Saltar ao contido

Impresión

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Impresión
Imaxe
 Subclase de
 Medio usado
Características
 Industria
 Produto ou servizo
Implicados
 Usado por
 Practicado por
Historia
 Historia
Códigos e identificadores
Freebase/m/0c5mq Editar o valor en Wikidata
MeSHD011327 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons
Proceso de impresión dunha publicación.

A impresión[1] é o proceso e o resultado de reproducir textos e imaxes, polo xeral con tinta sobre papel. É posible imprimir sobre gran diversidade de materiais, sendo necesario utilizar diferentes sistemas de impresión en cada caso. Pódese realizar de forma doméstica, artesanal, comercial ou industrial a grande escala, e é unha parte esencial da edición de libros e toda clase de publicacións impresas coma xornais, revistas, cartas, documentos etc.

Ata a aparición da impresión dixital todos os métodos utilizaban a técnica do gravado, cuxa característica principal é a utilización dun prelo que transfería mediante un golpe sobre o papel a imaxe dunha matriz untada con tinta. Ao longo da historia houbo diferentes sistemas de gravado, algúns coma a serigrafía ou a litografía fóronse adaptando á evolución da técnica e aínda perduran, outros coma a xilografía que fora amplamente utilizada, perderon vixencia e hoxe só se utilizan para a reprodución de obras de arte. As técnicas de impresión evolucionaron con rapidez, dando lugar a novos procedementos que satisfacían novas necesidades ou respondían a avances técnicos. Así foron aparecendo as técnicas do augaforte, o fotogravado (que apareceu a partir da fotografía), a impresión offset, o rotograbado[2] e a xerografía.

As técnicas modernas de impresión dixital están estreitamente relacionadas co tratamento informático dos datos a imprimir. Os datos son enviados directamente á máquina impresora mediante o uso dun software específico de autoedición. Para executar unha impresión dixital é necesario o uso dunha impresora, aparello electrónico que traslada o aspecto visual a unha superficie física a través de variados recursos. As impresoras máis comúns son as de inxección de tinta, que utilizan cartuchos de tinta, e as láser, nas que a tinta aloxada nun depósito de tóner é modulada e dirixida mediante un feixe de raios láser.

As modernas técnicas de impresión en 3D ofrecen novas aplicacións en diversos campos.

Sistemas de impresión

[editar | editar a fonte]
Cuarto de montaxe de páxinas arredor de 1920

Os sistemas de impresión son moi variados, así como os seus resultados. Pódense distinguir grandes grupos con necesidades, procesos e resultados moi diferentes: os artísticos e artesanais, os dixitais e os industriais.

Artísticos

[editar | editar a fonte]

Os métodos de impresión artísticos son aqueles nos que se grava manualmente unha imaxe sobre unha superficie ríxida que despois acollerá tinta e será transferida por presión a outra superficie como papel ou tea, permitindo así facer de xeito mecánico múltiples copias da mesma. Exemplos son a xilografía,[3] o linogravado, o gravado con buril, o gravado con punta seca, a augaforte, o verniz brando, a mezzotinta, a litografía e a serigrafía.

A impresión dixital é toda aquela en que se imprime directamente en papel dende un ficheiro informático. É o sistema máis habitual en pequenas tiraxes.

Algúns dos sistemas habituais son:

  • Inxección de tinta: habitual en impresión doméstica e de pequena tiraxe polo seu baixo custo.
  • Impresora láser: común en documentos de oficina, a impresión por láser permite máis velocidade que a de inxección.

Industrias

[editar | editar a fonte]
  • Tipografía ou impresión tipográfica: é o sistema da imprenta tradicional de tipos móbiles inventado por Johannes Gutenberg. Foi o sistema habitual para imprimir libros e outros textos dende o século XV ata ben entrado o século XX.
  • Litografía: moi popular no século XIX para crear e reproducir imaxes como carteis. Empregaba orixinalmente unha pedra puída sobre a que se debuxa a imaxe cunha materia graxa.
  • Offset: semellante ao proceso litográfico, empregando placas de metal (habitualmente en forma de roda) e engadindo unha placa intermedia ao proceso que mellora o resultado.
  • Serigrafía: utiliza unha malla tensada nun marco e emprégase para imprimir sobre diversos materiais, dende camisetas até baldosas.
  • Tampografía: emprega unha placa metálica ou plástica, revestida dunha emulsión fotosensible. É coñecida pola súa capacidade para imprimir superficies tridimensionais complexas. Utilízase para a marcaxe de pezas industriais e a publicidade.
  • Flexografía: utiliza unha placa con relevo para imprimir, admite diversos tipos de tinta e úsase para embalaxes de cartón corrugado, bolsas de plástico e de papel, etiquetas autoadhesivas ou envoltorios alimentarios.
  • Ocogravado: usado principalmente para revistas e embalaxes.

Impresión en 3D

[editar | editar a fonte]

A impresión en 3D é unha forma de fabricación tecnolóxica na que os obxectos físicos se crean a partir de modelos dixitais tridimensionais empregando impresoras 3D.

Xilografía de Hiroshige.
Xilografía de Jost Amman que amosa un gravador.

A impresión foi documentada por primeira vez na China na Dinastía Tang como un método para imprimir estampados na ropa; os exemplos máis antigos que sobreviven na China datan de antes do ano 220,[4] e de Exipto nos séculos VI e VII.[5]

Na dinastía Tang, un escritor chinés chamado Fenzhi mencionou por primeira vez no seu libro Yuan xian san ji que a impresión xilográfica se empregaba para imprimir escrituras budistas durante os anos de Zhenguan (627-649 d. C.). A obra impresa chinesa máis antiga da que se ten constancia é unha impresión xilográfica de escrituras budistas do período Wu Zetian (684-705), descuberto en Tubofan (provincia de Xinjiang) en 1906. Foi roubado polos invasores xaponeses e atópase en posesión do Museo da Caligrafía en Tokyo. O libro impreso máis antigo documentado que aínda se conserva, unha copia dun texto budista, o Sutra do diamante, está datado en 848, mais escavacións nun pagode coreano puido desenterrar outro texto máis antigo datado en 750-751.[6][7] Na historiografía moderna chinesa, a impresión está considerada como unha das catro grandes invencións da China antiga.

Un monumento conmemorativo ao trono de 1023, dinastía Song do norte da China, documentaba que o goberno central nese tempo empregaba follas de bronce para imprimir o papel moeda e tamén bloques de bronce para imprimir os números e os caracteres na moeda. Na dinastía Jin, a xente empregou a mesma técnica pero máis desenvolvida para imprimir papel moeda e documentos oficiais formais. O exemplo típico deste tipo de impresión tipográfica con bloques de bronce é un cheque impreso da dinastía Jin do ano 1216.

Impresión en occidente

[editar | editar a fonte]

A imprenta de tipos móbiles, predecesora dos actuais sistemas de impresión foi inventada por Johannes Gutenberg contra 1450.[8]

Máis tarde apareceu a litografía, un sistema de impresión desenvolvido por Aloys Senefelder quen, sabendo que a auga e o aceite se repelen naturalmente, empregou unha pedra calcaria e unha barra de cera para realizar unha impresión, co que revolucionou as artes gráficas permitindo a impresión de imaxe de gran calidade. O sistema de impresión offset deriva da litografía.[9]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para impresión.
  2. Lilien, Otto M. (1972). History of Industrial Gravure Printing up to 1920 (en inglés). London: Lund Humphries.
  3. Historia de la imprenta. "La evolución tecnológica- Grabado en madera". Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2016. Consultado o 03 de xuño de 2017.
  4. Shelagh Vainker in Anne Farrer (ed), "Caves of the Thousand Buddhas", British Museum, 1990. ISBN 0-7141-1447-2.
  5. Arthur M. Hind: An introduction to a history of woodcut. EE. UU.: Houghton Mifflin, 1935. Reimpresión: Dover Publications, 1963, ISBN 0-486-20952-0.
  6. Stearns, Peter. The Encyclopedia of World History: Ancient, Medieval, and Modern, Chronologically Arranged. 2001.
  7. History of Printing History World. Consultado o 16 de novembro de 2012.
  8. Historia de la imprenta. "Los tipos móviles". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2016. Consultado o 03 de xuño de 2017.
  9. Torres Rojas, Álvaro (2014). Impresión offset. IC Editorial. ISBN 978-84-16067-70-1.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outras páxinas

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]