Usuario:Estevoaei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Wikipedia:Babel
gl Este usuario é galegofalante
(neofalante).


es Este usuario es un hablante nativo de español.
en-3 This user can contribute with an advanced level of English.
pt-3 Este usuário pode contribuir com um nível avançado de Português.
ca-3 Aquest usuari pot contribuir amb un nivell avançat de català.
Noia 64 apps karm.svg Este usuario leva 12 anos, 5 meses e 16 días na Galipedia.
106808 Este usuario realizou arredor de 106808 edicións na Galipedia
Wikipedia Administrator.svg Este usuario é un administrador da Galipedia (comprobar).
Wikipedia bureaucrat.svg Este usuario é un burócrata
da Galipedia.
Crystal kviewshell.png Este usuario mellora
artigos co
revisor ortográfico.
A – Á

Commons-emblem-disambig-notice.svg Este usuario mellora as
ligazóns dos artigos co
detector de homónimos.
Wikiproxecto fotos de parroquias Este usuario participa no Wikiproxecto fotos de parroquias.
mulleres Este usuario participa no Wikiproxecto mulleres.


Estevoaei é o meu nome de usuario na Galipedia, onde colaboro de forma activa desde agosto de 2007. Chámome Adrián Estévez, e son de Pontevedra. Vivín tamén en Cangas, San Xurxo de Sacos, Santiago de Compostela e Figueirido.

Fixen o Bacharelato no IES Sánchez Cantón. Estudei un ciclo superior de artes gráficas, fixen a diplomatura de Maxisterio de Primaria na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra, e despois rematei o grao en Lingua e literatura galegas na USC. Ao respecto, un dos campos que máis me gusta é a toponimia, e estou a desenvolver a subpáxina Usuario:Estevoaei/topónimos. Dentro da literatura gústame especialmente a narrativa contemporánea, máis concretamente a novela negra. Estou moi orgulloso de traducir ao galego a novela de John Fante A irmandade da uva. Probei a escribir relatos, e publiquei algúns en revistas e fanzines, ás veces baixo pseudónimo. Colaboro en Pontevedra Viva facendo crítica literaria unha vez por semana coa sección "Lecturas desde O Alcouce".

Creo firmemente na autoxestión; milito no anarcosindicalismo e colaboro no Liceo Mutante. Creo que a propiedade intelectual é un roubo. Gústame o deporte, e xogo á billarda e no Pontevedra Fútbol Gaélico. Amais de diversos lugares da península Ibérica, estiven en Mallorca, Monte Carlo, Milán, Venecia, Verona, Florencia, Pisa, Roma, a Cidade do Vaticano, Xibraltar, Sheffield, Cholet, Praga, Copenhaguen, Bérgamo, Liubliana, Zagreb, Saraxevo, Mostar, Dubrovnik, Split, París, Berna, Viena, Londres, Sicilia, Madeira, Turín, Aberystwyth e Cidade do Cabo.

Son un lambón. Gústame o polbo á feira, os pementos de Padrón, o arroz con chícharos, a tortilla de patacas, o leite frito, a sidra, o viño e o kalimotxo.
Adoro bailar. Gústame ir a concertos e sacar fotos, desde Einstürzende Neubauten até Ataque Escampe pasando por Julieta Venegas.

Wiki-actividades[editar | editar a fonte]

Bimenes; xullo de 2017.
Lugo, novembro de 2015.
Cómplice de viaxes Wikipédicas (2007-2012).
Cómplice de viaxes Wikipédicas (2012-2018).
Cómplice de viaxes Wikipédicas (2018-).
Premio Xoán Manuel Pintos, 2018.
Galician literature in Wikipedias. Aberystwyth, xullo de 2018.
WikiTakes Rural Areas. Cape Town, xullo de 2018.
Pero aínda non sabes cal é a etimoloxía do topónimo Cuspedriños?
Non todo vai ser Wikipedia.

Rexistreime como usuario en maio de 2006, e as miñas primeiras edicións foron nos artigos de Evo Morales e a CNT. Comecei a editar de forma constante no verán de 2007, e aos poucos fun aprendendo a subir fotos, traducir artigos doutras linguas e redactar artigos novos desde cero. Compañeiros do proxecto axudáronme a aprender o funcionamento das categorías, as interwikis e outros trebellos. Despois coñecín Wikimedia Commons (o repositorio de material fotográfico, sonoro e audiovisual), o Wiktionary (onde me gustaría colaborar máis) e WikiData (o futuro).

De vez en cando gústame coller o carro e a cámara e ir tirar unhas fotacas e coñecer mundo. Libero as fotos que saco con licenza GNU, e alégrame miralas despois por aí e ver que se lles dá uso, pero mólame que se citen as fontes. Creo firmemente na filosofía do compañeiro Angeldomcer: "Se hai que facer un artigo novo, faise. Pero redactar por menos de 2000 bytes (de texto) é tontería". Procuro engadir artigos sobre Galiza doutras wikis á lista de artigos iniciados. Pero antes hai moooito que aumentar e wikificar. Teño un virus no computador que me fai estar 25 horas ao día enganchado á páxina de cambios recentes. Cando estou aburrido, fedello buscando unha páxina aleatoria; por veces, descóbrense artigos moi interesantes!! Un dos retos que me propuxen foi o 100wikidays.

A través da Galipedia, coñecín xente moi interesante, xa vía on-line, xa en encontros (Pontevedra, 09/02/2008; Santiago de Compostela, 10/04/2010; Lugo, 23/10/2010; Pontevedra, 20/04/2011; Cidade da Cultura, 17/11/2011; Aranda de Duero, 19/11/2016).

Estiven presente en varias Wikimaratóns:
-Segundo wikimaratón do Día da Ciencia en Galego (Lugo, novembro de 2015)
-Primeiro wikimaratón do audiovisual (Pontevedra, novembro de 2015)
-Editatón 30x30 Tratados de Paz na Arte (Donostia, xullo de 2016[1]
-Wikimaratón Museo da enerxía (Ponferrada, novembro de 2016)
-Wiki Takes Manchuela (La Mancha, abril 2017)
-Wiki Takes Cuenca (Cuenca, maio 2018)
Wiki Takes Zamora (Zamora, outubro 2018)
-Wikimaratón sobre la llingua asturiana, no marco do Wikialcuentru 50.000 artículos n'asturianu (Bimenes, xullo 2017[2]
-editatón termas romanas (Madrid, novembro de 2017)
-Segundo wikimaratón do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia (Compostela, febreiro 2018).
-Primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller (Ourense, marzo de 2018)
Wikimaratón Grupo Nós (Ourense, outubro de 2018).
Tamén estiven no encontro Aprendendo WikiData (Compostela, febreiro 2018).

Estiven no Celtic Knot Conference 2018 (Gales, xullo 2018), e participei coa charla "Galician Literature in Wikipedias: from Middle-Age lyric to contemporaneous crime fiction". Asistín a Wikimania 2018 (Cidade do Cabo, xullo 2018), onde presentei o póster 100wikidays: women writers, e colaborei na charla Documenting rural areas by WikiTakes activities.

Son socio de Wikimedia España desde o ano 2016. Estiven nas V Jornadas de Wikimedia España (Murcia, setembro 2017), e asistín ás xornadas de estratexia 2018-2021 (Torreandaluz, xaneiro 2018). Irei ás xornadas de WMES de Gasteiz en outubro de 2018.

Dei charlas introdutorias á Galipedia no CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco (marzo de 2016), no CEIP Enrique Barreiro de Vilariño (maio de 2018), no IES Sánchez Cantón de Pontevedra (abril de 2014 e abril de 2018), o IES As Lagoas de Ourense /maio de 2018), na Facultade de Filoloxía da USC e na Facultade de Filoloxía da Coruña (novembro de 2016). Tamén falei noutra Wikimaratón na FFT da Uvigo[3] e mais noutra en Teleco[4], as dúas en abril de 2016[5]. Canda a Usuario:Ogalego.gal dei unha charla sobre a Galipedia para o Programa de Maiores do Campus de Pontevedra na Casa das Campás en decembro de 2017. En marzo de 2018 comecei a coordinar o proxecto Maxisterio Ourense. Nese mesmo mes dei un curso de introdución á Wikipedia organizado pola asociación AberTeo, e en abril dei un curso de introdución a Commons organizado pola asociación Nfoca8 de Betanzos. Tamén fixen unha charla nunha taberna en Pontevedra, cunha reflexión sobre os motivos que me levan a editar na Wiki.

Falei tres veces sobre a Galipedia na Radio Galega: o 11 de agosto de 2009, ao chegarmos aos 50.000 artigos; o 12 de marzo de 2013 no Diario Cultural[6], polo décimo aniversario; o 2 de outubro de 2017 no Galicia por diante sobre o Wikiconcurso Ilustra o Día das Letras[7]. Entrevistáronme en GCiencia polo 15º aniversario.[8]

Xunto co Usuario:Beninho redactei o artigo "Análise e evolución da Galipedia, a Wikipedia en lingua galega"[9], que apareceu na revista Madrygal en 2012. Escribín un artigo sobre a presenza do rugby na Galipedia para a revista O salmón oval, e redactei para clase este traballo sobre a escolla de nomes de usuario na Galipedia. En base a el, participei na III Xornada de Onomástica Galega que celebra a RAG (Pontevedra, outubro 2018).

Participei nas xornadas A Historia no medio: Unha análise da Historia nos medios de comunicación, que tiveron lugar na Facultade de Historia do Campus de Ourense en maio de 2012, coa charla "A Galipedia como medio para achegarse á historia"[10]. Tamén participei no II Congreso Internacional Relex, A terminoloxía, unha necesidade da sociedade actual[11], celebrado na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela en outubro de 2015, onde falei nunha mesa redonda sobre o traballo colaborativo.

En marzo de 2018 recollín en nome da Galipedia o Premio Xoán Manuel Pintos ao compromiso coa lingua, concedido polo Concello de Pontevedra.

Obxectivos e prioridades[editar | editar a fonte]

Pendente[editar | editar a fonte]

Xeografía
Wikidata
Lingua e literatura

Recursos[editar | editar a fonte]

Dicionarios, glosarios, corpus[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]