Guerra dos Cen Anos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Guerra dos Cen Anos
Hundred Years' War montage.jpg
No sentido das agullas do reloxo, dende arriba á esquerda: Xoán I de Bohemia na Batalla de Crécy, frotas inglesas e franco-castelás na Batalla de La Rochelle, Henrique V de Inglaterra e o exército inglés na Batalla de Agincourt, Xoana de Arco arenga ás tropas francesas no Sitio de Orleáns
Data Mércores 1 de xaneiro de 1337 - 17 de outubro de 1453 (116 anos)
Lugar Principalmente en Francia e nos Países Baixos borgoñóns tamén en Inglaterra e España
Resultado vitoria francesa
a Dinastía Valois conservou o trono de Francia
Casus belli Eduardo III de Inglaterra reclama a coroa de Francia e desafía a Filipe VI de Valois
Belixerantes
Flag of England.svg Reino de Inglaterra
Arms of the Duke of Burgundy (1364-1404).svg Borgoña[1]
PortugueseFlag1385.svg Reino de Portugal
Kroaz Du.png Ducado da Bretaña[2]
Flag of Normandie.svg Normandía
Pavillon royal de la France.svg Reino de Francia
Banner of arms crown of Castille Habsbourg style.svg Coroa de Castela
Kroaz Du.png Ducado da Bretaña[3]
Royal Arms of the Kingdom of Scotland.svg Reino de Escocia
Flag of Genoa.svg Xénova
Siñal d'Aragón.svg Coroa de Aragón
Wappen Königreich Böhmen.png Reino de Bohemia
Bandera de Reino de Navarra.svg Reino de Navarra[4]
Líderes
InglaterraEduardo de Woodstock
InglaterraTomas de Clarence
Escudo de FranciaXoán II de Francia
Escudo de Francia Xoana de Arco
Forzas en combate
145.000 homes [Cómpre referencia] 200.000 homes [Cómpre referencia]
Baixas
59.000 mortos e feridos [Cómpre referencia] 53.000 mortos e feridos [Cómpre referencia]

A expresión guerra dos Cen Anos (en francés: guerre de Cent Ans, en inglés: Hundred Years' War) identifica unha serie de conflitos armados, rexistrados de forma intermitente, durante os séculos XIV e XV, que durou en realidade 116 anos (mércores[5] 1 de xaneiro de 1337 - mércores[6] 17 de outubro de 1453)[7][8][9][10] entre as dinastías dos Plantagenet e os Valois arrastrando con elas os reinos de Francia e Inglaterra. Esta guerra foi de raíz feudal, pois o seu propósito non era outro que resolver quen controlaría as enormes posesións dos monarcas ingleses en territorios franceses, desde 1154, debido ao ascenso de Henrique II Plantagenet, conde de Anjou, ao trono inglés. Tivo implicacións internacionais e finalmente, logo de numerosos avatares, saldouse coa retirada inglesa de terras francesas.

A longa duración dese conflito explícase polo grande poderío dos ingleses dun lado e a obstinada resistencia francesa do outro. Foi a primeira gran guerra europea que provocou profundas transformacións na vida económica, social e política da Europa Occidental. Francia foi apoiada por Escocia, Bohemia, a Coroa de Castela e o Papado de Avignon. Inglaterra tivo por aliados aos flamengos, alemáns e portugueses. A cuestión dinástica que desencadeou a chamada guerra dos Cen Anos superou o carácter feudal das rivalidades político-militares da Idade Media e marcou o teor dos futuros enfrontamentos entre as grandes monarquías europeas.

Orixes do conflito[editar | editar a fonte]

A rivalidade entre Francia e Inglaterra proviña dos tempos da batalla de Hastings (1066), cando a vitoria do duque Guillermo de Normandía sobre as tropas do rei dos saxóns Harold II de Inglaterra permitiulle apropiarse de Inglaterra. Agora os normandos eran reis dunha gran nación e esixirían ao rei francés ser tratados como tales, pero o punto de vista de Francia non era o mesmo: o Ducado de Normandía sempre fora vasalo, e o feito de que os normandos ascendesen ao trono de Inglaterra non tiña por que cambiar a submisión tradicional do ducado á coroa de París. O conflito comezou cando o último capeto, Carlos IV, morreu sen descendencia en 1328, e Eduardo III de Inglaterra reclamou o seu dereito ao trono de Francia, xa que era neto por vía materna do irmán de Carlos, o rei Filipe V. Os franceses negaron a súa pretensión aducindo a Lei sálica, sendo esta a escusa oficial.

A cuestión dinástica[editar | editar a fonte]

Para comprender a cuestión dinástica de 1328, hai que remontarse unha decena de anos no tempo: En 1316, a morte de Luís X o Obstinado, dous anos só logo da do seu pai Filipe IV o Fermoso marca o fin do milagre capeto: desde o ano 987 ata o 1316, os reis franceses da dinastía dos Capetos sempre habían ter un fillo barón a quen transmitir a coroa. Da súa primeira esposa infiel, Luís X só ten unha filla, Xoana de Navarra. Á súa morte, a súa segunda muller espera un neno. Nace Xoán I de Francia chamado o Póstumo, pero non viviu máis que algúns días. Caso inédito ata entón, a herdeira directa do reino de Francia é unha muller. A decisión que se toma entón é moi importante, xa que se fai costume, e terá a súa influencia sobre a cuestión dinástica que se poñerá en 1328.

A infidelidade da raíña foi durante moito tempo dada como a causa principal do rexeitamento da súa filla e da elección de Filipe V (irmán de Luís X) como rei de Francia. De feito, trátase máis dunha elección nacionalista, é dicir, o rexeitamento a ver a un eventual estranxeiro casar coa raíña e dirixir o país. Non hai verdadeiramente unha cuestión de legalidade nesta elección: a monarquía fúndase en tres principios, herdanza/elección/consagración, a elección retoma os seus dereitos en caso de problema.

Cando o rei de Francia Carlos IV, terceiro e último fillo de Filipe V, morre sen descendente en 1328, a cuestión dinástica é a seguinte: Sabela de Francia, última filla de Filipe, ten un fillo, Eduardo III, rei de Inglaterra. Podía entón transmitir un dereito que de feito non podía exercitar segundo o costume fixado dez anos atrás? Eduardo III proponse como candidato, pero é Filipe quen é elixido e coroado como Filipe VI de Francia. Os poderosos do reino rexeitan un rei estranxeiro, seguindo a mesma lóxica nacional que dez anos atrás. Non sen certa reticendia Eduardo III ridelle preitexia a Filipe VI, sendo o seu vasalo na Güiena,[11][12] nome co que se coñecía o territorio francés equiparable á actual Aquitania con soberanía inglesa.

Un dos mitos máis tenaces sobre as orixes da guerra dos Cen Anos é o da lei sálica. Esta non é invocada con todo no momento da elección do novo rei de Francia. Non é ata trinta anos máis tarde, cara a 1350, que un beneditino da abadía de Saint-Denis, que ten a crónica oficial do reino, resalta esta lei para reforzar a posición do rei de Francia no duelo que o enfronta con Eduardo III, en resposta á guerra. Esta lei, mal coñecida, data dos Francos e estipula que as mulleres deben ser excluídas da terra sálica. Ninguén sabe verdadeiramente o que é a terra sálica, seguramente un punto de dereito privado. Pero esta lei é retomada e é adaptada á situación e é adiantada como argumento de peso nas discusións sobre a lexitimidade do rei.

A batalla de Güiena[editar | editar a fonte]

Imaxe de Filipe VI de Francia
Ilustración de Eduardo III

A batalla de Güiena é bastante máis importante que a cuestión dinástica ao comezo da guerra.

A Güiena suscita un problema considerable nos reis de Francia e de Inglaterra, pois Eduardo III de Inglaterra atópase sendo vasalo de Filipe VI de Francia e debe compartir polo tanto a soberanía da Güiena con el. É a oposición entre dous poderes equiparables o que explica a guerra. As dúas monarquías opoñense desde varias xeracións. Eduardo III desexa que a Güiena se faga un alodio, liberado da soberanía feudal do rei de Francia. Este último intenta facer valer a súa autoridade, en materia de xustiza sobre todo, sobre a Güiena. Os dous adversarios practican unha diplomacia agresiva.

Dun lado, o rei de Francia axuda aos escoceses no seu combate contra o Reino de Inglaterra, do outro, Eduardo III alimenta unha propaganda antifrancesa no condado de Flandres, cortando o abastecemento de la inglesa nesta rexión entre 1335 e 1336, arruinando desta forma a súa economía. Flandres revolvese contra os franceses en 1337. Filipe VI decide pois confiscar a Güiena por felonía. Eduardo III replica reivindicando a coroa de Francia. O 7 de outubro de 1337, un arcebispo é enviado a París para lanzar a luva. E deste xeito sera como a guerra dos cen anos comeza.

Principais fases do conflito[editar | editar a fonte]

A guerra dos Cen Anos non é continua, e comprende numerosos períodos sen conflito armado. É posible distinguir dous grandes movementos que responden a unha mesma estrutura:

  • Un primeiro período, de 1337 a 1414, que ve o derrube dunha monarquía francesa forte, seguido dun período de crise e dun restabelecemento
  • E un segundo período, de 1415 a 1453, segundo o mesmo modelo: afundimento, crise, restabelecemento.

A primeira fase: de 1337 a 1414[editar | editar a fonte]

Ilustración sobre a batalla de Sluis

Aínda que a guerra é declarada en 1337, o conflito non comeza ata máis tarde. Os dous reis non son ricos, e teñen que negociar os impostos co seu parlamento respectivo, ata para conseguir o diñeiro necesario para a guerra.

O 24 de xuño de 1340, os ingleses venceron na batalla naval de Sluis, isto descartou a invasión por parte francesa de Inglaterra, e provocou que a guerra se desenvolvese en territorio de Francia, pero na batalla de Saint-Omer, aínda que representou un empate técnico, supuxo unha retirada estratéxica das forzas angloflamengas.,[13] deste xeito os flamengos abandonaron o bando inglés e as débedas obrigaron a Eduardo III a pactar a tregua de Esplechin,[14] que se renovou ata o 1345. A intrevenció francesa na Bretaña xustificou o desembarco, en novembro de 1342 de Eduardo en Brest,[15] e en xaneiro de 1343 os reis asinaron a tregua de Malestroit,[16] deixando a loita pola sucesión bretoa unicamente en mans bretoas.

Representación da batalla de Crécy

A primeira das soadas cabalgatas inglesas data de 1346: un exército reducido, móbil, practicando unha guerra total, coa devastación sistemática dunha rexión. Xurídicamente, a poboación está sostendo un usurpador. Na práctica, faise porque se limita os custos da guerra e debilita ao inimigo francés. Ese mesmo ano, os ingleses venceron aos escoceses, aliados dos franceses. A paz entre Inglaterra e Escocia estableceuse no Tratado de Berwick.

Os dous exércitos atopáronse o 26 de agosto de 1346 na batalla de Crécy. Os dous exércitos son similares en cantidade, pero o exército francés é menos moderno, fundado nunha cabalería poderosa, enfróntase a un exército inglés en curso de profesionalización. É un desastre para Francia, salvada con todo pola Gran Peste de 1348, que obriga aos belixerantes a terminar o combate ata 1355.

A batalla de Poitiers[editar | editar a fonte]

Artigo principal: batalla de Poitiers.
Imaxe da batalla de Poitiers

O 19 de setembro de 1356, o Príncipe Negro, Eduardo de Woodstock, príncipe de Gales, o fronte dun novo exército, vence a Xoán II o bo na batalla de Poitiers.[17][18] No desastre, o rei de Francia é colleito prisioneiro xunto a un gran número de nobres e cabaleiros. Prisioneiro o monarca, os franceses víronse obrigados a ceder e a asinar o Tratado de Brétigny (1360), que devolvía a Eduardo III todas as súas posesións orixinais salvo Normandía.

O Tratado de Brétigny[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Tratado de Brétigny.
Mapa do Francia despois do Tratado de Brétigny. En vermello, os territorios controlados por Eduardo III; en rosa, os territorios cedidos a Inglaterra debido ao tratado.

O tratado de Brétigny asinouse o 8 de maio de 1360 en Brétigny, preto de Chartres, entre Eduardo III de Inglaterra e Xoán II de Francia, con este feito conclúe a primeira fase da guerra dos Cen Anos e marca o punto máximo da expansión continental do Reino de Inglaterra.

Os beneficios dos ingleses foron a obtención dun rescate de 3 millóns de libras pola liberación de Xoán II de Francia, equivalentes á totalidade das recaudacións do rei durante dous anos e a obtención da soberanía sobre a Güiena, Gascuña, Calais, Poitou, o condado de Guines, Perigord , Lemosín, Angoumois, Saintonge e, ao depender das terras do condado de Armanyac adquire tamén Agenais, Carcí, Rouergue, Bigorra e o Condado de Gaure. En total, os ingleses toman a metade do reino de Francia, e a paz así obtida permite devolver ao rei as capacidades de reconquistar as terras cedidas.

A guerra dos dous Pedros e a guerra civil castelá[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Guerra dos Dous Pedros.

Entre 1356 e 1375, a coroa de Aragón e o reino de Castela enfróntanse pola posesión das terras do sur do reino de Valencia. O conflito equilibrouse coa intervención do reino de Francia, que desexaba instaurar no trono castelán un monarca que fixese intervir a potente frota castelá contra o reino de Inglaterra, e poder vencer na guerra. Coa axuda de Francia, Henrique de Trastámara foi proclamado rei en Calahorra en 1366 e ocupou en pouco tempo a totalidade do reino castelán. Pedro I de Castela pide axuda ao gobernador inglés de Aquitania Eduardo de Woodstock co pacto de Libourne, segundo o cal Guipúscoa debía pasar a mans do reino de Navarra e Biscaia o reino de Inglaterra. Este penetrou na península con tropas inglesas e derrotou a Henrique na batalla de Nájera, en 1367. Malia a brutal represión contra os partidarios de Henrique, este conseguiu recobrar forzas e cercou Toledo en 1368 e derrotar a Pedro I na batalla de Montiel, en 1369. Mentres se negociaba a paz no mesmo campo de batalla entre os dous irmáns, produciuse unha pelexa que acabou coa morte de Pedro en mans do seu irmán Henrique. Con esta morte, púxose fin á dinastía Borgoña ao trono castelán para dar paso á dinastía Trastámara.

Período de calma en Francia[editar | editar a fonte]

Nesta Francia desfeita, o poder real xa non ten nin prestixio, nin medios. Con todo, Carlos V reconstrúe e prepara lentamente a conquista. O 1368, o rei de Francia séntese o suficientemente forte como para desafiar a Eduardo III. Acepta recibir a chamada do conde de Armagnac, en conflito financeiro co Príncipe Negro, que afoga os seus súbditos de Aquitania con impostos; a Güiena serve aínda de pretexto ao conflito. O tratado de Brétigny dá a plena soberanía da Güiena aos ingleses. Pero a dobre renuncia prevista (Eduardo renunciando á coroa de Francia e Carlos a Güiena) non tivo lugar, e as transferencias das terras irán para largo. Legalmente, nada se opón, pois, á recuperación do conflito. O rei de Inglaterra proclámase rei de Francia o 3 de xuño do 1368; o rei de Francia confisca Aquitania o 30 de novembro do 1368. A guerra recupérase.

Carlos V cambia a súa táctica no conflito. Renunciando ás batallas campais que non levaron a nada ao seu pai, constitúe baixo o mando de xefes dóciles e talentosos (Bertrand du Guesclin) pequenos exércitos formados de voluntarios endurecidos, e lánzaos nunha guerra de escaramuzas e de sitios, amordicando pacientemente ao inimigo, que se mantén nas cabalgatas, moi populares no parlamento por que non custan nada. Carlos deixa, pois, o reino a mercé das cabalgatas, que provocan na poboación inmensos sufrimentos.

Entre 1369 e 1375, os franceses retoman os ingleses a case totalidade das concesións feitas e das terras posuídas polo inimigo, ata, antes do comezo da guerra, excepcións feitas de Calais, Cherbourg, Brest, Bordeos, Baiona, e dalgunhas fortalezas no Macizo Central.

A segunda fase: de 1415 a 1453[editar | editar a fonte]

Coroación de Carlos VI

A recuperación do conflito atopa as súas orixes en diferentes factores. Tanto no Reino de Francia como no Reino de Inglaterra loitan polo poder.

En Inglaterra, son ante todo os reveses contra Francia o que conlevan un cambio dinástico: logo dun longo conflito, Henrique V de Inglaterra imponse como rei sucedendo ao seu pai. Para a coroación, o seu irmán Tomás de Clarença volve a Inglaterra para a coroación de Henrique, levándose a Menaut de Favars, que estaba facendo a guerra en Aragón a favor de Xaime II de Urgell contra Fernando de Antequera na a súa revolta contra a decisión do compromiso de Caspe, e que faría que o pretendente fora derrotado finalmente.

En Francia, a tolemia progresiva de Carlos VI de Francia excita as cobizas. Henrique V comprende a necesidade de unir a súa nobreza contra un inimigo común, e de atacar Francia. En 1415, proclámase rei de Francia e lanza unha cabalgata. De cara a este perigo, Armagnac e borgoñóns, os dous partidos que se disputan o poder en Francia, fan unha tregua para facerlle fronte.

A batalla de Agincourt[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Batalla de Agincourt.
Imaxe da batalla de Agincourt

Logo da toma de Harfleur, os franceses son derrotados na batalla de Agincourt o 25 de outubro do 1415. Henrique V busca fondos para conducir unha guerra de asedios contra os castelos fortificados baixo Carlos V. Durante 4 anos, os castelos de Normandía caen un a un, excepto o mont Saint-Michel, que resiste. Armagnac e borgoñóns continúan opostos e non loitan moito contra os ingleses: París é, así, borgoñón ata o ano 1413, armagnac entre 1413 e 1418, despois borgoñón de novo. O delfín Carlos ten que fuxir e refúxiase en Bourges en 1419, mentres que os ingleses toman París. O asasinato de Xoán sen Medo, ningún dos borgoñóns, que se atopaban na ponte de Montereau o 10 de setembro do 1419, marca unha ruptura entre os dous partidarios. Filipe o Bo, fillo de Xoán sen Medo, alíase entón cos ingleses, e fai asinar o tratado de Troyes de 1420 a Carlos VI, definitivamente tolo.

O delfín é desherdado; Henrique V cásase coa filla de Carlos VI e faise o herdeiro do Reino de Francia. Os Armagnac denuncian este tratado, alegando que a coroa e da raíña, e non o contrario. Francia é partida en tres zonas: o sur (rexións ao sur do Loira, menos a Guiana) fiel ao delfín, o noroeste a dos ingleses, o resto dos borgoñóns. En 1422, Henrique V e Carlos VI morren. Carlos VI, logo da súa morte, segue sendo moi popular. Henrique VI de Inglaterra, fillo de Henrique V, atópase sendo rei de Francia e de Inglaterra, feito que da só nunha interrupción momentánea do conflito. En 1429, os ingleses retoman as armas, e poñen cerco ante Orléans. É nestas circunstancias que intervén Xoana de Arco.

Xoana de Arco, a Doncela de Orleáns[editar | editar a fonte]

Xoana de Arco liberando Orleáns, óleo de Jules Lenepveu, Panteón de Parìs.
Artigo principal: Xoana de Arco.

Unha xove iletrada nada en Domrémy, chamada Xoana de Arco, cría ser elixida por Deus para librar ao seu país dos ingleses. Con 17 anos de idade, conseguiu reunir un grupo de soldados e librar en 1429 a Orleáns do asedio inglés.

A vitoria de Xoana motivou e concienciou a soldados e campesiños franceses e mostroulles o camiño a seguir e un líder a quen imitar. A este triunfo da Doncela de Orleáns (como se coñeceu desde entón) seguiron outros, como os de Troyes, Châlons e Reims, onde, en presenza da xove, Carlos VII foi formalmente coroado.

A partir deste punto, a campaña militar de Xoana comezou a caer nunha espiral descendente: foi traizoada polo seu propio rei e finalmente, caendo en desgraza, foi capturada en 1430 polas tropas de Jean de Luxembourg que servían ao duque de Borgoña, Filipe.

Os xefes militares franceses, envexosos do éxito da xove, estiveran conspirando ás súas costas. Temían o ascendente que Xoana estaba tomando sobre o rei Carlos e, sobre todo, aterrorizáballes o feito de que a intervención divina (a través de Xoana) estaba convertendo a guerra feudal que era a guerra dos Cen Anos nunha loita nacional e popular.

Foi entregada aos ingleses, xulgada pola Inquisición baixo a acusación de bruxaría, condenada a morte e queimada na fogueira en Ruán (1431).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cambia de bando en 1435.
  2. Partidarios de Xoán de Montfort.
  3. Partidarios de Carlos de Blois.
  4. Salvo cambio de bando esporádico.
  5. Paolo Bonavoglia. "Calendario perpetuo Enero 1337" (en castelán). Consultado o 4/02/2014. 
  6. Paolo Bonavoglia. "Calendario perpetuo Octubre 1453" (en castelán). Consultado o 4/02/2014. 
  7. Arte Historia (2010). "La Guerra de los Cien Años". La Guerra de los Cien Años (en castelán). Consultado o 4/02/2014. 
  8. Arteguias (2010). "Guerra de los Cien Años". Guerra de los Cien Años (en castelán). Consultado o 4/02/2014. 
  9. Histórico Digital (2010). "La Guerra de los 100 años". La Guerra de los 100 años (en castelán). Consultado o 4/02/2014. 
  10. JMMT (2010). "La Guerra de los cien años" (PDF). La Guerra de los cien años (en castelán). Consultado o 4/02/2014. 
  11. Favier 1980, p. 16
  12. Bibliothèque Nationale de France. "53". Chroniques de Jean Froissart (en francés). Libro I, parte I,. pp. 43–45. Consultado o 5/03/2014. Comment le roi de France envoya en Angleterre de son plus espécial conseil, pour savoir par les registres d’Angleterre comment le dit hommage se devoit faire; et comment le roi d’Angleterre lui envoya unes lettres, contenant le dit hommage.. 
  13. (en inglés) Jonathan Sumption, The Hundred Years War: Trial by Battle 340-344
  14. (en inglés) James Ramsay Montagu Butler, A History of England: 1815-1918, p.348
  15. (en francès) A. G. Little, Frederick M. Powicke, Thomas Frederick Tout i Thomas F. Tout, Essays in Medieval History: La Conference d'Avignon (1344), p.301-302
  16. (en francés) Eugène Déprez, La conference d'Avignon: L'arbitrage pontifical entre la France et l'Anglaterre, p.302
  17. Burne, Alfred Higgins (1955). Taylor & Francis, ed. The Crecy War: A Military History of the Hundred Years War from 1337 to the Peace of Bretigny, 1360 (en inglés). p. 169. 
  18. Urban, William L. (2006). Greenhill Books, ed. Medieval Mercenaries: The Business of War (en inglés). p. 99. ISBN 1853676977. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Guerra dos Cen Anos Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bennett, Matthew. Agincourt 1415, Osprey, Londres, 1991. Ed. Esp.: Del Prado, Madrid, 1995. ISBN 84-7838-540-1.
  • Dos Santos, Marcelo. Jacques de Molay, Aguilar, Madrid, 2006. ISBN 84-03-09675-5.
  • Dunan, Marcel; Mosca. Roberto; et. al (dir): Historia Universal, Tº II, Noguer, Rizzolli, Larousse. Ed. Cast.: ANESA, Barcelona, 1974. ISBN 84-279-6646-6.
  • Mitre Fernández, E., La Guerra de los Cien Años, Madrid, Historia 16, 1990. ISBN 84-7679-163-1.
  • Sackville-West, Vita. Juana de Arco, Siruela, Madrid, 2003. ISBN 84-7844-705-9.
  • Townson, Duncan. Breve historia de Inglaterra. Alianza, Madrid, 2004. ISBN 84-206-5814-6.
  • El Historiador. La Guerra de los Cien Años. Argentina. CAICYT ISSN 1851-5843

Outros artigos[editar | editar a fonte]