Autódromo Hermanos Rodríguez
Autódromo Hermanos Rodríguez | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
![]() | |
Datos | |
Carreiras | FIA Fórmula 1 Gran Premio de México (1962–1970, 1986–1992, 2015–)
|
Localización | ![]() |
Lonxitude | 4´304 km.[1] |
Curvas | 17 |
Volta rápida (2017) | 1:18.785 |
Piloto récord | ![]() |
Escudería récord | Ferrari |
Coordenadas | 19°24′15.11″N 99°5′19.49″O / 19.4041972, -99.0887472 |
Vista do Circuíto | |
![]() |
O Autódromo Hermanos Rodríguez é un autódromo de 4.304 m situado en Cidade de México, México e nomeado así en honra a dous grandes pilotos mexicanos, os irmáns Ricardo e Pedro Rodríguez de la Vega, quen morreron a temperá idade. Construído nun complexo deportivo en 1959, o circuíto albergou en 1962 o seu primeiro Gran Premio de México de Fórmula 1, evento non puntuable nesa tempada. Ricardo Rodríguez morreu ese ano nesa carreira ao tratar de cualificar un Lotus de Rob Walker. O irmán de Ricardo Pedro tamén perdeu a vida ao volante nove anos máis tarde. En 1963, pasou a ser unha sede regular do calendario da Fórmula 1 ata 1970.
O circuíto atópase dentro do parque público da Ciudad Deportiva de La Magdalena Mixiuhca no sueste de Cidade de México. O circuíto é propiedade do Goberno da Cidade, pero é operado baixo concesión pola Corporación Interamericana de Entretenimiento (CIE) a través de OCESA, unha das subsidiarias de CIE. CIE tamén organiza as carreiras da NASCAR e o Desafío Coron neste circuíto e aluga os circuítos para outros eventos, incluíndo organizadores de carreiras, clubs de automóbiles e afeccionados, os alugueiros son discutidos debido aos seus desproporcionados prezos en comparación con outras pistas de F1.
Índice
Características[editar | editar a fonte]
- Capacidade: 100 000 espectadores
- Lonxitude do circuíto: 4,304 quilómetros.
- Lonxitude da carreira de Fórmula 1: 71 voltas = 305,584 quilómetros. 17 curvas en total.
- Aceleración a fondo: 54% do tempo de volta.
- Consumo de combustible: 1,41 kg por volta.
- Cambio de marchas por volta: 47
- Marca volta: 1:20.521 (Nico Rosberg, Mercedes, 2015, FIA Fórmula 1)
Historia[editar | editar a fonte]
Construído nun parque público en 1962, o circuíto albergou o seu primeiro Gran Premio de Fórmula 1 o mesmo ano, como unha carreira fóra de campionato. Ao ano seguinte o Gran Premio de México converteuse nunha carreira do Campionato Mundial. O circuíto mantívose como parte do calendario da F1 ata 1970, cando o amoreamento dos espectadores provocaron condicións inseguras. Cando a pista volveu abrir en 1986, o circuíto presentou un novo complexo de boxes, así como unha maior seguridade a seu redor. En 2001 CIE e Forsythe Racing encargaron a D3 Motorsport Development a modernización do circuíto. Fíxose un completo redeseño e actualización do circuíto.
En maio de 2012 anunciouse que o circuíto sería novamente anfitrión do Gran Premio de México a partir de 2013, nun contrato de cinco anos que ía substituír o Gran Premio de Europa disputado en Valencia,[2] pero isto non sucedeu. O Gran Premio de México apareceu como a décimo novena carreira do calendario provisional para a tempada 2014,[3] pero non estaba no calendario final. O Gran Premio de México incluíuse no calendario 2015 de Fórmula Un publicado pola FIA o 3 de decembro de 2014, facendo o seu regreso coa carreira celebrada o 1 de novembro de 2015.[4]
Champ Car[editar | editar a fonte]

Actualmente recibe á Champ Car (antes CART) e foi a última carreira da tempada durante os últimos 4 anos. O circuíto sufriu diversas modificacións nesta categoría. Ata o Gran Premio de 2005 o circuíto atravesaba pola metade o Foro Sol, cortando pola metade a famosa curva peraltada. A partir do 2006 utilizouse novamente toda a peraltada.
Nascar Busch Series[editar | editar a fonte]
Ademais de recibir á Champ Car, desde o 2005 correuse a categoría Busch Series e onde tamén se fixeron modificacións á pista, como unha chicana ao final da recta principal para que os autos entrasen a moderada velocidade á primeira curva. Tamén as curvas da recta traseira, a zona coñecida como "estadio", foi recortada. En todas as edicións utilizouse a curva peraltada, sen pasar polo Foro Sol.
A1GP[editar | editar a fonte]
Tamén se correu no 2007 a A1GP, a categoría de competencia de nacións, que na súa anterior edición tivera lugar no Parque Fundidora de Monterrey.
Outros eventos[editar | editar a fonte]
Durante cada fin de semana de eventos da Champ Car, Nascar e A1GP córrense outras categorías secundarias que forman parte da atracción. Unha delas e a máis importante, e que se correu en varias edicións é a Grand Am Series que corre con dous tipos de autos á vez: prototipos e turismo. Na edición de 2006 Luís "Chapulín" Díaz xunto con Scott Pruett gañaron a carreira, converténdose o primeiro mexicano (Díaz) en gañar no Autódromo da capital. De igual forma realízanse eventos de diversas índoles dentro do trazado da Magdalena Mixhuca.
Marcas de volta[editar | editar a fonte]
Voltas rápidas no Autódromo Hermanos Rodríguez (Configuración baixo condicións de carreira).
Configuración do circuíto | Evento | Clase | Tempo | Piloto | Coche/moto |
---|---|---|---|---|---|
Circuíto F1 Grand Prix circuit (2015–presente) | Gran Premio de México de 2015 | F1 | 1:20.521 | Nico Rosberg | Mercedes F1 W06 Hybrid |
Circuíto F1 Grand Prix (1986–2001) | Gran Premio de México de 1991 | F1 | 1:16.788 | Nigel Mansell | Williams FW14 |
Circuíto F1 Grand Prix circuit (1962–1979) | Gran Premio de México de 1969 | F1 | 1:43.05 | Jacky Ickx | Brabham BT26A |
Voltas rápidas absolutas[editar | editar a fonte]
Configuración do circuíto | Evento | Clase | Tempo | Piloto | Coche/moto |
---|---|---|---|---|---|
Circuíto F1 Grand Prix (2015–presente) | Gran Premio de México de 2016 | F1 | 1:18.704 | Lewis Hamilton | Mercedes F1 W07 Hybrid |
Circuíto F1 Grand Prix (1986–2001) | Gran Premio de México de 1992 | F1 | 1:16.346 | Nigel Mansell | Williams FW14B |
Gañadores de Fórmula 1 no autódromo Hermanos Rodríguez[editar | editar a fonte]
Ano | Piloto | Vehículo | Duración | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1963 | ![]() |
Lotus-Climax | 2:09:52,100 h | 5´000 km | 65 | 150´152 km/h | 27. outubro | ![]() |
1964 | ![]() |
Brabham-Climax | 2:09:50,320 h | 5´000 km | 65 | 150´186 km/h | 25. outubro | |
1965 | ![]() |
Honda | 2:08:32,100 h | 5´000 km | 65 | 151´710 km/h | 24. outubro | |
1966 | ![]() |
Cooper-Maserati | 2:06:35,340 h | 5´000 km | 65 | 154´042 km/h | 23. outubro | |
1967 | ![]() |
Lotus-Ford | 1:59:28,700 h | 5´000 km | 65 | 163´210 km/h | 22. outubro | |
1968 | ![]() |
Lotus-Ford | 1:56:43,950 h | 5´000 km | 65 | 167´049 km/h | 3. novembro | |
1969 | ![]() |
McLaren-Ford | 1:54:08,800 h | 5´000 km | 65 | 170´833 km/h | 19. outubro | |
1970 | ![]() |
Ferrari | 1:53:28,360 h | 5´000 km | 65 | 171´848 km/h | 25. outubro | |
1986 | ![]() |
Benetton-BMW | 1:33:18,700 h | 4´421 km | 68 | 193´306 km/h | 12. outubro | |
1987 | ![]() |
Williams-Honda | 1:26:24,207 h | 4´421 km | 63 | 193´411 km/h | 18. outubro | |
1988 | ![]() |
McLaren-Honda | 1:30:15,737 h | 4´421 km | 67 | 196´898 km/h | 29. maio | |
1989 | ![]() |
McLaren-Honda | 1:35:21,431 h | 4´421 km | 69 | 191´941 km/h | 28. maio | |
1990 | ![]() |
Ferrari | 1:32:35,783 h | 4´421 km | 69 | 197´664 km/h | 24. xuño | |
1991 | ![]() |
Williams-Renault | 1:29:52,205 h | 4´421 km | 67 | 197´757 km/h | 16. xuño | |
1992 | ![]() |
Williams-Renault | 1:31:53,587 h | 4´421 km | 69 | 199´176 km/h | 22. marzo | |
2015 | ![]() |
Mercedes | 1:42:35.038 h | 4´304 km | 71 | 178´597 km/h | 1. novembro | |
2016 | ![]() |
Mercedes | 1:40:31.402 h | 4´304 km | 71 | 182´259 km/h | 30. outubro | |
2017 | ![]() |
Mercedes | 1:36:26.552 h | 4´304 km | 71 | 189´971 km/h | 29. outubro | |
2018 | ![]() |
Red Bull - TAG Heuer | 1:38:28.851 h | 4´304 km | 71 | km/h | 28. outubro |
Récord: J.Clark / N.Mansell / A.Prost / L.Hamilton (2 Veces)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "FORMULA 1 GRAN PREMIO DE MÉXICO 2015". Consultado o 10 de outubro de 2015.
- ↑ "México tendrá gran premio ya para 2013". MARCA.com. Consultado o 30-5-2012.
- ↑ "2014 Calendar draft has 21 races including Mexico". f1fanatic.co.uk. Consultado o 5-9-2013.
- ↑ "World Motor Sport Council 2014 - Doha". FIA. 3 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2015. Consultado o 22 de decembro de 2014.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Autódromo Hermanos Rodríguez ![]() |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial
- Autódromo Hermanos Rodríguez Page - GrandPrix.com
|