Aborto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Protesta en Holanda contra procesamentos por abortos en España (1979).

Un aborto[1] é a expulsión prematura do útero do embrión ou do feto, antes de que o feto sexa viable ou que a xestación haxa chegado entre as vinte e as vinte-e-oito semanas.[2]

A interrupción pode ser provocada con asistencia médica ou sen ela, e en calquera circunstancia social ou legal. A verba provén do verbo latino aborto, que significa rematar, apagarse, deixar de vivir.[3][4] Diferénciase do aborto espontáneo ou a perda non intencionada da xestación antes das 26 semanas. A prevención de embarazos non desexados e, polo tanto, do aborto inducido afonda tamén nunha política de información e divulgación de métodos de anticoncepción eficaces.[5] Un problema maior, en caso de prohibición, son os abortos clandestinos que se fan en circunstancias precarias de mala hixiene e asistencia, e que son causa frecuentmente de complicacións sanitarias até o punto que segundo a Organización Mundial da Saúde son unha das principais causas de morte materna.[6]

O abroto inducido é unha realidade social que existiu á marxe das prohibicións e condenas éticas. A través da historia, foi materia de controversia ética e social. Aínda está prohibido ou limitado en sociedades diversas e permitido noutras. En países con leis liberais, os partidarios dunha prohibición do aborto médico crearon organizacións para loitar para a protección da vida humana non nada, a miúdo co apoio da Igrexa Católica, que sanciona o aborto coa excomuñón. Nos países de tradición protestante a oposición é menos activa.

Tipos de aborto[editar | editar a fonte]

Aborto inducido[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Aborto inducido.
Aborto inducido
Clasificación e recursos externos
Preparación dun aborto na Idade Media.
ICD-10 O04
ICD-9 779.6
DiseasesDB 4153
MedlinePlus 002912
eMedicine artigo/252560
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

O aborto inducido ou probocado é a interrupción activa do desenvolvemento vital do embrión ou feto ata dentro das 22 primeiras semanas do embarazo. O aborto provocado foise despenalizando en moitos países, tanto do primeiro, do segundo, como do terceiro mundo, baixo diversos supostos. Considérase aborto legal cando se practica seguindo a lei que o regula e é ilegal ou clandestino cando se realiza malia que as leis do país onde se leva a cabo o prohiben ou castigan. Pode tratarse dun aborto terapéutico (ou aborto indirecto) cando se realiza desde razóns médicas, ou dun aborto electivo (interrupción voluntaria do embarazo), cando se realiza por decisión da muller embarazada.[7]

Á súa vez, segundo a técnica empregada para inducir o aborto, pódese falar de aborto médico ou aborto con medicamentos[8] e de aborto cirúrxico.[9][10]

Aborto espontáneo[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Aborto espontáneo.

O aborto espontáneo ou aborto natural é aquel que non é provocado intencionalmente. A causa máis frecuente é a morte fetal; por anomalías conxénitas do feto, frecuentemente xenéticas. Noutros casos débese a anormalidades do tracto reproductivo, ou a enfermidades sistémicas da nai ou enfermidades infecciosas. Cando a idade xestacional é superior a 22 semanas ou o peso do feto supera os 500 gramos, fálase de morte fetal. entre os signos e síntomas atópanse o sangrado transvaxinal anormal, polo cal ten que ser valorada polo seu xinecólogo e verificar que non queden restos placentarios.[11]

Historia[editar | editar a fonte]

Ó longo da historia, o aborto provocado foi sempre unha materia controvertida polas súas implicacións éticas e morais. Estivo reiteradamente prohibido ou limitado, o que non impedía gran número de abortos ilegais que con moita frecuencia causaban tamén a morte da muller. Nos comezos do século XX algúns países comezaron a despenalizar o aborto nos casos que se realizaba para protexer a vida da nai. En 1920 a Unión Soviética legalizou tódolos abortos, política que se mantivo ata 1936. Islandia foi o primeiro país occidental en legalizar o aborto terapéutico en 1935, seguíronlle os países escandinavos e en 1967 fíxoo a Gran Bretaña e nos Estados Unidos en 1973 a maioría dos estados permitiron o aborto. En España, e polo tanto en Galicia, despenalizouse en 1985.

O aborto na Unión Europea[editar | editar a fonte]

Na Unión Europea o aborto recibe diferentes consideracións legais:

A interrupción voluntaria do embarazo en España[editar | editar a fonte]

Desde 2010, o aborto pode realizarse dentro das primeiras 14 semanas de xestación sen máis requisito que a vontade da muller, expresada por escrito. No caso das mozas de 16-17 anos, a decisión correspóndelle exclusivamente a elas, aínda que a lei establece que un dos seus pais ou representantes legais será informado desta decisión [12].

En estadíos de xestación máis avanzados poderá solicitarse o aborto por causas médicas no caso de grave risco para a saúde ou a vida da nai ou graves anomalías no feto (antes das 22 semanas da xestación) ou, en calquera momento, cando se detecten anomalías fetais incompatibles coa vida ou enfermidades do feto extremadamente graves e incurables no momento do diagnóstico.

A interrupción voluntaria do embarazo en Galicia[editar | editar a fonte]

Segundo datos do SERGAS, no ano 2009 producíronse 2.650 abortos en Galicia, o 13% en centros públicos e o 87% en centros privados. En 12 casos eran rapazas de menos de 15 anos de idade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para aborto.
  2. "Avortament induït o provocat: causes, procediments i possibles conseqüències". 10 de decembro de 2013. Consultado o outubro de 2014. 
  3. Bruguera i Talleda, Jordi; Fluvià i Figueras, Assumpta (1996 (2004, 4ª edición)páxina = 94). Diccionari etimològic. Barcelona: Enciclopèdia Catalana. ISBN 9788441225169. 
  4. Seva i Llinares, Antoni (1993 (2007)). Diccionari Llatí-Català. Barcelona: Ed. Enciclopèdia Catalana. p. 36. ISBN 978-84-7739-631-4. 
  5. Espai Món, ed. (2014). "La penalització de l'avortament: partint d'una premissa errònia". Consultado o 8 de novembro de 2014. 
  6. Organización Mundial da Saúde (6 de maio de 2014). "Why do so many women still die in pregnancy or childbirth?" (en inglés). Consultado o 8 de novembro de 2014. The vast majority of maternal deaths could be prevented if women had access to quality family planning services, skilled care during pregnancy, childbirth and after delivery, or post-abortion care services and where permissible, safe abortion services. 
  7. Técnicas de Interrupción voluntaria del embarazo, 2009, estadísticas, España
  8. Aborto médico o Aborto con medicamentos, en MedlinePlus
  9. Aborto quirúrgico, en MedlinePlus
  10. Hechos sobre el aborto inducido en el mundo, Instituto Guttmacher.
  11. Aborto espontáneo, en MedlinePlus
  12. Non será preciso informar os pais se a menor alega fundadamente que facelo pode provocar unha situación de grave conflito (violencia intrafamiliar, ameazas, coaccións ou malos tratos) ou que se dea unha situación de desarraigo ou desamparo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aborto Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]