Gran Premio da Emilia-Romaña
Gran Premio da Toscana | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
![]() | |
Datos | |
Anos disputados | 1 |
Primeira disputa | 2020 |
Última disputa | Gran Premio da Emilia-Romaña de 2020 |
Localización | Autódromo Enzo e Dino Ferrari, Imola, Emilia-Romaña ![]() |
Patrocinador principal | Emirates (2020) |
Lonxitude | 307,458 km en 63 voltas |
Marca de volta | 1:13.609 |
Piloto récord | Valtteri Bottas |
Escudería récord | Mercedes |
Poles récord | Valtteri Bottas |
Vista do Circuíto | |
![]() |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
O Gran Premio da Emilia-Romaña foi unha carreira de automobilismo disputada en Italia, formando parte do calendario da tempada 2020 de Fórmula 1.
Formará parte do calendario de 2020 porque o calendario orixinal viuse afectado pola pandemia da COVID-19 e levou á celebración de novas carreiras para completar unha Tempada de 17 carreiras.[1] Confirmouse en xullo xunto co Gran Premio de Eifel e Portugal.[2]
O nome provén da rexión italiana onde se atopa o Autódromo Enzo e Dino Ferrari, que regresa á F1 despois de 14 anos, despois de correr por última vez no Gran Premio de San Marino de 2006.[3]
Historia[editar | editar a fonte]
2020–2021[editar | editar a fonte]
- Artigos principais: Gran Premio da Emilia-Romaña de 2020 e Gran Premio da Emilia-Romaña de 2021.
A pandemia de COVID-19 en 2020 provocou a interrupción do calendario de carreiras programado orixinalmente, con varias carreiras canceladas. O Gran Premio da Emilia-Romaña engadiuse ao calendario revisado pensado como unha carreira "única", como un dos varios Grandes Premios novos ou que volvían, para compensar a perda doutras carreiras. O evento utilizou un formato único de fin de semana de dous días, cunha sesión de práctica, o sábado, en lugar das tres habituais.[4][5] O Mercedes de Valtteri Bottas clasificouse na pole, co seu compañeiro de equipo Lewis Hamilton gañando a carreira.[6]
A pesar de que orixinalmente estaba pensado para celebrarse como un evento único en 2020, debido á natureza en curso da pandemia de COVID-19, o Gran Premio da Emilia-Romaña regresou en 2021 o 18 de abril, substituíndo ao aprazado Gran Premio da China como segunda rolda da tempada 2021.[7][8] Lewis Hamilton logrou a pole con Max Verstappen gañando unha carreira dramática e afectada pola choiva.[9]
2022[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Gran Premio da Emilia-Romaña de 2022.
O evento apareceu no calendario do 2022 por terceira edición consecutiva, e acolleu por primeira vez un dos tres formatos ao sprint durante a tempada.[10] A principios de 2022, os organizadores anunciaron que se asinara un contrato para seguir organizando o Gran Premio ata 2025.[11] O Gran Premio viu acadar a Max Verstappen o seu segundo grand chelem xa que gañou a carreira por segundo ano consecutivo.
Gañadores[editar | editar a fonte]
Fórmula 1[editar | editar a fonte]
Ano | Piloto | Construtor | Circuíto | Resultados |
---|---|---|---|---|
2022 | ![]() |
Red Bull Racing-RBPT | Autódromo Enzo e Dino Ferrari | Resultados |
2021 | ![]() |
Red Bull-Honda | Autódromo Enzo e Dino Ferrari | Resultados |
2020 | ![]() |
Mercedes | Autódromo Enzo e Dino Ferrari | Resultados |
Notas[editar | editar a fonte]
- Referencias
- ↑ El Universo (24 de xullo de 2020). "COVID-19 obrigou á Fórmula 1 a cancelar os GP de México, Brasil, Estados Unidos e Canadá". eluniverso.com. Consultado o 24 de xullo de 2020.
- ↑ "Imola, Nurburgring, Portimao… a F1 quedase en Europa, como nos 70". El Confidencial (en castelán). 24 de xullo de 2020. Consultado o 24 de xullo de 2020.
- ↑ Carburando.com (22 de xullo de de 2020). "Imola volve ao calendario da F1 este ano". carburando.com. Consultado o 22 de xullo de de 2020.
- ↑ Morlidge, Matt (25 de agosto de 2020). "Nurburgring, Portugal and Imola races added to F1 2020 calendar". Sky Sports (en inglés). Consultado o 28 de agosto de 2020.
- ↑ "Nurburgring, Portugal and Imola races added to F1 2020 calendar". Formula 1 (en inglés). 24 de xullo de 2020. Consultado o 28 de agosto de 2020.
- ↑ "Standings". Formula 1. Consultado o 2021-05-08.
- ↑ "F1 Schedule 2021 – Bahrain to host season opener as Australia moves later in calendar and Imola returns". Formula1.com. 12 de xaneiro de 2021. Consultado o 12 de xaneiro de 2021.
- ↑ Smith, Luke (12 de xaneiro de 2021). "F1 adds Imola to 2021 calendar, Australian GP moved to November". motorsport.com. Consultado o 12 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Hamilton v Verstappen show in full swing". BBC Sport.
- ↑ "Formula 1 announces 23-race calendar for 2022". www.formula1.com. Formula One Administration. Consultado o 15 de outubro de 2021.
- ↑ "Formula 1 announces it will race at Imola until 2025". Formula1.com. 7 de marzo de 2022. Consultado o 7 de marzo de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio da Emilia-Romaña |