Avicena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Ibn Sīnā (ابن سینا)
Pūr Sīnā (پور سینا)
Avicena
Idade Media
AvicennaBW.jpg
Avicena

Nome

Abu Ali Husain ebn-e Abdollah Ebn-e Sina

Nacemento

ca. 980
Afshana, Persia

Morte

1037
Hamadán, Persia

Filosofía

Musulmá

Principais intereses

Medicina, Filosofía, Teoloxía islamica, Física, Poesía, Ciencia

Ideas salientables

Pai da moderna medicina e pioneiro na aromaterapia

Influencias

Corán, Mahoma
Ja'far al-Sadiq, Hipócrates
Sushruta, Charaka
Aristóteles, Galeno, Plotino, Neoplatonismo, Matemática India, Wasil ibn Ata, al-Kindi, al-Farabí, al-Razí, Al Biruni, Xoán Filopono

Influenciou a

Al Biruni, al-Ghazali, Omar Khayyam, Fakhruddin al-Razi, Ibn Tufail, Averroes, Shahab al-Din Suhrawardi, Tusi, Ibn Nafís, Escolástica, Alberte o Magno, Duns Scoto, Tomé de Aquino, Giambattista Benedetti, John Locke, William Harvey, Maimónides, Abu 'Ubayd al-Juzjani

Abu-Alí al-Hussain ibn Abd-Al·lah ibn Sina[1] —en turco İbn Sina; en persa ابوعلى سينا (Pur-e Sina fillo de Sina); en árabe أبو علي الحسين بن عبد الله بن سينا, Abū ʿAlī al-Ḥusayn ibn ʿAbd Allāh ibn Sīnā— máis coñecido por Ibn Sina ou sinxelamente como Avicena, nado en Afshana, perto de Bukhara, Gran Khorasán, en 980 e finado en Hamadán en 1037, foi un médico, filósofo, científico polímata persa.[2] [3]

Escribiu cerca de catrocentos cincuenta libros sobre diferentes temas, predominantemente de filosofía e medicina.

Os seus discípulos chamábano Cheikh el-Raïs, é dicir, 'príncipe dos sabios', ou o máis grande dos médicos, o Mestre por excelencia ou, en fin, o terceiro Mestre (despois de Aristóteles e Al-Farabí).

En grego foi chamado Abitianós (Ἀβιτζιανός) e en latín Abitianus, traducido por Abiciá e máis frecuentemente por Avicenna ou Avicena.

Os seus textos máis famosos son O libro da curación e O Canon da Medicina, este último tamén coñecido como O Canon de Avicena.

Foi un dos principais médicos de todos os tempos. Está considerado como a personalidade máis importante da medicina árabe e o médico máis relevante da Idade Media. A súa enciclopedia médica, coas súas traducións en latín realizadas en Toledo por Xerardo de Cremona,[4] co nome de Canon, foi o texto básico para o ensino da medicina en Europa até o século XVIII.[5]

Contexto cultural[editar | editar a fonte]

Avicenna creou un extenso corpus de literatura durante o período coñecido como a Idade de Ouro do Islam, no que as traducións de textos grecorromanos, persas e hindús foron moi estudados. Textos grecolatinos das escolas neoplatónica e aristotélica, da escola Al-Kindí foron comentados, novamente editados e de maneira substancial desenvolvidos polos intelectuais islámicos, que tamén evolucionaron a partir de sistemas matemáticos, astronómicos, alxebraicos, trigonométricos e médicos hindús e persas.[6]

A dinastía samánida na parte oriental de Persia denominada o Gran Khorasán e na Asia central, así como a dinastía búyida na parte occidental de Persia e no Iraq fomentaron un clima propicio para o desenvolvemento cultural e académico. Baixo os samánidas, Bukhara rivalizaba con Bagdad como a capital cultural do mundo islámico.[7]

O estudo do Corán e o Hadit prosperaron neste ambiente. A filosofia e a teoloxía tamén se desenvolveron principalmente con Avicena e os seus opoñentes. Al-Razí e Al-Farabí proporcionaron a metodoloxía e o coñecemento necesarios sobre a medicina e a filosofía.

Avicena tivo acceso ás grandes bibliotecas de Balkh, Khwarezmia, Gorgán, Rayy, Isfahán e Hamadán. Diversos textos mostran o debate dos puntos filosóficos dos grandes eruditos do seu tempo. Nizami Aruzi describiu como Avicena, antes de saír de Khwarezm, coñecera a Al-Biruní (un famoso científico e astrónomo), Abu Nasr Iraquí (un famoso matemàtico), Abu Sahl Masihí (un respectado filósofo) e Abu al-Khary Khammar (un importante médico).[8]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A única fonte de informacións para a primeira parte da vida de Avicena é a súa autobiografía, escrita polo seu discípulo, Jūzjānī. A falta de outras, é imposíbel ter certeza do que nela é verdadeiro. Xa se ten dito que el usaba a súa autobiografía para avanzar a súa teoría do coñecemento (de que é imposíbel para un individuo adquirir informacións e comprender a ciencia filosófica aristotélica sen ser un mestre) e xa se cuestionou se a cronoloxía dos eventos descrita non está axustada para se conformar de forma máis perfecta ao modelo aristotélico. Noutras palabras, se Avicena se describe a si mesmo estudando na "orde correcta". Porén, dada a ausencia de calquera outra evidencia, o relato debe tomarse coidadosamente.[9]

Representación renacentista de Avicena (Gentile da Foligno, Venecia, 1520).

Avicena, ou Íbn Sina (como foi chamado en persa), naceu o 7 de agosto de 980 en Afshana, provincia do Gran Khorasán, actualmente en Usbequistán), cerca de Bukhara. Seus pais eran musulmáns.

Segundo parece foi precoz no seu interese polas ciencias naturais e a medicina, tanto que aos catorce anos estudiaba só. Seu pai enviouno a estudar cálculo cun mercader, al-Natili. Tiña boa memoria e podía recitar todo o Corán.

Cando seu pai foi nomeado funcionario, acompañouno a Bukhara, daquela capital dos samanís d alí estudou os saberes da época, tales como física, matemáticas, filosofía, lóxica e o Corán. Foi influído por un tratado de al-Farabí que lle permitiu superar as dificultades que encontrou no estudo da Metafísica de Aristóteles. Esta precocidade nos estudos tamén se reflectiu nunha precocidade na súa carreira, pois aos dezaseis anos xa dirixía a médicos famosos e aos dezasete gozaba de fama como médico por salvar a vida do emir Nuh ibn Mansur.

Conseguiu permiso para acceder á biblioteca real, onde ampliou os seus coñecementos de matemáticas, música e astronomía. Ao chegar á maioría de idade xa estudara todas as ciencias coñecidas. Convertiuse en médico da corte e conselleiro de temas científicos até a caída do reino samaní en 999.

En Hamadán, o emir búyida Shams ad-Dawla nomeouno ministro. Impúxose entón un programa de traballo esgotador, dedicándose de día á cousa pública, e de noite á ciencia. Traballaba e dirixía a composición do Shifa e a do Canon. Contou coa axuda de dous discípulos que se repartían a relectura dos manuscritos das dúas obras, sendo un deles Al-Juzjaní, o seu secretario e biógrafo.

Aos vinte anos, e por mediación de Abū Bakr al-Barjuy, escribiu dez volumes chamados O tratado do resultante e o resultado e un estudo dos costumes da época coñecido como A inocencia e o pecado. Con estes libros a súa fama como escritor, filósofo, médico e astrónomo estendeuse por toda Persia, por onde se dedicou a viaxar.

Mausoleo de Avicena en Hamadán.

En 1021, a morte do príncipe Shams al-Dawla e o comezo do reinado do seu fillo Sama' ad-Dawla cristalizaron as ambicións e os rancores. Vítima de intrigas políticas, Avicena acabou no cárcere. Disfrazado de derviche conseguiu evadirse e fuxiu a Ispahán, ao lado do emir kakuyida Ala ad-Dawla Muhammed. Aos trinta e dous anos iniciou a súa obra mestra, o celebérrimo Canon da Medicina (traducida ao latín por Xerardo de Cremona), que contén a colección organizada dos coñecementos médicos e farmacéuticos da súa época en cinco volumes.

Durante unha expedición a Hamadán, no actual Irán, o filósofo sufriu unha crise intestinal grave, que padecía desde había tempo e que contraera, segundo dixeron, por exceso de traballo e de pracer. Intentou curarse só, pero o seu remedio foille fatal. Morreu aos cincuenta e sete anos no mes de agosto de 1037, tras levar unha vida moi atarefada e chea de vicisitudes, esgotado polo exceso de traballo.

Impacto[editar | editar a fonte]

A obra de Avicena é de importancia capital, pois supón a presentación do pensamento aristotélico ante os pensadores occidentais da Idade Media. As súas obras traducíronse ao latín no século XII, reforzando a doutrina aristotélica en Occidente, aínda que fortemente influída polo pensamento platónico.

Representación e Avicena nunha miniatura árabe.

Avicena declarou que lera en máis de corenta ocasións a Metafísica sen chegar a entendela de vez, porque nela Aristóteles non expón a orixe das cousas como obra dun Creador bondadoso. Mesturou a doutrina aristotélica co pensamento neoplatónico, adaptando á súa vez o resultado ao mundo musulmán. Colocou á Razón (manifestación obxectiva da vontade do propio Deus) por riba de todo ser e explicou que con isto chámasenos a buscar a perfección.

Tamén distinguiu entre a esencia abstracta e o ente concreto que non exixe existir, pero existe pola esencia. Ademais, o ente está composto por unha parte necesaria (neste caso Alá, que existe sempre) e unha parte "do posíbel" (o resto dos seres do mundo, que só existen por unha causa: a vontade de Deus). Nega tamén a inmortalidade da alma como ente individual.

Curou dunha grave enfermidade ao emir de Bukhara quen, como recompensa, abriulle as portas da súa gran biblioteca. Ademais de numerosas obras de medicina escribiu tamén sobre filosofía, onde conxugaba a tradición aristotélica con elementos neoplatónicos.

Tivo unha grande influencia en pensadores posteriores do talle de Tomé de Aquino, Boaventura de Fidanza ou Duns Escoto.

Tamén presentou un pensamento similar ao de Descartes, pero moito antes que este, no que expoñía que un home suspendido no aire illado, sen ningún contacto con nada, nin sequera o seu propio corpo, sen ver nin oír, afirmaría sen dúbida ningunha que existe e intuirá o seu propio ser.

En moitos libros de filosofía irmándase o seu pensamento co do cordobés Averroes, pois ambos os dous supoñen o acercamento do islam (e o do Próximo Oriente en xeral) á filosofía grega.

Na Idade de ouro islámica, a causa do éxito de Avicena en conciliar o neoplatonismo e o aristotelismo xuntamente co Kalam, o "avicenismo" constituíuse como a principal escola de filosofia islámica xa no século XII, con Avicena asumindo o papel de máxima autoridade no asunto.[10]

O avicenismo tamén tivo influencia na Europa medieval, particularmente as súas doutrinas sobre a alma e a distinción entre existencia-esencia, principalmente a causa dos debates e tentativas de censura que provocaron na Europa escolástica. Esta situación foi particularmente visíbel en París, onde o avicenismo foi proscrito en 1210. Pese a iso, a súa psicoloxía e a súa teoría do coñecemento influíron en William de Auvergne e Alberte o Magno, en tanto que a súa metafísica tivo impacto no pensamento de Tomé de Aquino.[11]

Obra[editar | editar a fonte]

Representación de Avicena.

Dunha amplitude variábel segundo as fontes (276 títulos para G. C. Anawati, 242 para Yahya Mahdavi), a obra de Avicena é numerosa e variada. Escribiuna principalmente na lengua culta do seu tempo, o árabe clásico, pero algunhas na súa lingua vernácula, o persa. Do conxunto da súa obra chegéronos 105 volumes, algúns de marcado carácter enciclopédico.

Foi o autor de monumentos, de obras máis modestas, pero tamén de textos curtos. A súa obra cobre toda a extensión do saber da súa época:

A finalidade persoal do filósofo encontrou a súa expresión na filosofía oriental (hikmat mashriqiya), unhaa recompilación de vinte e oito mil temas. Esta obra desapareceu de Ispahán en 1034, e non quedan dela máis que algúns fragmentos.

Durante varios séculos, e até o XVII, o su Al-Qanûn (O Canon da Medicina) foi a base da ensinanza desta materia tanto en Europa, onde destronou a Galeno, como en Asia.

Publicacións antigas[editar | editar a fonte]

As obras de Avicena foron publicadas en árabe, en Roma, en 1593.

Traducido ao latín, publicáronse os seus Cánones ou Preceptos de medicina en Venecia, en 1483, 1564 e 1683, e as súas Obras filosóficas en Venecia, 1495; a súa Metafísica ou Filosofía primeira, en Venecia, 1495.

Pierre Vattier traduciu todas as súas obras ao francés, pero só se publicou a Lóxica, París, 1658.

Achegas á medicina[editar | editar a fonte]

Copia dunha tradución latina do Canon da Medicina, de 1484, actualmente coservada no P. I. Nixon Medical Historical Library do The University of Texas Health Science Center en San Antonio, EE.UU.

Avicena na cultura, a literatura e a xeografía[editar | editar a fonte]

Selo de Taxikistán coa imaxe de Avicena (2005).

O premio Avicena é un prestixioso galardón que se outorga ás persoas que se distinguen na ética do quefacer científico.

No libro O médico (The Physician) de Noah Gordon nárrase a ilusión dun mozo inglés, estudante de medicina, por aprender do gran mestre da súa época.

Na novela Avicena ou a rota de Isfahán (Avicenne ou la route d'Ispahan) de Gilbert Sinoué, nárrase desd umhaa perspectiva humana a biografía de Avicena, coas súas pasións e a súa sabedoría.

O cumio Lenin cambiou o seu nome en xullo de 2006, polo goberno de Taxiquistán, polo de cumio Abuali ibn Sino (en lingua taxika, Абӯалӣ ибни Сино), en honor ao filósofo Avicena.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Avicenna, na Enciclopaedya Britannica
  2. Brian Duignan (2010): Medieval Philosophy. The Rosen Publishing Group, p. 89. ISBN 9781615302444. Medieval Philosiophy
  3. Michael Kort (2004): Central Asian republics. Infobase Publishing, p. 24. ISBN 9780816050741 Central Asian republics
  4. González, Aurelio e Miaja de la Peña, María Teresa (2006): Introducción a la cultura medieval Vol. III. México: UNAM. ISBN 978-96-8369-788-2, p. 22
  5. Avicenna, na Gran Enciclopèdia Catalana
  6. VV.AA. (2007): "Major periods of Muslim education and learning". Encyclopædia Britannica Online. Consultada o 10 de xuño de 2013. "Major periods of Muslim education and learning".
  7. Afary, Janet (2007): "Iran". Encyclopædia Britannica Online. Consultada o 10 de xuño de 2013. "Iran".
  8. Aruzi, Nizami (1921): Revised Translation of the Chahar Maqál (Fourx discourses) of Nizámi-I-Arudí of Samarqand followed by an abridged translation of Mírzá Muhammad's notes to the Persian. Universidade de Toronto. Consultada o 10 de xuño de 2013. p. 85.
  9. Encyclopaedia Iranica, Avicenna biography
  10. Nahyan A. G. Fancy (2006): "Pulmonary Transit and Bodily Resurrection: The Interaction of Medicine, Philosophy and Religion in the Works of Ibn al-Nafīs (d. 1288)", Electronic Theses and Dissertations, University of Notre Dame, pp. 80-81.[1]
  11. "The Internet Encyclopedia of Philosophy, Avicenna/Ibn Sina (CA. 980-1037)". 2006-01-06.. http://www.iep.utm.edu/a/avicenna.htm#H5. 
  12. Resolución do goberno taxiko nº 297 de 4 de xullo de 2006, Dushanbe. Consultada o 10 de xiuño de 2013.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Avicena

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Dias, José Pedro Sousa (2005): A Farmácia e a História - Uma introdução à história da Farmácia, da Farmacologia e da Terapêutica, Faculdade de Farmácia da Universidade de Lisboa.
  • Gillispie, Charles Carlston et al. (1981): Dictionary of Scientific Biography cSc - VI, American Council of Learned Societies, New York.
  • Guerra, Francisco (1982): Historia de la Medicina, Madrid, Ediciones Norma, S. A.
  • Pita, Rui João (200): História da Farmácia, 2ª edição, Minerva, Coimbra.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]