch, a quen acompañou nunha viaxe por Suíza e Francia. Nesta viaxe coñeceu os fisiócratas franceses, que defendían a economía e política baseada na primacía da lei natural, a riqueza e a orden. Smith inspirouse en esencia nas ideas de François Quesnay e Anne Robert Jacques Turgot para establecer a súa propia teoría, con diferenzas respecto á destes autores. De 1766 a 1776 viviu en Kirkcaldy. Foi nomeado director de Aduana en Edimburgo en 1778, posto que desempeñou ata a súa morte en 1790. En 1787 foi nomeado reitor honorífico da universidade de Glasgow. Adam Smith morre o 17 de xullo de 1790 debido a unha enfermidade.
Obra[editar | editar a fonte]
Teoría dos sentimientos morais[editar | editar a fonte]
A Teoría dos sentimientos morais de 1759 empeza pola exploración de todas as condutas humanas nas cales o egoísmo non parece xogar un papel determinante, como aseguraba Hobbes. O que se expón é o proceso de Simpatía (ou empatía), a través do cal un suxeito é quen de poñerse no lugar doutro, aínda cando non obteña beneficio disto. Búscase criticar á concepción Utilitarista, como aparece en Hume. O desenvolvemento da obra leva ao descubrimiento do espectador imparcial, a voz interior que ditaría a propiedade ou impropiedade das accións. Este espectador imparcial pode asociarse ao concepto de supereu, de Sigmund Freud. Ao longo da obra, o autor explica a orixe e o funcionamiento dos sentimientos morais, o resentimento, a vinganza, a virtude, a admiración, a corrupción e a xustiza. O resultado é unha concepción dinámica e histórica dos sistemas morais, en oposición a visións máis estáticas como as impartidas polas relixións. En termos filosóficos, a natureza humana estaría deseñada para avanzar fins ou causas finais, que non necesariamente son coñecidos polos suxeitos, que se guían polas causas eficientes.
A riqueza das nacións[editar | editar a fonte]
En 1776 Adam Smith escribiu a súa obra A investigación sobre a natureza e causas da riqueza das nacións (ou A riqueza das nacións), pola cal é considerado por moitos o pai da Economía Política. Esta obra representa o intento por diferenciar a economía política da ciencia política, a ética e a xurisprudencia. Un elemento fundamental para esta diferenciación foi a crítica ao mercantilismo, corrente heteroxénea que viña desesenvolvendo nocións económicas desde o século XV, máis vencellada aos imperios coloniais que á nacente revolución industrial. Segundo a tese central de A riqueza das nacións, a clave do benestar social está no crecemento económico, que se potencia a través da división do traballo. A división do traballo, á súa vez, profundízase a medida que se amplía a extensión dos mercados e por ende a especialización. Unha particularidade da obra é a formulación de que, grazas á apelación ao egoísmo dos demais, lógrase o benestar xeral. Isto é interpretado moitas veces de xeito impreciso como que o egoísmo leva ao benestar xeral. Porén, pasaxes tanto desta obra como de Os sentimentos morais deixan claro que a empatía co egoísmo do outro e o recoñecemento das súas necesidades é a mellor forma de satisfacer as necesidades propias. A obra inclúe unha filosofía da historia, onde a propensión a intercambiar exclusiva do home convértese no motor do desenvolvemento humano. Esta obra constitúe tamén unha guía para o deseño da política económica dun goberno. Os beneficios da man invisíbel do mercado só se obterán nunha sociedade ben gobernada.
Entre as súas achegas máis importantes cabe salientar tamén:
- A diferenciación clara entre valor de uso e valor de cambio.
- O recoñecemento da división do traballo, entendida como especialización de tarefas, para a redución de custos de produción.
- A predición de posibles conflitos entre os donos das fábricas e os traballadores.
- A acumulación de capital como fonte para o desenvolvemento económico.
- A defensa do mercado competitivo como o mecanismo máis eficiente de asignación de recursos.
Influencia[editar | editar a fonte]
A investigación sobre a natureza e causas da riqueza das nacións estivo suxeita a todo tipo de interpretacións. Entre elas as que máis destacan son:
- David Ricardo: realiza unha crítica á obra, desenvolvendo máis a teoría do valor-traballo e conceptos como capital e reprodución.
- Karl Marx: afonda a liña de Ricardo, rescatando concepcións smithianas.
- Milton Friedman e Rose Friedman: céntranse en temas como "A man invisíbel" e o papel do Estado. Milton e Rose Friedman escriben A libertade de elixir baseados na doutrina smithiana do libre comercio.
- Amartya Sen: lectura renovada de Smith que retoma a Teoría dos sentimientos morais, libro de capital importancia para o campo da ética, a teoloxía e a moral. Amartya Sen destaca a importancia do sentimiento de simpatía na obra de Smith e cuestiona a estreita interpretación friedmaniana que lle atribúe ao egoísmo a harmonía do mundo.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Cohen, Fernando (2011). Pardina, José, ed. "Grandes pensadores de la historia. Las 25 cabezas más influyentes". Muy Historia. Muy Historia (en castelán) (España: G e J España Edicións, S.L., S. en C., publicado o 29/05/2011) (35): 45–70. Arquivado dende o orixinal o 05/02/2013. Consultado o 05/07/2011.
A acumulación de capital é clave para o desenvolvemento económico
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galicitas posúe citas sobre: Adam Smith |
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adam Smith |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
- Economía Política
- Economía
- Teoría do valor-traballo
- Revolución Industrial
- Filosofía
- Moral
- Mercantilismo
- Ilustración
- Ilustración escocesa
- Liberalismo