Miami Gardens, Florida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miami Gardens, Florida
Miami Gardens, Florida
Seal of Miami Gardens, Florida.svg
Miami Gardens FL Sunshine State Arch 01.JPG
Localización
Map of Florida highlighting Miami Gardens.svg
PaísEstados Unidos de América Estados Unidos
EstadoFlorida Florida
CondadoFlag of Miami-Dade County, Florida.png Miami-Dade
Xeografía
Altitude2 metros msnm
Superficie47´21 km²
Demografía
Poboación110001 (2019)
Outros datos
Fundación13 de maio de 2003
AlcaldeRodney Harris
miamigardens-fl.gov

Miami Gardens é unha cidade no centro-norte Condado de Miami-Dade, Florida, Estados Unidos. Está a 26 km. ao norte do centro de Miami e os seus límites esténdense desde a I-95 e o NE 2ª Avenida polo leste ata as Avenidas NW 47ª e NW 57º polo oeste e desde o Condado de Broward ao norte ata a rúa 151 no sur.[1] O nome da cidade provén dunha das principais estradas da zona, Miami Gardens Drive. Segundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos, a cidade tiña unha poboación de 110.001 en 2019, e é a cidade máis grande de Florida cunha poboación afroamericana maioritaria.[2] É unha das cidades principais da Área metropolitana de Miami, onde se estimaron 6.012.331 habitantes no 2015.

Historia[editar | editar a fonte]

A raíz da construción da I-95 a finais dos anos 60, moitos afroamericanos de clase media e ingresos superiores e familias Americanas das Indias Occidentais de raza negra migraron desde barrios de Miami como Liberty City ao que se converteu en Miami Gardens (tamén chamada Carol City', Norland ou Norwood).

Miami Gardens constituíuse o 13 de maio de 2003. [1]Os barrios da cidade de Andover, Bunche Park, Carol City, Lake Lucerne, Norland, Opa-locka North, e Scott Lake foron antes área non incorporada dentro do Condado de Miami-Dade.

En 2007, a alcaldesa Shirley Gibson dixo que a cidade xa non permitiría ningún desenvolvemento de vivendas de baixos ingresos; moitos residentes culparon aos desenvolvementos da difusión do crime e das drogas recreativas por toda a cidade. Por esa época, os ingresos tributarios da cidade caeron ao terceiro lugar máis baixo do condado de Miami-Dade.[3]

En 2012, Oliver Gilbert, o segundo alcalde que tivo a cidade, propuxo formar unha axencia de reurbanización comunitaria (CRA)..[4] Os CRA fórmanse para eliminar "favelas e a decadencia urbana", para mellorar o medio físico da cidade e combater os problemas sociais e económicos típicos das zonas de chabolas. As CRA fináncianse con aumentos do imposto sobre a propiedade, cuxos fondos se utilizan, en parte, para estimular o investimento privado na rehabilitación da comunidade.[4]

Instalacións deportivas[editar | editar a fonte]

Hard Rock Stadium en Miami Gardens, o campo de xogo do Miami Hurricanes fútbol, 2020

O Calder Race Course abriuse en 1971.

Miami Gardens é a sede dos Miami Dolphins, que xogan no Hard Rock Stadium nun terreo que formaba parte do Lake Lucerne CDP. Este estadio tamén acolle o xogo anual da Orange Bowl fútbol universitario, e é o campo da casa do equipo da Universidade de Miami Miami Hurricanes football. O torneo de tenis Miami Open celébrase no recinto do estadio. Os Florida Marlins da Major League Baseball compartiron o Hard Rock Stadium cos Dolphins durante case dúas décadas ata que, en 2012, mudáronse a Miami e cambiaron o seu nome polo de Miami Marlins.

En 2022, o Autódromo Internacional de Miami acollerá o Gran Premio de Miami de Fórmula 1.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Miami Gardens: Demographics". Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2015. Consultado o 24 de xullo de 2010. 
  2. "American FactFinder - Community Facts". United States Census Bureau. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2020. Consultado o 22 de outubro de 2018. 
  3. Garcia-Roberts, Gus. "The Curse." Miami New Times. 10 de febreiro de 2009. [1] Arquivado 23 de outubro de 2018 en Wayback Machine.. Retrieved on October 22nd, 2018.
  4. 4,0 4,1 "Oliver Gilbert's Issues." Retrieved on 22 de outubro de 2018.
  5. "F1 to hold Miami Grand Prix from 2022 onwards". ESPN.com (en inglés). 2021-04-18. Consultado o 2021-04-19. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]