Pneumáticos de Fórmula 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Os Pneumáticos de Fórmula Un xogan un papel importante no rendemento dun coche de Fórmula 1. Os pneumáticos experimentaron cambios significativos ao longo da historia da Fórmula Un, con diferentes fabricantes e utilizando diversas especificacións.

Historia[editar | editar a fonte]

Os pneumáticos de Fórmula 1 só teñen un parecido superficial cun pneumático normal de estrada. Mentres que estes últimos teñen unha vida útil de ata 80.000 km, os pneumáticos usados na Fórmula Un están construídos para durar menos da distancia dunha carreira. Pero, hai que sinalar que os pneumáticos de estrada non están suxeitos a un estilo de condución que busca o máximo absoluto na adhesión dos pneumáticos. Polo tanto, estas comparacións non son realmente válidas e deben ser postas en contexto. O obxectivo de cada pneumático determina o composto de caucho que é utilizado. En 2005, prohibiuse o cambio de pneumáticos na Fórmula Un, polo tanto, os compostos eran máis duros xa que os pneumáticos tiñan que durar a distancia de carreira (uns 300 km). Os cambios de pneumáticos volveron en 2006, tralo dramático e sumamente politizado Gran Premio dos Estados Unidos de 2005.

Reintroducidos na tempada 2009, conxunto de pneumáticos slick para F1

En 1998 presentáronse os pneumáticos rañurados con 3 sucos nos pneumáticos dianteiros e 4 sucos nos pneumáticos traseiros.[1] Entre 1999 e 2008, as regulacións mantiveron un mínimo de 4 sucos, coa intención de frear os coches (un pneumático liso, sen fendas, é mellor en condicións secas). Non podían ter máis de 355 mm de ancho diante e 380 mm na parte traseira, e o diámetro máximo é de 660 mm (670 mm para os pneumáticos de choiva).[2] Os pneumáticos lisos foron reintroducidos no comezo da tempada de 2009, xunto cos cambios na aerodinámica destinados a cambiar o equilibrio cara ao agarre mecánico nun intento de aumentar os adiantamentos.

Na tempada de 2007 Bridgestone converteuse no único fornecedor de pneumáticos da Fórmula Un logo da retirada de Michelin, e presentou catro compostos de pneumáticos, dos cales elíxense dous para cada carreira. Os pneumáticos máis duros son máis duradeiros, pero teñen menos agarre e os pneumáticos máis brandos dan máis agarre, pero son menos duradeiros. Ambos compostos teñen que ser utilizados por cada vehículo durante a carreira, a menos que se utilicen pneumáticos de choiva ou intermedios durante a mesma, nese caso, esta regra xa non se aplica.

En condicións de choiva extrema, con auga estancada profunda, como no Gran Premio de Europa de 2007, os coches de F1 non poden seguir o ritmo do coche de seguridade, debido ao risco de aquaplaning. Nas carreiras con choiva, como o Gran Premio do Canadá de 2011, os pneumáticos son incapaces de proporcionar seguridade suficiente, polo que a carreira pode ser suspendida. A carreira pode deterse de forma definitiva, ou suspenderse por un tempo ata que os coches poidan correr de novo con seguridade.

O 2 de novembro de 2009, Bridgestone anunciou a súa retirada da Fórmula Un ao final da tempada 2010.[3][4] Michelin, Cooper Avon e Pirelli mostraron interese en asumir o papel de fornecedor de pneumáticos. En xuño de 2010, anunciouse que Pirelli sería o único fornecedor da tempada 2011 e asinaría un contrato de 3 anos.[5] Durante agosto de 2010, Pirelli iniciou o seu programa de probas co Toyota TF109 no Circuíto de Mugello con Nick Heidfeld como o piloto de probas.[6]

Con Pirelli como único fornecedor de pneumáticos, as regras en relación cos pneumáticos eran as mesmas que na tempada 2010. Todos os equipos tiñan que utilizar todos os tipos de composto de pneumático seco fornecidos para a carreira, e os pilotos que facían a Q3 tiñan que usar os mesmos pneumáticos que utilizaban para establecer o tempo máis rápido de clasificación para empezar a carreira. Pero, a forma de marcar as diferentes especificacións dos pneumáticos foi cambiada. En lugar da franxa verde que marcaba o composto máis brando, as letras de cada especificación dos pneumáticos, terían unha cor específica. O composto duro terían letras prateadas, o composto medio tería letras brancas, os pneumáticos brandos terían letras amarelas e os pneumáticos súper brandos terían letras vermellas. Nos pneumáticos de mollado, os pneumáticos intermedios terían as letras azul claro e os pneumáticos de mollado terían as letras laranxas.[7]

No Gran Premio de Malaisia de 2011, Pirelli introduciu unha liña de cor ao redor do exterior da lamia no máis brando dos dous compostos secos. Isto debeuse á confusión producida durante a primeira carreira da tempada. Esta medida dise que foi para encher o espazo libre, unha solución permanente que empezaría na primeira carreira europea da tempada. A liña de cor xa apareceu no Gran Premio de China.[8] Desde o Gran Premio de Turquía, esta solución permanente púxose en práctica; o composto opcional tería unha nova marca.[9] O pneumático opcional tiña dúas raias grosas entre os logos Pirelli P Zero e cada un dos pneumáticos, o que fai máis fácil ver a cor da marca cando o pneumático vira. O pneumático duro mantivo as mesmas marcas de antes, aínda que avanzada a tempada actualizou a parede lateral coas novas marcas.

Segundo a normativa, os dous compostos, o composto principal (máis duro) e o opcional (máis suave) deben ser utilizados nas carreira en seco, senón serán descualificados da carreira. Se unha carreira é suspendida e aínda non se utilizaron os dous pneumáticos, impoñerase unha penalización de 30 segundos. Este requisito non se aplicará se foi necesario utilizar pneumáticos de choiva.[10]

Para tempada 2016 Pirelli utilizará o seu novo e quinto composto chamado "ultrasoft" (ultra brando en galego), que só poderá ser utilizado en circuítos urbanos, e os equipos poderán elixir os seus dous compostos para cada carreira, entre tres alternativas que se designarán para cada Gran Premio. Por outra banda, un conxunto do composto máis brando terá que ser gardado para o seu uso só na Q3. Os dous conxuntos obrigatorios elixidos por Pirelli poden ser de dous compostos diferentes, dos tres que sexan designados para o fin de semana. Estes conxuntos, obviamente, serán idénticos para cada equipo. Os 10 xogos restantes poden ser elixidos por cada equipo, a partir dos tres compostos designados para o fin de semana.

Os equipos farán as súas eleccións nun prazo fixado por Pirelli. Comunicarán as súas decisións á FIA, que á súa vez diralle Pirelli cantos pneumáticos subministrará. As opcións para cada vehículo manterase en segredo ata 2 semanas antes da carreira. Se un equipo non cumpre coa data límite, a elección farase pola FIA.

Unha vez tomadas as decisións para cada vehículo, a FIA asignara os pneumáticos ao azar a través dun código de barras, como actualmente. As decisións tomadas por cada equipo poden variar para cada un dos seus coches, polo que cada piloto dentro do mesmo equipo pode ter unha asignación diferente. Os pneumáticos distínguense por diferentes marcas de cor nas paredes laterais, como actualmente.

Durante a carreira[editar | editar a fonte]

Os equipos terán que devolver os pneumáticos de acordo a un horario determinado, pero poden decidir que pneumáticos devolvera nos seguintes horarios:

  • Un xogo logo dos primeiros 40 minutos de FP1
  • Un xogo ao final da FP1
  • Dous xogos ao final da FP2
  • Dous xogos ao final de FP3

Os dous conxuntos obrigatorios designados por Pirelli non poden ser devoltos durante a práctica e deben estar dispoñibles para o seu uso na carreira. Polo menos un destes dous grupos debe ser utilizado durante a carreira, pero os equipos poden decidir cal.

Escándalo Gran Premio dos Estados Unidos de 2005[editar | editar a fonte]

O venres 17 de xuño de 2005, durante a sesión de adestramentos da tarde, Ralf Schumacher, que pilotaba un Toyota, estrelouse con forza na curva 13 do Circuíto de Indianápolis, ao parecer a consecuencia dun fallo na roda traseira esquerda. A curva 13 do circuíto de Indianápolis é unha de alta velocidade peraltada, única desta característica nas carreiras de Fórmula Un, que causa unha maior carga lateral (horizontal).[11] Esta presión pode facer que as paredes laterais do pneumático se arqueen e se desgasten en lugares anormais.[12]

O Gran Premio dos Estados Unidos de 2005, estivo pragado de problemas cos pneumáticos. Isto fixo que a carreira correrase con só seis participantes

Ao día seguinte, Michelin informou que os pneumáticos que facilitara aos seus sete equipos clientes, BAR, McLaren, Red Bull, Renault, Toyota, Sauber e Williams, eran perigosas para o uso a alta velocidade nesta curva, e anunciou a súa intención de traer outro xogo de pneumáticos da súa sede en Clermont-Ferrand.[13] Pero, os pneumáticos substitutos, que eran do tipo utilizado no Gran Premio de España a principios dese ano, resultaron ter o mesmo problema cando se probaron.[14]

Nunha carta ao director de carreira da FIA Charlie Whiting, os representantes de Michelin Pierre Dupasquier e Nick Shorrock revelaron que non sabían a causa de falla das rodas de Schumacher, e a menos que os coches pasaran máis lentos pola curva 13, os pneumáticos de Michelin serían perigosos e non aptos para o seu uso durante a carreira.[15] Whiting respondeu expresando a súa sorpresa de que Michelin non trouxera un segundo xogo de pneumáticos, e suxire que os equipos foran informados da velocidade máxima de seguridade na curva 13, ofrecéndose a controlar as volta e penalizar calquera exceso de velocidade nos coches de Michelin. Tamén desestimou varias solucións que foran propostas polos equipos, insistindo en que o uso dos pneumáticos traídos durante a noite darían lugar a sancións, negándose a transformar a curva do óvalo nunha chicana delimitada con conos, xa que se o deseño da pista fora cambiado a carreira no sería validada pola FIA (sería unha carreira fóra de campionato). Argumentando ademais que tal cambio sería inxusto para os equipos calzados con Bridgestone, os cales viñeran preparados con pneumáticos apropiados. Os equipos con pneumáticos Michelin, incapaces de alcanzar un acordo coa FIA, decidiron non participar. A carreira tivo lugar a continuación, participando só os tres equipos Bridgestone ( Ferrari, Jordan e Minardi). A carreira foi gañada por Michael Schumacher.

Pneumáticos lisos[editar | editar a fonte]

Os pneumáticos lisos caracterízanse por unha banda de rodadura desprovista de bloques ou sucos. Ofrécense en este compostos: hiper brando, ultra brando, super brando, brando, medio, duro e super duro. Os diferentes compostos aseguran que os pneumáticos adecúense a unha ampla variedade de circuítos, segundo o tipo de asfalto, o número e a dificultade das curvas, e a velocidade máxima nas rectas. Isto permite aos equipos poder despregar unha ampla gama de estratexias. Para cada circuíto, Pirelli, de acordo coa FIA, elixe tres compostos de seco, dos que os equipos elixen os dous que mellor se adapten ás características de cada pista e á temperatura esperada, o hiper e ultra brando só se poden usar en circuítos urbanos.

Rosa hiper brando[editar | editar a fonte]

F1 tire Pirelli PZero Pink.svg

O novo composto máis brando da gama, que lograra o obxectivo de ter dúas paradas na maioría das carreiras. Incluso en Mónaco

Violeta ultra brando[editar | editar a fonte]

F1 tire Pirelli PZero Purple.svg

O seguinte composto máis brando da gama, que só poderá ser utilizado en circuítos urbanos.

Vermello superbrando[editar | editar a fonte]

F1 tire Pirelli PZero Red.svg

O composto é ideal para circuítos lentos e revirados, especialmente en climas fríos, cando se necesita o máximo agarre. O superbrando benefíciase dun tempo extremadamente rápido de quecemento, que o fai ideal en cualificación, aínda que, doutra banda, increméntase á degradación. Trátase dun composto de baixo rango de traballo. Unha das evolucións clave este ano foi a optimización da presión e a distribución da temperatura na pegada de pisada. Dese modo mellorouse a uniformidade da pegada en contacto co asfalto, mellorando o agarre e a condución.

Amarelo brando[editar | editar a fonte]

F1 tire Pirelli PZero Yellow.svg

Trátase dun dos pneumáticos máis usados da gama, grazas ao seu bo equilibrio entre rendemento e durabilidade, aínda que primando o rendemento. É un composto orientado cara á velocidade, máis que cara á durabilidade pero, con todo, é capaz de proporcionar aos equipos unha vantaxe competitiva tanto no inicio de carreira, co depósito de combustible cheo, como nos sprint finais. Este é un composto de alto rango de traballo.

Branco medio[editar | editar a fonte]

F1 tire Pirelli PZero White.svg

En teoría, este é o pneumático máis perfectamente equilibrado da gama, grazas ao seu equilibrio ideal entre rendemento e durabilidade. Como resultado, é extremadamente versátil, e a miúdo pode usarse en circuítos que tenden a altas velocidades, altas temperaturas e altas cargas de enerxía. Trátase dun composto de baixo rango de traballo.

Celeste xeo duro[editar | editar a fonte]

F1 tire Pirelli PZero Light blue.svg

Laranxa super duro[editar | editar a fonte]

F1 tire Pirelli PZero Orange.svg

O pneumático máis duro da gama Pirelli foi deseñado para circuítos con altas cargas enerxéticas nos pneumáticos, con curvas rápidas ou superficies abrasivas, e con temperaturas ambientais elevadas. Este composto tende a tardar máis tempo en quentarse, pero ofrece máxima durabilidade, o que significa que con frecuencia xoga un papel clave na estratexia de carreira. Este é un composto de alto rango de traballo.

Pneumáticos de mollado[editar | editar a fonte]

Os pneumáticos de choiva caracterízanse por unha banda de rodadura con canles. Ofrécense dous tipos: de choiva extrema ou intermedio. Os primeiros recoñécense facilmente polas profundas canles da banda, así como as láminas que permiten drenar a auga do asfalto mollado. Os intermedios incorporan canles menos profundas deseñados para rodar en superficies húmidas ou molladas lixeiramente, así como en condicións meteorolóxicas incertas.

Verde intermedio[editar | editar a fonte]

F1 tire Pirelli Cinturato Green.svg

O intermedio é o máis versátil dos pneumáticos de choiva, dispersando aproximadamente 25 litros de auga por segundo a máxima velocidade. Pódense utilizar en mollado, ou ben coa pista en proceso de secado. Este é o único pneumático que non cambiou en comparación co ano pasado.

Azul de choiva[editar | editar a fonte]

F1 tire Pirelli Cinturato Blue.svg

Os pneumáticos de mollado dispersan ata 65 litros de auga por segundo a máxima velocidade (con respecto aos 60 litros do ano pasado), polo que son a solución máis eficaz para a choiva intensa. A última evolución do Cinturato azul ofrece unha elevada eficacia en pista seca, cun aumento da durabilidade. O pneumático de choiva conta cun novo composto e un debuxo da banda traseira redeseñado para reducir aínda máis o aquaplaning. O resultado deste intenso traballo é que mellora a facilidade de condución nunha ampla variedade de condicións.

Compostos de Pneumáticos fornecidos por Pirelli para a Tempada de 2018 da Fórmula 1
Nome do composto Cor Banda de rodamento Condicións de condución Tipo de composto Adherencia Durabilidade
Hiper brando Rosa F1 tire Pirelli PZero Pink.svg Lisos
(P Zero™)
Seco Hiperbrando Elevada Mínima
Ultra brando Morado F1 tire Pirelli PZero Purple.svg Lisos
(P Zero™)
Seco Ultrabrando Notable Breve
Super brando Vermello F1 tire Pirelli PZero Red.svg Lisos
(P Zero™)
Seco Superbrando Alta Baixa
Brando Amarelo F1 tire Pirelli PZero Yellow.svg Lisos
(P Zero™)
Seco Brando Discreta Modesta
Medio Branco F1 tire Pirelli PZero White.svg Lisos
(P Zero™)
Seco Medio Media Media
Duro Celeste F1 tire Pirelli PZero Light blue.svg Lisos
(P Zero™)
Seco Duro Baixa Longa
Super Duro Laranxa F1 tire Pirelli PZero Orange.svg lisos
(P Zero™)
Seco Superduro Mínima Alta
Intermedio Verde F1 tire Pirelli Cinturato Green.svg Sulcos
(Cinturato™)
Mollado Intermedio
(Auga non estancanda)
Choiva Azul F1 tire Pirelli Cinturato Blue.svg Sucos
(Cinturato™)
Mollado Wet
(Auga estancada)

* * Pirelli designa 3 tipos de pneumáticos secos para cada Gran Premio segundo o circuíto. Hai un optativo para a carreira (o máis brando) e dous obrigatorios, un duro e outro brando.

Fabricantes[editar | editar a fonte]

Desde a tempada 2011 en diante, o fabricante italiano Pirelli é o único fornecedor de pneumáticos.

Fornecedores anteriores:

Fornecedores[editar | editar a fonte]

Ordenados por número de carreiras gañadas. O fornecedor que está competindo na tempada 2018 móstrase en negra. Estes resultados son correctos ata o final do Gran Premio de Abu Zabi de 2017.

Pos Fornecedor Tempadas [16] Saídas Gañados Fornecedor
exclusivo
Primeira vitoria Última vitoria Campionatos mundiais
Pilotos Constr.
1 Flag of the United States.svg Goodyear 19591998 494 368 113[17] Gran Premio de México de 1965 Gran Premio de Italia de 1998 24 26
2 Italia Pirelli 19501958
19811986
19891991
2011 – Presente
336 181 137[18] Gran Premio do Reino Unido de 1950 Gran Premio de Abu Zabi de 2017 13 7
3 Flag of Japan.svg Bridgestone 19761977
19972010[19]
244 175 116[20] Gran Premio de Australia de 1998 Gran Premio de Abu Dabi de 2010 11 11
4 Francia Michelin 19771984
20012006
215 102 0 Gran Premio de Brasil de 1978 Gran Premio do Xapón de 2006 6 4
5 Flag of the United Kingdom.svg Dunlop 19501970
19761977
175 83 0 Gran Premio de Mónaco de 1958 Gran Premio de Bélxica de 1970 8 9
6 Flag of the United States.svg Firestone 19501975 121 49 11[21] 500 Millas de Indianápolis de 1950 Gran Premio de Italia de 1972 4 3
7 Alemaña Continental 19541958 13 10 0 Gran Premio de Francia de 1954 Gran Premio da Arxentina de 1958 2 0
8 Bélxica Englebert 19501958 61 8 0 Gran Premio de Mónaco de 1955 Gran Premio do Reino Unido de 1958 2 0
9 Flag of the United Kingdom.svg Avon 19541958
19811982
29 0 0 N/A N/A 0 0

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.f1technical.net/articles/1
  2. "Formula One 2009 Technical Regulations" (PDF). Fédération Internationale de l'Automobile. 11 de xullo de 2008. Consultado o 2008-11-21. 
  3. Tejada, Carlos (3 de novembro de 2009). "Bridgestone to Drop Formula One Pact". The Wall Street Journal. p. B8. Consultado o 11 de marzo de 2016. 
  4. "Bridgestone to quit F1 after 2010". Autosport. 2 de novembro de 2009. 
  5. formula1.com confirming Pirelli for 2011
  6. "Pirelli commence tyre testing". Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2016. Consultado o 08 de abril de 2014. 
  7. "Six colors for Pirelli F1 Tyres". Biser3a (en inglés). 20 de marzo de 2011. Consultado o 12 de febreiro de 2019. 
  8. Pirelli tweak ahead of Malaysia [1][Ligazón morta] 7 de abril de 2011
  9. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2011. Consultado o 08 de abril de 2014. 
  10. http://www.formula1.com/inside_f1/rules_and_regulations/sporting_regulations/8680/
  11. Michelin: Tyres not flawed, just unsuitable. www.crash.net Arquivado 30 de setembro de 2007 en Wayback Machine.. Retrieved 2 de decembro de 2006
  12. Bridgestone take pop at Michelin over USGP '05. www.crash.net Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine.. Retrieved 2 de decembro de 2006
  13. Michelin looking to fly in new tyres www.-itv-f1.com Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine.. Retrieved 5 de agosto de 2006
  14. Stoddart comments on US Grand Prix www.motorsport.com Arquivado 06 de xuño de 2011 en Wayback Machine.. Retrieved 5 de agosto de 2006
  15. Letters between representatives of Michelin and Charlie Whiting, the FIA Formula One Race Director www.newsonf1.net. Retrieved 5 de agosto de 2006
  16. In depth tyre manufacturers history in F1 www.statsf1.com. Retrieved 17 de agosto de 2007
  17. Goodyear era o único fornecedor de pneumáticos na F1 en 19871988 e 19921996.
  18. Pirelli é o único fornecedor de pneumáticos na F1 desde o inicio da tempada 2011.
  19. Bridgestone provided tyres in a limited capacity at the 1976 e Gran Premio do Xapón de 1977, then for the full season from 1997 through 2010.
  20. Bridgestone era o único fornecedor de pneumáticos na F1 en 19992000 e 20072010.
  21. Firestone era o único fornecedor de pneumáticos nas 500 Millas de Indianápolis desde 1950 a 1960.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]