Circuíto de Yas Marina
Circuíto de Yas Marina | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
Datos | |
Carreiras | F1, GP2 Asia Series, V8 Supercars, Drag Racing |
Localización | Emiratos Árabes Unidos |
Circuíto de Gran Premio (2021–) | |
Lonxitude | 5,281 km |
Curvas | 16 |
Volta rápida (2021) | 1:26.103 |
Piloto récord | Max Verstappen |
Escudería récord | Red Bull Racing |
circuíto orixinal (2009-2020) | |
Lonxitude | 5´554 km |
Curvas | 21 (9 dereita, 12 esquerda) |
Volta rápida (2019) | 1:39.283 |
Piloto récord | Lewis Hamilton |
Escudería récord | Mercedes |
Coordenadas | |
Vista do Circuíto | |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
O circuíto de Yas Marina (tamén coñecido como Illa Yas) é un circuíto de carreiras que se construíu na illa do mesmo nome en Abu Zabi, Emiratos Árabes Unidos para celebrar o Gran Premio de Abu Zabi de Fórmula Un desde o ano 2009.
Deseño
[editar | editar a fonte]As vinte e un curvas serpentean a través da illa Yas fronte á costa de Abu Zabi,[1] pasa polo porto deportivo e a través do Hotel Yas Viceroy Abu Zabi deseñado e concibido polos arquitectos de Nova York Hani Rashid e Lise Anne Couture de Asymptote Architecture, e serpentean a través das dunas de area, con varias rectas longas e curvas pechadas.
A mariña, ademais do circuíto, inclúe un parque temático, unha parque acuático, así como zonas residenciais, hoteis e praias.
O circuíto conta con cinco áreas de tribuna (tribuna principal, Tribuna Oeste, Tribuna Norte, Tribuna Sur e Tribuna da Mariña, parte da saída do Pit Lane pasa por baixo da pista. Tamén alberga un edificio para os equipos detrás do edificio de boxes, Media Center, unha pista de Dragster, Torre VIP e un parque temático de Ferrari.[2] Ademais, unha das trampas de grava atópase debaixo da Tribuna Oeste.
- Capacidade de asentos - 41.093
- superficie - 161,9 hectáreas
- Lonxitude - 5´5
O circuíto de Yas Marina foi construído pola empresa Aldar, que tamén construíu o parque temático, o porto deportivo, zonas residenciais, o parque acuático, zonas de deporte e lecer, así como hoteis e resorts de praia na zona circundante.
O circuíto caracterízase por contar con novidades tecnolóxicas que serviran de referencia para outros trazados. Sen dúbida as maiores novidades son que o pit-lane, na parte da saída de boxes a pista, cruza a pista por baixo, para conseguir máis seguridade na incorporación dos monoprazas á pista e para aproveitar o espazo. Tamén se aproveitou espazo colocando as bancadas sobre as escapatorias do circuíto, achegando deste xeito a vista do circuíto aos afeccionados e aforrando espazo. Con este sistema, cando algún vehículo sáese de pista, se introduce debaixo do público. Sobre os boxes hai unha tribuna, algo pouco frecuente nos circuítos de Fórmula 1. Un complexo hostaleiro con vistas ao circuíto desde as habitacións e terrazas atópase sobre as últimas curvas do circuíto, creando así unha especie de tunel. Tamén hai unha torre de forma cilindrica, desde a cal as vístas son fantásticas.
A pista en xeral é bastante rápida, con varios puntos de freada forte e longas rectas (algunhas curvadas). Conta cunha zona parecida á mítica curva 'Eau Rouge' do circuíto de Spa Francorchamps, cun porto para amarre de iates e cruceiros imitando a Monaco, a curva máis pechada de todas está xunto ao parque temático de Ferrari, xira no sentido contrario ás agullas do reloxo -cousa común nos circuítos novos- e o seu terceiro sector, o máis lento, rodea a zona da mariña.
Características
[editar | editar a fonte]- Capacidade espectadores: 50.000
- Lonxitude do circuíto: 5´281 quilómetros.
- Distancia da carreira de Fórmula 1:58 voltas = 306´183 quilómetros.
- Curvas: 16 ( a dereita, a esquerda)
- Curva máis rápida: curva 2 (260 km/h)
- Curva máis lenta: curva 7 (72 km/h)
- Distancia ata a 1ª curva: 300 m
- Recta máis longa: 1.200 m
- Configuración aerodinámica: media/alta. Velocidade máxima estimada 320 km/h con DRS, 307 km/h sen DRS
- Aceleración a fondo: 60% do tempo de volta.
- Tempo de freado: 17% do tempo da volta.
- Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
- Consumo de combustible: 1´81 kg por volta.
- Cambio de marchas por volta: 68
- Número de zonas de freado: 11 (4 fortes)
- Zonas DRS: 2, na aproximación a curvas 8 e 11.
- Desgaste dos freos: alto
- Desgaste dos pneumáticos: medio
- Lonxitude do pit lane: 360 m.
- Tempo en percorrer o pit lane (80 km/h): 16´2 segundos
- Perda de tempo nunha parada en boxes:
- Tempo total necesario para a parada en boxes: 23 segundos
- Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): 0´40 segundos.
- Marca volta: Max Verstappen Red Bull, 1'26.103 en 2021
Galería
[editar | editar a fonte]-
Recta principal
-
Curva 7 (2009–2021), curva 5 (2021–presente)
-
Circuíto de Grand Prix (2009–2021)
-
Trazados do circuíto Norte e circuíto Sur móstranse no mapa do circuíto do Gran Premio (2009–2021)
-
Trazado de World RX do circuíto de Yas Marina, usado en 2019
-
Diferencias entre os trazados de 2009 e 2021, co novo trazado en negro
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Abu Zabi
[editar | editar a fonte]Nº | Ano | Piloto | Construtor | Motor | Pneu. | Duración | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2009 | Sebastian Vettel | Red Bull | Renault | B | 1:34:03,414 h | 5,554 km | 55 | 194,863 km/h | 1. novembro | Abu Zabi |
2 | 2010 | Sebastian Vettel | Red Bull | Renault | B | 1:39:36,837 h | 5,554 km | 55 | 183,923 km/h | 14. novembro | |
3 | 2011 | Lewis Hamilton | McLaren | Mercedes | P | 1:37:11,886 h | 5,554 km | 55 | 188,494 km/h | 13. novembro | |
4 | 2012 | Kimi Räikkönen | Lotus | Renault | P | 1:45:58,667 h | 5,554 km | 55 | 172,878 km/h | 4. novembro | |
5 | 2013 | Sebastian Vettel | Red Bull | Renault | P | 1:38:06,106 h | 5,554 km | 55 | 186,758 km/h | 3. novembro | |
6 | 2014 | Lewis Hamilton | Mercedes | Mercedes | P | 1:39:02,619 h | 5,554 km | 55 | 184,982 km/h | 23. novembro | |
7 | 2015 | Alemaña Nico Rosberg | Mercedes | Mercedes | P | 1:38:30,175 h | 5,554 km | 55 | 185,998 km/h | 29. novembro | |
8 | 2016 | Lewis Hamilton | Mercedes | Mercedes | P | 1:38:04,013 h | 5,554 km | 55 | 186,895 km/h | 27. novembro | |
9 | 2017 | Valtteri Bottas | Mercedes | Mercedes | P | 1:34:14,062 h | 5,554 km | 55 | 194,496 km/h | 26. novembro | |
10 | 2018 | Lewis Hamilton | Mercedes | Mercedes | P | 1:39:40,382 h | 5,554 km | 55 | 182,585 km/h | 25. novembro | |
11 | 2019 | Lewis Hamilton | Mercedes | Mercedes | P | 1:34:05,715 h | 5,554 km | 55 | 194,700 km/h | 1. decembro | |
12 | 2020 | Max Verstappen | Red Bull | Honda | P | 1:36:28,645 h | 5,554 km | 55 | 189,902 km/h | 13. decembro | |
13 | 2021 | Max Verstappen | Red Bull | Honda | P | 1:30:17,345 h | 5,554 km | 55 | 203,728 km/h | 12. decembro | |
14 | 2022 | Max Verstappen | Red Bull | RBPT | P | 1:27:45.914 h | 5,554 km | 55 | 209´320 km/h | 20. novembro | |
15 | 2023 | Max Verstappen | Red Bull | Honda RBPT | P | 1:27:02.624 h | 5,554 km | 55 | 211,055 km/h | 26. novembro | |
16 | 2024 | P | h | 5,554 km | 55 | km/h | 8. decembro |
Récords
Piloto: Lewis Hamilton (5) • País: Reino Unido (5) • Construtor: Red Bull (7) • Motor: Mercedes (7) • Pneus: Pirelli (11)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.formulaf1.es/circuito/yas-marina-abu-dhabi/
- ↑ "Abu Dhabi breaks cover". Autosport 194 (4): 10. outubro 2008.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Circuíto de Yas Marina |