Sorgo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O sorgo[1] é o nome común de calquera planta do xénero Sorghum spp. Un xénero dunhas 20 especies de gramíneas[2] orixinarias das rexións tropicais e subtropicais de África oriental. Ten a súa orixe en África do leste e procede das variedades salvaxes en Etiopía hai 5.000 anos. Cultívanse na súa zona de orixe, Europa, América e Asia como cereal para consumo humano, animal, na produción de forraxes, e para a elaboración de bebidas alcólicas e vasoiras. A súa resistencia á seca e á calor faino un cultivo importante en rexións áridas, e é un dos cultivos alimentarios máis importantes do mundo.

É a quinta colleita de cereal no mundo, canto á súa produción (470 000 km², recollido en 1996). O produtor máis grande é Estados Unidos.

O sorgo coñécese con varios nomes: millo grande e millo de Guinea en África occidental, kafir en África austral, duro no Sudán, mtama en África oriental, iowar na India e kaoliang na China (Purseglove, 1972).

As moitas subespecies divídense en catro grupos: sorgos do gran, sorgos da herba (para o pasto e o feo), sorgos doces (xaropes do sorgo), e millo tipo vasoira (para as vasoiras e os cepillos).

Ao se tratar dun alimento carente de glute, representa unha opción nutritiva para as persoas celíacas. Posúe propiedades antidiarreicas, ou adstrinxentes, e homeostáticas.

O sorgo común (Sorghum vulgare ou Sorghum bicolor) é a especie máis estendida, cuxas sementes se utilizan para facer fariña e a planta como forraxe.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A verba galega sorgo é tomada do italiano e este do latín moderno sorghum, que moi probabelmente provén do latín vulgar syricum; é dicir, proveniente de Siria. Rexión onde os romanos seica coñeceron esta graminea. O nome xenérico Sorghum imposto por Moench foi conservado oficialmente desde 1794 , de xeito que Sorgum L. non é válido.[3][4]

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero Sorghum caracterízase por pequenas espigas que nacen a pares. O sorgo cultívase como planta anual, aínda que é herba perenne e nos trópicos pode recollerse varias veces no ano.

O sorgo ten unha altura de 1 a 2 m. Ten inflorescencias tipo mazaroca e sementes de 3 mm, esféricas e oblongas, de cor negra, avermellada e amarelenta. Ten un sistema radicular que pode chegar en terreos permeábeis a 2 m de profundidade. As flores teñen estames e pistilos.

O valor enerxético do gran de sorgo é un pouco inferior ao do millo. Pódese estimar como media 1,08 UF/kg. Comparándoo co gran de millo, o do sorgo é xeralmente un pouco máis rico en proteínas, porén máis pobre en materia graxa; como as do millo, son dun valor biolóxico bastante feble; son particularmente deficitarias en lisina.

Cultivo e usos[editar | editar a fonte]

Unha das especies, Sorghum bicolor,[5] orixinaria de África con moitas formas cultivadas agora,[6] é un cultivo importante en todo o mundo, usado para a alimentación (como grans e en xarope de sorgo ou "melaza de sorgo"), forraxe animal, produción de bebidas alcohólicas e biocombustibles. O cultivo do sorgo estivo ligado segundo investigacións arqueolóxicas ao antigo Sudán hai uns 6000-7000 anos.[7]

Todos os sorgos conteñen ácidos fenólicos e a maioría conteñen flavonoides.[8] Os grans de sorgo son unha das fontes de alimento máis altas da proantocianidina flavonoide.[9] O contido total de fenol (tanto en ácidos fenólicos como en flavonoides) está correlacionado coa actividade antioxidante.[8] A actividade antioxidante é alta en sorgos con pericarpo escuro e testa pigmentada.[8] A actividade antioxidante do sorgo pode explicar a reducida incidencia de certos tipos de cancro en poboacións que consomen sorgo.[8]

Os brotes de sorgo son un aperitivo popular na India. É similar aos flocos de millo, aínda que máis pequenos.[10] As receitas para estalar sorgo no microondas ou nunha pota están dispoñibles en liña.[11][10]

A maioría das variedades son tolerantes á seca e á calor, eficientes no nitróxeno[12] e son especialmente importantes nas rexións áridas, onde o gran é un dos elementos básicos para as persoas pobres e do campo. Estas variedades forman compoñentes importantes da forraxe en moitas rexións tropicais. S. bicolor é un importante cultivo alimentario en África, América Central e Asia do Sur, e é o quinto cultivo de cereais máis importante no mundo.[13][14]

Nas primeiras fases do crecemento das plantas, algunhas especies de sorgo poden conter niveis de cianuro de hidróxeno, hordenina e nitratos, que son letais para os animais que pastan. Cando están estresadas pola seca ou a calor, as plantas tamén poden conter niveis tóxicos de cianuro e nitratos en fases posteriores do crecemento.[15][16]

Especies[editar | editar a fonte]

  • Sorghum almum
  • Sorghum amplum
  • Sorghum angustum
  • Sorghum arundinaceum
  • Sorghum bicolor (principal especie cultivada)[17]
  • Sorghum brachypodum
  • Sorghum bulbosum
  • Sorghum burmahicum
  • Sorghum controversum
  • Sorghum drummondii
  • Sorghum ecarinatum
  • Sorghum exstans
  • Sorghum grande
  • Sorghum halepense
  • Sorghum interjectum
  • Sorghum intrans
  • Sorghum laxiflorum
  • Sorghum leiocladum
  • Sorghum macrospermum
  • Sorghum matarankense
  • Sorghum miliaceum
  • Sorghum nigrum
  • Sorghum nitidum
  • Sorghum plumosum
  • Sorghum propinquum
  • Sorghum purpureosericeum
  • Sorghum stipoideum
  • Sorghum timorense
  • Sorghum trichocladum
  • Sorghum versicolor
  • Sorghum virgatum
  • Sorghum vulgare

Produción[editar | editar a fonte]

Os datos da FAO sobre os maiores produtores de sorgo refírense ao conxunto das especies, aínda que se presupón que a meirande parte corresponde á especie Sorghum bicolor.

Listaxe dos 10 principais produtores de sorgo (2013)
País Produción (en millóns de toneladas)
Estados Unidos de América Estados Unidos 9,88
Nixeria Nixeria 5,30
India India 5,28
Etiopía Etiopía 3,82
Arxentina 3,63
China 2,89
Australia Australia 2,22
Brasil 2,12
Burkina Faso Burkina Faso 1,88
Níxer Níxer 1,32
En todo o mundo Aproximadamente 48 millóns de toneladas
Fonte: Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura

FAO Arquivado 30 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine.

Enfermidades[editar | editar a fonte]

Insectos[editar | editar a fonte]

  • Heliothis sp.. É un lepidóptero que tamén afecta a outros cultivos.
  • Spodoptera frugiperda. Aliméntase das partes tenras das follas, dana a panícula antes de que emerxa e despois do gran en desenvolvemento.
  • Spodoptera exigua. Os ovos deste insecto deposítanse nas follas e ao nacer as larvas aliméntanse desta dende o bordo, deixando so o nervio central, tamén se poden alimentar do gran en proceso de maduración.
  • Tetranychus urticae. É un pequeno ácaro apenas visíbel a simple vista
  • Contarinia sorghicola. É unha mosca que ataca durante a floración, podendo chegar a causar perdas do 100%. Pon os ovos nas flores e as súas larvas aliméntanse do gran en formación impedindo o seu desenvolvemento.
  • Elasmopalpus lignoselus ou furador do talo. As bolboretas poñen os ovos no envés da folla e as larvas aliméntanse primeiro do tecido destas, furandoo despois o talo e introducíndose no seu interior e facendo galerías.

Patóxenos[editar | editar a fonte]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito por Conrad Moench e publicado en Methodus Plantas Horti Botanici et Agri Marburgensis : a staminum situ describendi 207. 1794.[18] A especie tipo é: Sorghum bicolor (L.) Moench.

Citoloxía[editar | editar a fonte]

Ten un número de cromosomas de: x = 5. 2n = 10, 20, e 40 (e aneuploides - 26, 33, 38–39 etc.). Cromosomas ‘pequenos’.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sorgo.
  2. Watson L, Dallwitz MJ. (2008). "The grass genera of the world: descriptions, illustrations, identification, and information retrieval; including synonyms, morphology, anatomy, physiology, phytochemistry, cytology, classification, pathogens, world and local distribution, and references". The Grass Genera of the World. Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2007. Consultado o 15 de marzo de 2010. 
  3. Moench. S.saccharatum (L.) Pers.
  4. "Sorgo". Diccionario Etimológico. Consultado o 8 de xuño 2013. 
  5. Mutegi, Evans; Sagnard, Fabrice; Muraya, Moses; et al. (2010-02-01). "Ecogeographical distribution of wild, weedy and cultivated Sorghum bicolor (L.) Moench in Kenya: implications for conservation and crop-to-wild gene flow" (PDF). Genetic Resources and Crop Evolution 57 (2): 243–253. doi:10.1007/s10722-009-9466-7. 
  6. Stefan Hauser, Lydia Wairegi, Charles L. A. Asadu, Damian O. Asawalam, Grace Jokthan, Utiang Ugbe (2015). "Sorghum- and millet-legume cropping systems" (PDF). CABI and Africa Soil Health Consortium. Consultado o 7 de outubro de 2018. 
  7. Carney, Judith (2009). In the Shadow of Slavery. Berkeley and Los Angeles, California: University of California Press. pp. 16. ISBN 9780520269965. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Dykes, Linda; Rooney, Lloyd W. (2006). "Sorghum and millet phenols and antioxidants" (PDF). Journal of Cereal Science 44 (3): 236–251. doi:10.1016/j.jcs.2006.06.007. 
  9. Luca, Simon Vlad; Macovei, Irina; Bujor, Alexandra; Miron, Anca; Skalicka-Woźniak, Krystyna; Aprotosoaie, Ana Clara; Trifan, Adriana (2020). "Bioactivity of dietary polyphenols: The role of metabolites". Critical Reviews in Food Science and Nutrition 60 (4): 626–659. PMID 30614249. doi:10.1080/10408398.2018.1546669. 
  10. 10,0 10,1 "Popped Sorghum". Recipes. Bob's Red Mill. 2021. Consultado o 2021-02-17. 
  11. "Popped Sorghum". Recipes. Whole Foods Market. 2021. Consultado o 2021-02-17. 
  12. Mulhollem, Jeff (10 de agosto de 2020). "Flavonoids' presence in sorghum roots may lead to frost-resistant crop". Pennsylvania State University. 
  13. Danovich, Tove (15 de decembro de 2015). "Move over, quinoa: sorghum is the new 'wonder grain'". The Guardian. Consultado o 31 de xullo de 2018. 
  14. Willy H. Verheye, ed. (2010). "Growth and Production of Sorghum and Millets". Soils, Plant Growth and Crop Production II. EOLSS Publishers. ISBN 978-1-84826-368-0. 
  15. "Cyanide (prussic acid) and nitrate in sorghum crops Primary industries and fisheries". Queensland Government. Consultado o 2021-05-13. 
  16. "Sorghum". Agriculture Victoria. The State of Victoria. Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2019. Consultado o 2018-10-15. 
  17. National Research Council (1996). National Academies Press, ed. Lost Crops of Africa: Volume I: Grains. ISBN 978-0-309-04990-0. 
  18. "Sorgo". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 16 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]