Consello Mundial de Automobilismo da FIA
O Consello Mundial de Automobilismo ou (FIA World Motor Sport Council) é o órgano máis poderoso da Federación Internacional do Automóbil (FIA). Decíde sobre as normas e regulamentos para todas as carreiras diferentes da FIA, desde o karting á Fórmula Un. Os seus membros son elixidos pola Asemblea Xeral da FIA, que conta con representantes dos clubs de automóbiles nacionais (ASN) de todo o mundo, é un dos dous Consellos Mundiais da FIA. O outro ocupase de cuestións tales como o turismo.
O Consello Mundial de Automobilismo reúnese tres ou catro veces ao ano para ter en conta as propostas das Comisións especializadas FIA. Conta actualmente con 26 membros, incluíndo o presidente da FIA Jean Todt e o propietario dos dereitos comerciais da Fórmula Un Bernie Ecclestone.
Lista dos membros (mandato 2009-2013)
[editar | editar a fonte]Referenciass
[editar | editar a fonte]- "FIA Elects World Council Members". fia.com. Fédération Internationale de l'Automobile. 2009-10-23. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2011. Consultado o 2009-10-23.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina da FIA (en inglés).