Gran Premio de México

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gran Premio de México
Plano do Circuíto
Autódromo Hermanos Rodríguez 2015.svg
Datos
Anos disputados 19 (18 oficiais)
Primeira disputa 1962 (1963 oficial)
Última disputa 2017
Localización Cidade de México, Flag of Mexico.svg México
Patrocinador principal
Lonxitude 305´584 km en 71 voltas
Marca de volta 1:18.785 (2017, Sebastian Vettel, Ferrari)
Piloto récord Jim Clark (3)
Escudería récord Lotus (4)
Poles récord Jim Clark (4)
Vista do Circuíto
Vista

O Gran Premio de México foi unha carreira de Fórmula Un, celebrada no Autódromo Hermanos Rodríguez da Cidade de México. Apareceu por primeira vez como unha carreira fóra de campionato en 1962, antes de celebrarse como unha carreira de campionato de 1963 ata 1970 e de 1986 a 1992.


Primeiras carreiras[editar | editar a fonte]

O Gran Premio de México celebrouse por primeira vez o 4 de novembro de 1962 no circuíto Magdalena Mixhuca. O circuíto foi a primeira pista de carreiras internacional de México e estaba construído dentro dun parque na capital Cidade de México. A carreira sempre proporcionou desafíos raros nas carreiras debido a súa gran altitude e a unha curva peraltada moi rápida e en lixeira pendente na que terminaba a primeira volta, ademais era unha pista chea de fochancas.

A primeira carreira, fóra de campionato, atraeu a unha importante participación internacional, foi gañada polo Team Lotus de Jim Clark, que tivo que coller o coche do seu compañeiro de equipo Trevor Taylor para conseguir a vitoria despois de que Clark vise a bandeira negra logo de recibir un empuxón para arrancar, nunha confusa saída da carreira. A carreira viuse empañada pola morte da nova estrela mexicana Ricardo Rodríguez, quen na súa adolescencia xa era piloto oficial de Ferrari. Rodríguez morreu a causa das feridas recibidas tras estrelarse co seu Lotus 24 do equipo Rob Walker na peraltada. O Campionato Mundial de Fórmula Un chegou ao ano seguinte con Clark gañando outra vez. A carreira continuou ata 1970 cando foi eliminada do calendario.

Retorno en 1980[editar | editar a fonte]

A IndyCars estadounidense chegou cunha breve visita de dous anos en 1980 e 1981. A pista foi nomeada co nome dos dous irmans pilotos méxicanos falecidos nas pistas, Autódromo Hermanos Rodríguez. Cinco anos máis tarde a Fórmula 1 regresou á Cidade de México en 1986, onde gañou a súa primeira carreira Gerhard Berger no seu Benetton B186. A carreira gozou de novo dunha breve presenza no calendario, a última carreira celebrouse en 1992 onde a parella de Williams, Nigel Mansell e Riccardo Patrese dominaron a carreira. Nese intre co circuíto moi deteriorado, o declive da propia cidade de México cun hacinamiento cada vez maior e os problemas de contaminación, viuse o final da Fórmula 1 en México.

Ausencia do calendario (1993-2014)[editar | editar a fonte]

En 2002 produciuse o renacemento do Gran Premio de México para Champ Cars nunha versión moi modificada do circuíto Autódromo Hermanos Rodríguez, que incluíu o corte da peraltada pola metade. Disputouse seis anos que viron a Sébastien Bourdais gañar a metade das seis carreiras.

Xurdiron rumores por primeira vez en 2003[1] que dician que o Gran Premio de México volvería ao calendario da Fórmula Un no 2003. Nun novo circuíto de 70 $ millóns, chamado "Mantarraya", que se construirá preto de Cancún. En 2005, o gobernador do estado de Quintana Roo dixo con valentía que México tería un Gran Premio no calendario para 2006.[2] México anunciou a carreira en outubro de 2006 pero o plan fracasou.

Despois do Gran Premio dos Estados Unidos de 2006, Bernie Ecclestone anunciou que o Gran Premio de México volvería para a tempada 2009 da Fórmula 1, pero o plan tampoco chegou a bo fin.

Volta ao campionato (2015-presente)[editar | editar a fonte]

En agosto de 2011, Carlos Slim Domit (Carlos Slim Domit) revelou plans para retomar a carreira.[3] En agosto de 2013, suxeríuse por "fontes de alto nivel "Que o Gran Premio de México podería estar no calendario provisional do Campionato Mundial de 2014.[4]

O calendario preliminar para a tempada de 2014, A principios de setembro de 2013, asignaron o 9 de novembro de 2014 como data para o Gran Premio de México, pero non especificaba un circuíto e sinalaba que o evento estaba "suxeito a confirmación".[5] Con todo, o 5 de decembro de 2013, a FIA publicou o calendario oficial da tempada 2014, e o Gran Premio de México non estaba no calendario. Entón a FIA anunciou que o Gran Premio de México pospoñíase a 2015 debido á falta de tempo de preparación suficiente para mellorar o deteriorado circuíto Hermanos Rodríguez aos estándares de traballo da Fórmula 1.[6] En xullo de 2014, Ecclestone confirmou que asinara un contrato por 5 anos para que a pista Hermanos Rodríguez fora o anfitrión do Gran Premio de México, a partir de 2015.[7] O 3 de decembro de 2014, a FIA publicou un calendario confirmado para 2015[8] fixando o Gran Premio de México de 2015 o 1 de novembro de 2015. O alemán Nico Rosberg gañou esta carreira no seu Mercedes. Mercedes repetíu vitoria no 2016.

Gañadores do Gran Premio de México[editar | editar a fonte]

Gañadores múltiples (pilotos)[editar | editar a fonte]

Os pilotos en letra grosa están competindo no campionato de Fórmula Un na actual tempada.
Un fondo de cor rosa indica que unha carreira que non forma parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un.

Gañados Piloto Anos
3 Flag of the United Kingdom.svg Jim Clark 1962*, 1963, 1967
Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton 2016, 2017, 2019
2 Francia Alain Prost 1988, 1990
Flag of the United Kingdom.svg Nigel Mansell 1987, 1992

*Vitoria compartida con Trevor Taylor

Gañadores múltiples (construtores)[editar | editar a fonte]

Equipos en letra grosa están competindo no campionato de Fórmula Un na actual tempada.
O fondo de cor rosa indica que unha carreira non forma parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un.

Gañados Construtor Anos
4 Flag of the United Kingdom.svg Lotus 1962, 1963, 1967, 1968
Italia Mercedes 2015, 2016, 2017, 2019
3 Flag of the United Kingdom.svg McLaren 1969, 1988, 1989
Flag of the United Kingdom.svg Williams 1987, 1991, 1992
2 Italia Ferrari 1970, 1990

Por ano[editar | editar a fonte]

O circuíto "Autódromo Hermanos Rodríguez" renmozado por Hermann Tilke (2015 en adiante).
O circuíto "Autódromo Hermanos Rodríguez" usado en 1986–1992.
Ocircuíto orixinal utilizado en 1962–1970.

Nota: O fondo rosa indica carreira non de campionato.

Ano Piloto Construtor Circuíto Resultados
2019 Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Mercedes Hermanos Rodríguez Resultados
2018 Flag of the Netherlands.svg Max Verstappen Red BullTAG Heuer Resultados
2017 Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Mercedes Resultados
2016 Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Mercedes Resultados
2015 Alemaña Nico Rosberg Mercedes Resultados
2014

1993
Non celebrado
1992 Flag of the United Kingdom.svg Nigel Mansell Williams-Renault Hermanos Rodríguez Resultados
1991 Italia Riccardo Patrese Williams-Renault Resultados
1990 Francia Alain Prost Ferrari Resultados
1989 Flag of Brazil.svg Ayrton Senna McLaren-Honda Resultados
1988 Francia Alain Prost McLaren-Honda Resultados
1987 Flag of the United Kingdom.svg Nigel Mansell Williams-Honda Resultados
1986 Austria Gerhard Berger Benetton-BMW Resultados
1985

1971
Non celebrado
1970 Bélxica Jacky Ickx Ferrari Magdalena Mixhuca Resultados
1969 Flag of New Zealand.svg Denny Hulme McLaren-Ford Resultados
1968 Flag of the United Kingdom.svg Graham Hill Lotus-Ford Resultados
1967 Flag of the United Kingdom.svg Jim Clark Lotus-Ford Resultados
1966 Flag of the United Kingdom.svg John Surtees Cooper-Maserati Resultados
1965 Flag of the United States.svg Richie Ginther Honda Resultados
1964 Flag of the United States.svg Dan Gurney Brabham-Climax Resultados
1963 Flag of the United Kingdom.svg Jim Clark Lotus-Climax Resultados
1962 Flag of the United Kingdom.svg Trevor Taylor
Flag of the United Kingdom.svg Jim Clark
Lotus-Climax Magdalena Mixhuca Resultados

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 01 de novembro de 2016. 
  2. F1 News > Mexico announces race in October 2006[Ligazón morta]
  3. "Mexico eyeing Formula 1 grand prix after 20-year hiatus - F1 news". Autosport.com. 9 de agosto de 2011. Consultado o 7 de novembro de 2012. 
  4. Noble, Jonathan (25 de agosto de 2013). "Mexican Grand Prix set for 2014 Formula 1 calendar slot". Autosport.com. Consultado o 25 de agosto de 2013. 
  5. Benson, Andrew (5 de setembro de 2013). "Formula 1: New Jersey race dropped from draft 2014 calendar". BBC Sport. Consultado o 10 de setembro de 2013. 
  6. http://www.f1fanatic.co.uk/2013/12/05/fia-gives-mexico-and-new-jersey-more-preparation-time/
  7. http://www.f1fanatic.co.uk/2014/07/22/five-year-mexican-grand-prix-deal-signed-report/
  8. http://www.fia.com/node/9172