BaNjO

Conversa usuario:Banjo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Replacement filing cabinet.svg
Arquivos
1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10
11, 12, 13, 14

Galego Por favor, engade a túa mensaxe na parte inferior da páxina e non esquezas asinar co botón OOUI JS signature icon LTR.svg, ou con --~~~~. Grazas!
English Please, add your message in the bottom of the page and don't forget to sign by clicking the icon OOUI JS signature icon LTR.svg or by typing --~~~~. Thank you!
Español Por favor, añade tu mensaje en la parte inferior de la página y no olvides firmar con el botón OOUI JS signature icon LTR.svg, o con --~~~~. ¡Gracias!
Português Por favor, adicione a sua mensagem na parte inferior da página e não se esqueça de assinar com o botão OOUI JS signature icon LTR.svg, ou con --~~~~. Obrigado!

Crystal 128 knode.png Tech News / Signpost

  T     S  

Cambio de Lebre por Lepus[editar a fonte]

Ola Banjo. Comprobei que no artigo Eulagos (subxénero) cambiaches, parece que automaticamente, no "nome de xénero" do cadro de clasificación, o Lebre|Lepus, que eu puxera, por Lepus (e non sei se o fixeches noutras oasións). Naturalmente que estou de acordo en que o xénero é Lepus, faltaría máis, pero o que ocorre é que se poño isto, automaticamente se redirixe ao artigo da constelación Lepus. Como nestes días ando a traballar en artigos de lepóridos isto está a causarme moitas complicacións, como explico na páxina de conversa do artigo Lebre, que moito che agradeceria que vistaras. Un saúdo, e feliz aninovo. --XoioÉche o que hai 1 de xaneiro de 2019 ás 17:59 (UTC)

@Xoio: Non cambiei nada nese artigo. Ese artigo ten 5 edicións, catro túas e unha do meu bot no que este só formateou un espazo en branco. Cando teña oportunidade revisarei a cuestión do título do artigo do xénero que indicas. Banjo tell me 1 de xaneiro de 2019 ás 19:59 (UTC)
Grazas pola contestación. E cando poidas ver o que digo na convera de Lebre comprobarás as incoherencias que che conetei. --XoioÉche o que hai 1 de xaneiro de 2019 ás 20:29 (UTC)

Francesc Boix[editar a fonte]

Boa tarde Banjo. Agradeceríache que, cando teñas un momento, me botaras unha man. Veño de facer o artigo Francesc Boix i Campo e teño dous problemiñas coas notas coas que levo toda a tarde pegándome con elas e non dou feito. Un, coido que debe ser máis sinxelo de amañar, a nota 14 debería ser a mesma cá 2 pero non consigo facelo. E, o maior problema é o que aparece na nota 6 ("erro no código da cita 22) que no consigo amañalo. Graciñas.--MAGHOI (conversa) 11 de xaneiro de 2019 ás 19:30 (UTC)

@MAGHOI: Feito! Feito! Á hora de reutilizar referencias non é necesario poñer as referencias completas en cada instancia, con poñer a primeira, asignarlle un nome e facer referencia a ese nome nas seguintes aparicións é suficiente. Tes máis información sobre isto en Axuda:Citas ao pé#Citas ao pé: reutilizar unha mesma fonte Banjo tell me 11 de xaneiro de 2019 ás 21:57 (UTC)
Mil grazas. Normalmente xa o fago así, pero desta volta non sei que pasou. Fixen a tradución da wiki catalá e completeina con informacións da española e, de súpeto, comezou a facer cousas raras e pensei que había algún rollo de html. Mirei na edición da fonte, e a cada paso liábame máis. Grazas, de novo.--MAGHOI (conversa) 11 de xaneiro de 2019 ás 23:07 (UTC)

Merge[editar a fonte]

Hi! Excuse me for writing in English. I have seen you have undone my redirect from Nomenclatura binomial to Nomenclatura binominal ... could you merge the two articles instead? Thank you very much, --Epìdosis (conversa) 26 de xaneiro de 2019 ás 09:59 (UTC)

@Epìdosis: I've just marked them for merging. The contents need to be reviewed and corrected in both articles before merging their histories, and the redirect should stay the other way around. Banjo tell me 26 de xaneiro de 2019 ás 10:02 (UTC)

html to wiki[editar a fonte]

Boa tarde, Banjero.

No historial de La Barraca hai unha táboa en html [1]

Algunha ferramenta que a transforme en wiki? --. HombreDHojalata.conversa 3 de febreiro de 2019 ás 17:49 (UTC)

@HombreDHojalata: HTML2wiki É sinxelo de usar. Copia todo o contido entre <TABLE>...</TABLE>, ámbalas dúas incluídas, no cadro superior, preme Convert. O texto en formato wiki sae no cadro de embaixo, aínda así pode que precise algún amaño manual a maiores. Banjo tell me 3 de febreiro de 2019 ás 18:01 (UTC)

Atopei estoutro e voume apañando con el. Graciñas! --. HombreDHojalata.conversa 3 de febreiro de 2019 ás 18:05 (UTC)

Redirect[editar a fonte]

Ola, Banjo. Vin a reversión da categoría de ISS. As redireccións non poden categorizarse? --Agremon(contacto) 8 de febreiro de 2019 ás 22:50 (UTC)

@Agremon: Non se categorizan, só en casos moi puntuais por cuestións de mantemento. Wikipedia:Redireccións#Categorización de páxinas de redireccións Banjo tell me 8 de febreiro de 2019 ás 22:52 (UTC)

A ver se algún día fago ese resume/indexado de normas que teño ganas de facer dende hai tempo... Ou mellor, se simplifican. Grazas, Banjo. --Agremon(contacto) 8 de febreiro de 2019 ás 23:09 (UTC)

Modelo:Usuario agradecementos[editar a fonte]

Ola amigo.

En maio fixen este modelo: {{Usuario agradecementos}}. Pareceume unha cousa moi pavera.

Porén, detectei aí atrás que un compañeiro alemán ten unha versión mellorada, con numeriños automáticos: de:Benutzer:Prüm/Vorlage:Danke.

Tentei adaptar o noso, mesmo copiándolle o Módulo:Str2, pero nada, chico.

Apetéceche meterlle man? --. HombreDHojalata.conversa 12 de febreiro de 2019 ás 20:33 (UTC)

@HombreDHojalata: Éche moi pillo o alemán este. Usa unha subpáxina para poñer o número de agradecementos feitos e recibidos, que a súa vez actualiza un bot feito por outro usuario. Non cheguei a ver se o código do bot está publicado nalgures, (o meu alemán limítase a coñecer as letras de Rammstein), ou se se podería adaptar aquí de forma doada. Investigarei algo se saco tempo, pero non podo prometerche moito. Banjo tell me 12 de febreiro de 2019 ás 21:13 (UTC)
Déixao, déixao. Non caera eu niso da necesaria concorrencia do Benutzer:FNBot. Queda como está, que tamén está moi ben. --. HombreDHojalata.conversa 12 de febreiro de 2019 ás 21:19 (UTC)