Gran Premio de Rusia
Tipo | evento deportivo recorrente |
---|---|
Deporte | deportes de motor |
Organizador | Federación Internacional do Automóbil |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto urbano de Sochi (Adlersky City District (en) ) 43°24′30″N 39°57′56″L / 43.4083, 39.9656 |
Lonxitude | 5,848 km |
País | Rusia |
Vixencia | 2014 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Competición | |
Primeiro posto | Valtteri Bottas |
O Gran Premio de Rusia (en ruso: Гран-при России) é unha carreira de coches celebrada por primeira vez brevemente na década de 1910 en San Petersburgo. No 100º aniversario do último Gran Premio de Rusia, este volveuse disputar a partir da tempada 2014, esta vez como unha proba válida para o Campionato Mundial de Fórmula 1 e no Circuíto de Sochi. Logo de varias décadas intentando restablecer a carreira,[1] Bernie Ecclestone e Mikhail Kapirulin, director de Omega, compañía encargada da construción do circuíto, asinaron oficialmente un contrato co primeiro ministro ruso Vladimir Putin para que a carreira se celebrara na cidade balneario de Sochi no Mar Negro no Circuíto de Sochi.[2][3]
Historia previa á primeira guerra mundial
[editar | editar a fonte]O Gran Premio de Rusia celebrouse dúas veces, en 1913 e 1914 nun circuíto en San Petersburgo. A primeira carreira foi gañada polo ruso G. Suvorin,[4] mentres que o alemán Willy Scholl gañou a carreira de 1914. O Gran Premio cesou tralo estalido da primeira guerra mundial e a guerra civil rusa, e non se reiniciou logo do establecemento da Unión Soviética.
Resultados da carreira de 1913
[editar | editar a fonte]- 1 . G. Suvorin (Benz) 2:23:54.6
- 2 . I. Ivanov (Russo-Balt) 2:56.4
- 3 . René Nothombe (Métallurgique) 5:24.4
Resultados da carreira de 1914
[editar | editar a fonte]- 1 . Willy Schöll (Benz) 1:48:32.2
- 2 . S. Ovsyannikov (Vauxhall) 10:31.6
- 3 . Beria d'Argentine (Aquila Italiana) 13:08.6
Fórmula Un
[editar | editar a fonte]Unión Soviética
[editar | editar a fonte]Os plans para un Gran Premio en Rusia xurdiron na década de 1980, cun circuíto en Moscova e que se correría baixo o nome de "Gran Premio da Unión Soviética". A carreira foi incluída nun calendario provisional para a tempada de Fórmula 1 de 1983, pero as complicacións burocráticas impediron que o Gran Premio celebrarase, e a carreira foi retirada de todas as revisións posteriores do calendario.[5] Con todo, Bernie Ecclestone continuou intentando organizar unha carreira detrás do Pano de aceiro, Hungría converteuse no primeiro país comunista en organizar unha carreira, uníndose ao calendario na tempada de 1986.
Rusia
[editar | editar a fonte]En 2001, Vladimir Putin entón presidente de Rusia, expresou o seu apoio persoal para o proxecto de "Pulkovskoe Ring", preto do Aeroporto de Pulkovo,[6][7] pero nunca se fixo realidade. Houbo outro intento en Moscova en 2003, coa aprobación dun proxecto para construír unha pista na zona de Molzhaninovsky no Distrito Norte de Moscova, que se coñecería como Illa Nagatino, o proxecto foi abandonado logo dunha disputa sobre o contrato comercial. En setembro de 2008, revelouse que comezaba a construción dun circuíto de Fórmula Un situado na cidade de Fedyukino, distrito de Volokolamsky na Provincia de Moscova, aproximadamente a 77 quilómetros de Moscova. Coñecido como o Circuíto de Moscova, a pista foi deseñada por Hermann Tilke para albergar tanto carreiras de Fórmula Un como de Moto GP.[8][9] O plan para albergar un Gran Premio no Circuíto de Moscova nunca se realizou, pero a diferenza do circuíto de Pulkovskoe e o proxecto de Illa Nagatino, o circuíto construíuse, e en 2012, organizou carreiras da Fórmula Renault 3.5 e Series 2.0[10] que se converteron nas primeiras carreiras de automobilismo acreditadas internacionalmente en celebrar unha rolda en Rusia, así como o Campionato do Mundo FIA GT1,[11] e o Campionato Mundial de Superbikes de 2012.[12]
Vitaly Petrov converteuse no primeiro piloto ruso de fórmula 1 no Campionato do Mundo en 2010, cando se uniu a Renault, engadindo un novo impulso ao proxecto. Bernie Ecclestone expresou o seu desexo de que a Fórmula Un celebrárase en Rusia nun circuíto en ou preto de Moscova ou na cidade turística de Sochi,[13] a última das cales, asegurouse os dereitos a organizar a carreira. Deronse a coñecer os plans para construír un circuíto de 5´9 km ao redor da Vila Olímpica onde se celebraron os Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 na costa do Mar Negro, cun acordo por sete anos, de 2014 a 2020.[14]
Gañadores do Gran Premio de Rusia
[editar | editar a fonte]As carreiras que non forman parte da Fórmula 1 están marcadas cun fondo en cor rosa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Collantine, Keith (2008-02-10). "Fresh Rumours of a Russian Grand Prix". F1 Fanatic (Keith Collantine). Consultado o 2010-10-15.
- ↑ English, Steven (2010-10-14). "Russia set to announce race from 2014". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 2010-10-15.
- ↑ "For New Sochi Formula One Track, the Future Is Now". The New York Times (en inglés). 10 de outubro de 2014. Consultado o 9 de outubro de 2020.
- ↑ "Grand Prix Winners 1895-1949 : Part 1 (1895-1916), The Golden Era of Grand Prix Racing". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2009. Consultado o 01 de decembro de 2013.
- ↑ "Формула нелюбви". Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2016. Consultado o 01 de decembro de 2013.
- ↑ Formula Onovich: Russian Grand Prix gears up again - Autoblog
- ↑ Еще одна трасса для «Формулы-1»
- ↑ "Moscow to start construction work this week". GPUpdate. 30 de setembro de 2008. Consultado o 31 de xaneiro de 2011.
- ↑ Moscow Raceway
- ↑ "Russia included on 2012 World Series calendar". GPUpdate.net (GPUpdate). 10 de outubro de 2011. Consultado o 8 de setembro de 2012.
- ↑ "Moscow Raceway: FIA GT1, setembro 1–2". Moscow Raceway. 27 de xullo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2012. Consultado o . 8 de setembro de 2012.
- ↑ "Moscow Raceway confirmed for Russia WSBK debut". crash.net (Crash Media Group). 22 de setembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2011. Consultado o 15 de outubro de 2011.
- ↑ Guardian Staff (2010-04-06). "Ecclestone plans to take F1 to New York and Russia". Guardian.co.uk (The Guardian). Consultado o 2010-04-09.
- ↑ Гран При России: Схема сочинской трассы F1News.Ru
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Rusia |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |