Reencarnación


A reencarnación[1] é a crenza filosófica ou relixiosa de que a esencia non física dun ser vivente comeza unha nova vida nunha forma física ou corpo diferente após a morte biolóxica. Tamén é chamada renacemento ou transmigración.[2][3]
A reencarnación é tema central nas relixións indias, principalmente no xainismo, no budismo, no sikhismo e no hinduísmo, malia que hai grupos hindús que non cren na reencarnación mais si cren na outra vida.[3][4][5][6] É unha crenza esotérica en moitas correntes do xudaísmo ortodoxo e tamén está presente (en formas diferentes) nas crenzas dos indíxenas de América do Norte[7] e nalgúns grupos aborixes australianos (aínda que a maioría cre na outra vida ou no mundo dos espíritos).[8] A crenza no renacemento/metempsicose foi recollida por figuras históricas gregas como Pitágoras, Sócrates e Platón.[9] Tamén é unha crenza común en varias relixións modernas. Malia que a maioría das denominacións dentro do cristianismo e do islam non cren que os indiviudos se reencarnen, existen grupos particulares dentro desas relixións que si se refiren á reencarnación; estes grupos inclúen os principais seguidores históricos e contemporáneos do catarismo, o alauísmo, o drusismo,[10] e o rosacrucianismo.[11] As relacións históricas entre estes grupos e as crenzas sobre a foron características do neoplatonismo, o orfismo, o hermetismo, o maniqueísmo e o gnosticismo da era romana, así como nas relixións indias que foron obxecto de investigacións académicas recentes.[12] Nas décadas recentes, moitos europeos e norteamericanos desenvolveron un interese na reencarnación,[13] e moitas obras contemporáneas menciónana.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para reencarnación.
- ↑ Norman C. McClelland 2010, pp. 24–29, 171.
- ↑ 3,0 3,1 Mark Juergensmeyer & Wade Clark Roof 2011, pp. 271–272.
- ↑ Stephen J. Laumakis 2008, pp. 90–99.
- ↑ Rita M. Gross (1993). Buddhism After Patriarchy: A Feminist History, Analysis, and Reconstruction of Buddhism. State University of New York Press. pp. 148. ISBN 978-1-4384-0513-1.
- ↑ Flood, Gavin D. (1996), An Introduction to Hinduism, Cambridge University Press
- ↑ Gananath Obeyesekere, Imagining Karma: Ethical Transformation in Amerindian, Buddhist, and Greek Rebirth. University of California Press, 2002, páxina 15.
- ↑ Crawley
- ↑ Véxase Charles Taliaferro, Paul Draper, Philip L. Quinn, A Companion to Philosophy of Religion. John Wiley and Sons, 2010, page 640, Google Books
- ↑ Hitti, Philip K (2007) [1924]. Origins of the Druze People and Religion, with Extracts from their Sacred Writings (New Edition). Columbia University Oriental Studies. 28. Londres: Saqi. pp. 13–14. ISBN 0-86356-690-1
- ↑ Heindel, Max (1985) [1939, 1908] The Rosicrucian Christianity Lectures (Collected Works): The Riddle of Life and Death. Oceanside, California. 4th edition. ISBN 0-911274-84-7
- ↑ An important recent work discussing the mutual influence of ancient Greek and Indian philosophy regarding these matters is The Shape of Ancient Thought de Thomas McEvilley
- ↑ "Popular psychology, belief in life after death and reincarnation in the Nordic countries, Western and Eastern Europe" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2009. Consultado o 25 de abril de 2007. (54.8 KB)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Reencarnación ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- John Bowker (2014). God: A Very Short Introduction. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-870895-7.
- Chapple, Christopher Key, W Sargeant (Translator) (2010). The Bhagavad Gita: Twenty-fifth–Anniversary Edition. State University of New York Press. ISBN 978-1-4384-2840-6.
- Harold Coward (2008). The Perfectibility of Human Nature in Eastern and Western Thought: The Central Story. State University of New York Press. ISBN 978-0-7914-7336-8.
- Jeaneane D. Fowler (1997). Hinduism: Beliefs and Practices. Sussex Academic Press. ISBN 978-1-898723-60-8.
- Padmanabh Jaini (1980). Wendy Doniger, ed. Karma and Rebirth in Classical Indian Traditions. University of California Press. ISBN 978-0-520-03923-0.
- Kalupahana, David J. (1992). A history of Buddhist philosophy. Motilal Banarsidass.
- Keown, Damien (2013). Buddhism: A Very Short Introduction. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-966383-5.
- Mark Juergensmeyer; Wade Clark Roof (2011). Encyclopedia of Global Religion. SAGE Publications. ISBN 978-1-4522-6656-5.
- Stephen J. Laumakis (2008). An Introduction to Buddhist Philosophy. Cambridge University Press. ISBN 978-1-139-46966-1.
- Norman C. McClelland (2010). Encyclopedia of Reincarnation and Karma. McFarland. ISBN 978-0-7864-5675-8.
- Giannis Stamatellos (2013). Plotinus on Transmigration: a Reconsideration. Journal of Ancient Philosophy 7,1.
- Obeyesekere, Gananath (2005). Wendy Doniger, ed. Karma and Rebirth: A Cross Cultural Study. Motilal Banarsidass. ISBN 978-8120826090.
- Trainor, Kevin (2004). Buddhism: The Illustrated Guide. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-517398-7.
- Paul Williams; Anthony Tribe; Alexander Wynne (2012). Buddhist Thought. Routledge. ISBN 978-1-136-52088-4.